Xogos Olímpicos de 1896

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogos da I Olimpíada
Athens 1896 report cover.jpg
Atenas 1896
Estados Participantes 14
Atletas 241
Eventos 43 en 9 deportes
Cerimonia de apertura 6 de abril
Cerimonia de clausura 15 de abril
Apertura oficial Rei Xurxo I de Grecia
Local Estadio Panathinaikos

Os I Xogos Olímpicos da era moderna foron realizados en Atenas (Grecia), berce dos xogos da antigüidade, entre os días 6 e 15 de abril de 1896, coa participación de 241 atletas, todos homes, representando catorce países, grazas ao empeño visionario do francés Pierre de Frédy, o Barón de Coubertin, idealizador do renacemento dos xogos existentes na Grecia antiga, mentor do movemento olímpico e fundador do Comité Olímpico Internacional.

Sen ningunha experiencia na organización de semellante evento, os organizadores dos primeiros xogos case arruínan a propia competición, por mor da diversidade de datas, pois os gregos utilizaban entón o antigo calendario xuliano paralelo ó convencional usado pola civilización occidental, facendo que existise unha diferencia de doce días entre ambos, o que atrapallou a inauguración dos Xogos e a chegada dos atletas dos diversos puntos do planeta.

A cerimonia de inauguración acabou acontecendo nun domingo de Pascua, co discurso de apertura proferido diante de cen mil espectadores polo propio Xurxo I, de Grecia, após a inauguración dunha estatua –que existe aínda hoxe– na entrada do estadio Panathinaikos, principal palco das competicións e unha marabilla arquitectónica toda de mármore, en homenaxe ó rico financieiro ateniense Georgius Averoff, responsable da restauración e modernización do estadio e financiador da organización do evento, o que impediu a súa cancelación antes mesmo de iniciado, debido ás penosas condicións do erario real grego.

Países participantes

Os países representados polos seus atletas en Atenas e que se converteron nos pioneiros na participación dos Xogos Olímpicos foron: Alemaña (dezanove atletas), Australia (1), Austria (3), Chile (1), Dinamarca (3), Exipto (1), Estados Unidos(14), Francia (13), Hungría (7), Italia (1), Reino Unido (10), Suecia (1), Suíza (3) e a anfitrioa Grecia con 168 atletas. (*)

As nove modalidades deportivas disputadas foron: atletismo, ciclismo, esgrima, ximnasia, halterofilia, loita, natación, tenis e tiro.

Obs.: Dous dos atletas que son actualmente contados como gregos, representaban a entón á cidade autónoma de Esmirna. Alén diso, non se sabe a identidade de 68 dos atletas gregos, debido ó feito de seren moitos cidadáns que participaron en eventos sen haber un cadastro adecuado. Alén destes estados, Bélxica e Rusia tamén estiveron representadas nas cerimonias dos Xogos de 1896 mais os seus atletas nunca chegaron a competir.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Apertura dos I Xogos Olímpicos no Estadio Panathinaikos, Atenas, Grecia, 1896.

Foi executado por primeira vez o himno composto por Spyros Samaras, con letra do poeta grego Kostis Palamas, que se tornaría oficial dos Xogos Olímpicos en 1958.

A primeira medalla olímpica dos Xogos da Era Moderna gañouna James Connolly (EUA) na competición de triplo salto.

Nesta edición, os vencedores de cada un dos eventos recibiron un diploma, unha medalla de prata e unha coroa de ramos de oliveira. Os segundos clasificados foron recompensados cun diploma, unha medalla de bronce e unha coroa de loureiro. As medallas foron deseñadas polo escultor francés Jules Chaplain e os diplomas polo pintor grego Nikolaos Gyzis. Todos os atletas participantes recibiron adicionalmente unha medalla conmemorativa deseñada polo artista grego Nikephoros Lytra.

Non se realizaron cerimonias separadas para a atribución de medallas, sendo estas entregadas ós atletas polo rei Xurxo I de Grecia durante a cerimonia de clausura.

Nos Xogos de 1896 non había aínda o concepto actual de equipos nacionais, polo que en varias disciplinas competiron equipos compostos por atletas de diferentes países, onde se destaca a vitoria na competición de tenis (pares) pola dupla John Boland (GBR)/Friedrich Traun (XER).

En 1896 Grecia empregaba aínda o calendario xuliano, polo que, na data local, a apertura dos Xogos realizouse o 25 de marzo e a clausura o 3 de abril.

Spiridon Louis, o primeiro campión olímpico do maratón.

O ex-pastor de ovellas e carteiro grego Spiridon Louis é o máis famoso personaxe histórico destes Xogos, converténdose nun heroe nacional do pobo helénico ó vencer o primeiro maratón disputado na historia, proba extenuante de corenta quilómetros de distancia, incluída nos Xogos por un de seus realizadores, Michel Breát, a fin de homenaxear a lendaria carreira do soldado ateniense Pheidippides, que no 490 a.C. tería corrido dende as chairas de Maratón até Atenas para anunciar ó pobo grego a vitoria na batalla contra os persas.

Edwin Flack, o único representante de Australia na competición, conseguiu realizar un feito curioso, pois alén de vencer os 800 metros e os 1500 metros lisos en Atletismo, aínda conquistou un terceiro lugar en tenis en duplas.

Non había piscina para a disputa da natación nestes primeiros Xogos, e as probas da modalidade disputáronse en mar aberto, nas augas salgadas e xeadas da baía de Zea, xunto ó porto do Pireo.

Modalidades disputadas[editar | editar a fonte]

Disputa dos 100m lisos de atletismo en Atenas

Cadro de medallas[editar | editar a fonte]

A medalla de prata distribuída ós vencedores en Atenas

Abaixo, o Cadro de medallas oficial dos Xogos Olímpicos de 1896, por estados, de acordo co COI (Comité Olímpico Internacional). Nótese que o uso de medallas de ouro, prata e bronce polo COI, existe só para facilitar a tabulación de medallas e igualalas ás dos Xogos Olímpicos posteriores, pois na época, as medallas de ouro aínda non eran dadas ós vencedores e os terceiros nin medalla recibían.

Cadro de Medallas Olympic rings with white rims.svg
Posición País   Ouro     Prata     Bronce   Total
1 United States Estados Unidos 11 7 2 20
2 Greece Grecia 10 17 19 46
3 Germany Alemaña 6 5 2 13
4 France Francia 5 4 2 11
5 Great Britain Reino Unido 2 3 2 7
6 Hungary Hungría 2 1 3 6
7 Austria Austria 2 1 2 5
8 Australia Australia 2 0 0 2
9 Denmark Dinamarca 1 2 3 6
10 Switzerland Suíza 1 2 0 3

Obs: equipos mixtos formados por atletas de varios países xuntos, o que estaba permitido na época, gañaron unha medalla de ouro, unha de prata e unha de bronce no tenis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]