Xogos Olímpicos de 1952
Xogos da XV Olimpíada | |
---|---|
![]() | |
Helsinqui 1952 | |
Estados Participantes | 69 |
Atletas | 4955 |
Eventos | 149 en 17 deportes |
Cerimonia de Apertura | 19 de xullo |
Cerimonia de Clausura | 3 de agosto |
Apertura oficial | Juho Paasikivi |
Xuramento do Atleta | Heikki Savolainen |
Entrada do Facho Olímpico | Paavo Nurmi |
Local | Olympiastadion |
Os Xogos Olímpicos de 1952 foron realizados en Helsinqui, en Finlandia, patria dalgúns dos maiores atletas olímpicos de antes da segunda guerra mundial e de todos os tempos; e foron os maiores deles, Hannes Kolehmainen e Paavo Nurmi, os responsables do momento máis emocionante da apertura do evento, cando, xa homes de certa idade, entraron no estadio conducindo a facho olímpico e acendendo o pira olímpica.
Helsinqui conquistou o dereito de sediar os Xogos no congreso do COI de 1947, derrotando como cidade candidata as pretensións de Ámsterdan, Atenas, Lausana, Estocolmo e cinco cidades norteamericanas; antes, ela xa fora escollida para sediar os Xogos de 1940, cancelados por causa da II guerra mundial.
Participaron nestes Xogos un total de 4.955 atletas, sendo 519 deles mulleres, representando 69 estados, un récord até entón.
Curiosidades[editar | editar a fonte]
![]() | As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
- O checo Emil Zatopek conseguiu unha fazaña xamais igualada, ó vencer as probas dos 5.000 m, 10.000 m e o maratón nuns mesmos Xogos, sumando un total de catro medallas de ouro no atletismo coa conquistada en Londres nos Xogos anteriores.
- Helsinqui rexistrou a presenza nos Xogos Olímpicos, por primeira vez, da Unión Soviética, que, por mor da guerra fría, instalouse nunha vila olímpica separada. A primeira medalla de ouro soviética nos Xogos gañouna Nina Romashkova, no lanzamento de disco e o equipo feminino de ximnasia encantou ó mundo conquistando facilmente a súa primeira medalla de ouro por equipos na modalidade, fazaña que repetiría en oito xogos consecutivos.
- O póster oficial dos Xogos trae a imaxe do maior atleta olímpico finlandés de todos os tempos, Paavo Nurmi, correndo, esculpida en bronce.
- A fabulosa selección húngara de fútbol liderada por Ferenc Puskas conquistou o título olímpico e continuaría marabillando o mundo até perder a final do mundial de fútbol contra Alemaña dous anos despois, en Suíza. Hungría, un país con apenas dez millóns de habitantes, conseguiu a extraordinaria fazaña de gañar 45 medallas nestes Xogos, ficando atrás tan só dos Estados Unidos e da URSS.
- Sete anos despois do remate da II guerra mundial, Alemaña pode novamente participar nos Xogos, mais só os alemáns da parte occidental competiron.
- Josy Barthel, do pequeno Luxemburgo, provocou a maior sorpresa dos Xogos ó vencer a proba dos 1500 metros no atletismo e conquistar a que até hoxe é a única medalla de ouro do seu país.
- O saltador brasileiro Adhemar Ferreira da Silva conquista o seu primeiro ouro no triplo salto e o segundo do país, quebrando o récord olímpico e mundial tres veces no proceso. Unha curiosidade histórica sobre Adhemar é que foi el o que, inconscientemente creou o costume de dar a volta olímpica, que nos anos seguintes e até os nosos días pasaría a ser usada comunmente polos campións de todos os deportes para saudar ó público despois das súas vitorias.
Modalidades disputadas[editar | editar a fonte]
Cadro de medallas[editar | editar a fonte]
Cadro de Medallas | ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | ![]() |
![]() |
![]() |
Total |
1 | ![]() |
40 | 19 | 17 | 76 |
2 | ![]() |
22 | 30 | 19 | 71 |
3 | ![]() |
16 | 10 | 16 | 42 |
4 | ![]() |
12 | 13 | 10 | 35 |
5 | ![]() |
8 | 9 | 4 | 21 |
6 | ![]() |
7 | 3 | 3 | 13 |
7 | ![]() |
6 | 6 | 6 | 18 |
8 | ![]() |
6 | 3 | 13 | 22 |
9 | ![]() |
6 | 2 | 3 | 11 |
10 | ![]() |
3 | 2 | 0 | 5 |