Xogos Olímpicos de 1992
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2019.) |
![]() | |
Sede | Barcelona, ![]() |
---|---|
Lema | Friends For Life (en castelán: Amigos Para Siempre, en catalán: Amics Per Sempre) |
Nacións | 169 |
Atletas | 9 356 (6 652 homes, 2 704 mulleres) |
Eventos | 257 en 25 deportes (34 disciplinas) |
Apertura | 25 de xullo de 1992 |
Clasura | 9 de agosto de 1992 |
Inaugurado por | Xoán Carlos I[1] |
Lapa olímpica | Antonio Rebollo[1] |
Estadio | Estadi Olímpic de Montjuïc |
Os XXV Xogos Olímpicos foron realizados en Barcelona, Cataluña, terra natal do presidente do Comité Olímpico Internacional, Juan Antonio Samaranch, entre o 25 de xullo e o 9 de agosto de 1992 coa participación de todos os países filiados ao COI, 169 estados, por primeira vez dende os Xogos de Múnic en 1972.
Dende os Xogos anteriores, en 1988, o mundo testemuñou importantes mudanzas políticas. O Apartheid foi abolido en Suráfrica, o que permitiu o retorno deste país aos Xogos, despois de 32 anos de ausencia. Coa caída do Muro de Berlín en 1989, Alemaña volveu a participar como un só estado, así como Iemen. A URSS foi dividida en quince países independentes após o colapso do comunismo que participaron baixo unha soa bandeira, a CEI, Comunidade dos Estados Independentes. As repúblicas bálticas de Estonia, Letonia e Lituania, so dominio soviético dende a segunda guerra mundial, participaron baixo a súa propia bandeira como nacións independentes, a primeira vez dende 1936.
O desmembramento de Iugoslavia levou a Croacia, Bosnia e Hercegovina e Eslovenia a participaren cos seus propios equipos nacionais. A Iugoslavia remanescente non foi aceptada nos Xogos, por causa da súa agresión militar aos pobos veciños, mais atletas iugoslavos participaron individualmente, baixo bandeira olímpica.
A cerimonia de apertura dos Xogos, feita polo Rei Xoán Carlos I, contou coa entrada da delegación española levando á cabeza o propio Príncipe de Asturias, herdeiro do trono español, Filipe de Borbón, integrante do equipo español de Vela, 32 anos após a participación de súa nai, a Raíña Sofía, grega de nacemento, no equipo de Vela de Grecia nos Xogos de Roma en 1960. A pira olímpica, nun efecto visual espectacular, foi acesa por unha frecha en fogo disparada polo arqueiro parapléxico Antonio Rebollo.
Cidades candidatas[editar | editar a fonte]
XXV Xogos Olímpicos de 1992 | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
91º Sesión do Comité Olímpico Internacional 17 de outubro de 1986, Lausana (Suíza) | ||||||
Cidade | País | Votación | ||||
Barcelona | ![]() |
España | 29 | 37 | 47 | |
París | ![]() |
Francia | 19 | 20 | 23 | |
Belgrado | ![]() |
Iugoslavia | 13 | 11 | 5 | |
Brisbane | ![]() |
Australia | 11 | 9 | 10 | |
Birmingham | ![]() |
Reino Unido | 8 | 8 | — | |
Ámsterdan | ![]() |
Países Baixos | 5 | — | — |
Modalidades disputadas[editar | editar a fonte]
Desenvolvemento[editar | editar a fonte]
Cerimonia de inauguración[editar | editar a fonte]
A cerimonia inaugural, no Estadio Olímpico de Montjuïc, tivo lugar o día 25 de xullo de 1992 e contou coa presenza dos reis de España, Xoán Carlos I e Sofía. Durante a mesma representouse a escena mitolóxica de Hércules separando os continentes de Europa e África creando o mar Mediterráneo, así como o nacemento da cidade de Barcelona. As impoñentes voces da soprano Montserrat Caballé (que gravara unha canción para o evento xunto co entón xa falecido Freddie Mercury), da mezzo Teresa Berganza e das sopranos Victoria de los Ángeles e Ana Vila. Tamén formaron parte do espectáculo a impoñente Sarah Brightman, Amigos para siempre, o tenor José Carreras ademais dos tenores Plácido Domingo, Jaume Aragall, Alfredo Kraus e o barítono Joan Pons. Cun repique de tambores un porteiro, o atleta Antonio Rebollo, lanzou desde o campo do estadio unha frecha en cuxa punta relucía o lume olímpico que, ao alcanzar a súa meta, acendeu o pebetero Olímpico. Calcúlase que uns 2.000 millóns de persoas en todo o mundo seguiron por televisión a cerimonia de apertura dos Xogos.
Máis tarde, o alcalde de Barcelona Pasqual Maragall pronunciou no seu discurso varias frases a favor da paz na antiga Iugoslavia. O alcalde iniciou o seu discurso nomeando a Olimpíada Popular de 1936, que se abortou a consecuencia da Guerra Civil. Todo o discurso foi narrado en catro linguas oficiais dos Xogos Olímpicos. Na cerimonia podíanse ler a tradución escenográfica da mellor pintura española e particularmente catalá. Por exemplo varias imaxes de arquitectura de Gaudí e cadros de Dalí, de Miró e de Goya. Para finalizar esta breve información sobre a inauguración, pódese dicir que a cerimonia de apertura foi un magnífico acto, moi elegante, o cal estaba cheo de cores puras e aromas populares.
Calendario[editar | editar a fonte]
Programa dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | xullo | agosto | |||||||||||||||||||
Día | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Días | Finais | |||
Cerimonias | A | C | |||||||||||||||||||
![]() |
Atletismo | 2 | 4 | 4 | 6 | 5 | 6 | 6 | 9 | 1 | 9 | 43 | |||||||||
![]() |
Bádminton | 4 | 8 | 4 | |||||||||||||||||
![]() |
Baloncesto | 1 | 1 | 13 | 2 | ||||||||||||||||
![]() |
Balonmán | 2 | 11 | 2 | |||||||||||||||||
![]() |
Béisbol | 1 | 9 | 1 | |||||||||||||||||
![]() |
Boxeo | 6 | 6 | 14 | 12 | ||||||||||||||||
![]() |
Ciclismo | 2 | 1 | 1 | 5 | 1 | 7 | 10 | |||||||||||||
![]() |
Esgrima | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 9 | 8 | ||||||||||
![]() |
Fútbol | 1 | 11 | 1 | |||||||||||||||||
![]() |
Halterofilia | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 10 | 10 | ||||||||
![]() |
Hípica | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 10 | 6 | |||||||||||||
![]() |
Hóckey sobre herba | 1 | 1 | 13 | 2 | ||||||||||||||||
![]() |
Judo | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 7 | 14 | |||||||||||
![]() |
Loita | 3 | 3 | 4 | 3 | 3 | 4 | 10 | 20 | ||||||||||||
![]() |
Natación | 4 | 4 | 5 | 5 | 5 | 6 | 6 | 6 | 31 | |||||||||||
![]() |
Natación sincronizada | 1 | 1 | 5 | 2 | ||||||||||||||||
![]() |
Péntatlon moderno | 2 | 4 | 2 | |||||||||||||||||
![]() |
Piragüismo | 2 | 2 | 6 | 6 | 8 | 16 | ||||||||||||||
![]() |
Remo | 7 | 7 | 7 | 14 | ||||||||||||||||
![]() |
Saltos | 1 | 1 | 1 | 1 | 8 | 4 | ||||||||||||||
![]() |
Tenis | 2 | 2 | 12 | 4 | ||||||||||||||||
![]() |
Tenis de mesa | 1 | 1 | 10 | 4 | ||||||||||||||||
![]() |
Tiro con arco | 2 | 2 | 5 | 4 | ||||||||||||||||
![]() |
Tiro olímpico | 2 | 2 | 2 | 1 | 2 | 1 | 2 | 1 | 8 | 13 | ||||||||||
![]() |
Vela | 2 | 7 | 1 | 9 | 10 | |||||||||||||||
![]() |
Voleibol | 1 | 1 | 13 | 2 | ||||||||||||||||
![]() |
Wáter-polo | 1 | 7 | 1 | |||||||||||||||||
![]() |
Ximnasia | 1 | 1 | 1 | 1 | 4 | 6 | 1 | 11 | 15 | |||||||||||
Finais | 0 | 9 | 12 | 14 | 17 | 19 | 19 | 23 | 27 | 19 | 12 | 12 | 12 | 23 | 23 | 10 | 257 | ||||
Día | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Días | Finais | |||
Mes | xullo | agosto |
Cerimonias | Xornada de competición | Xornada con final | 4 | Número de finais |
Cadro de medallas[editar | editar a fonte]
Cadro de Medallas | ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | ![]() |
![]() |
![]() |
Total |
1 | ![]() |
45 | 38 | 29 | 112 |
2 | ![]() |
37 | 34 | 37 | 108 |
3 | ![]() |
33 | 11 | 28 | 82 |
4 | ![]() |
16 | 22 | 16 | 54 |
5 | ![]() |
14 | 6 | 11 | 31 |
6 | ![]() |
13 | 7 | 2 | 22 |
7 | ![]() |
12 | 5 | 12 | 29 |
8 | ![]() |
11 | 12 | 7 | 30 |
9 | ![]() |
8 | 5 | 16 | 29 |
10 | ![]() |
7 | 9 | 11 | 27 |
Cerimonia de clausura[editar | editar a fonte]
Na cerimonia de clausura, celebrada o 9 de agosto no Estadio Olímpico, o entón presidente do Comité Olímpico Internacional (COI), Juan Antonio Samaranch, declarou que os de Barcelona foran os mellores Xogos Olímpicos da Historia. A afirmación foi corroborada por todos os medios de comunicación internacionais e atletas de todos os países, que tiveron en conta a modélica organización, a ausencia de incidentes, a masiva participación de cidadáns voluntarios, a comodidade e beleza das instalacións e, sobre todo, o grande apoio popular dos cidadáns barceloneses, que recibiron os xogos cun entusiasmo que propiciou que a cidade vivise un grande ambiente festivo durante todo o evento.
Unha vez apagada a chama olímpica, no medio dunha choiva de fogos artificiais, Cobi, a mascota española, desapareceu ceo arriba, navegando polo aire nun barco de papel.
Tras un espectáculo piroartístico, realizouse unha presentación musical na cal participaron Los Amaya, Peret e Los Manolos.
Efecto dos Xogos[editar | editar a fonte]
Os Xogos de Barcelona convertéronse de feito na carta de presentación internacional da España democrática. O país transmitiu unha imaxe de dinamismo e modernidade que foi decisiva á hora de romper vellos estereotipos e de presentar a España como un país europeo avanzado ante a sociedade internacional. As celebracións durante o mesmo ano do quinto centenario do Descubrimento de América, a Exposición Universal de Sevilla e a capitalidade europea da cultura de Madrid completaron o ano do período democrático con maior resonancia internacional de España que, paradoxalmente, vivía sumida nunha grave crise política que se agudizaría a partir de 1993. Cos Xogos Olímpicos aumentou significativamente o turismo, o cal supuxo un aumento de ingresos.
Melloras na cidade de Barcelona[editar | editar a fonte]
Para as olimpíadas da cidade de Barcelona tivéronse que realizar numerosos cambios para que fose elixida. Moitos deses cambios contribuíron á mellora da cidade de Barcelona en todos os aspectos como, por exemplo, as infraestruturas ou as prazas hostaleiras. Eses cambios e melloras foron:
- A mellora e adecuación das infraestruturas do aeroporto de Barcelona, tamén coñecido como aeroporto do Prat. Mellorouse a terminal B e creáronse as terminais A e C.
- A Vila Olímpica situouse nun sector da cidade moi degradado, o que provocou a restauración de devandita zona.
- Modernizáronse partes da cidade para satisfacer as necesidades do Comité Olímpico.
- Creáronse novos hoteis e reformáronse algúns dos que xa existían.
- Construíronse novas e modernas instalacións deportivas, como o Palau Sant Jordi e o Porto Olímpico.
- A cidade de Barcelona abriuse ao mar.
Imaxe e identidade corporativa[editar | editar a fonte]
Os xogos de Barcelona tamén significaron unha renovación no que se referiu ao tratamento da imaxe e a identidade corporativa. Así se puido comprobar na edición de carteis, nas emisións de moedas conmemorativas e selos que realizou a FNMT en Madrid e tamén na Colección de 16 Medallas oficiais conmemorativas dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 que se realizou en Barcelona.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Factsheet - Opening Ceremony of the Games of the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 9 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina do Comité Olímpico EspañolArquivado 26 de setembro de 2006 en Wayback Machine. (en castelán)
- Páxina do especial do Décimo aniversario de Barcelona´92 (en castelán)