Xogos Olímpicos de 2032

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogos da XXXV Olimpiada

SedeAustralia Brisbane, Australia
NaciónsSen anunciar
Apertura14 de xullo
Clasura30 de xullo
EstadioThe Gabba

Os Xogos Olímpicos de 2032 (en inglés: 2032 Olympic Games), oficialmente os Xogos da XXXV Olimpíada (en inglés: Games of the XXXV Olympiad) e tamén coñecidos como Brisbane 2032, son un evento multideportivo internacional que se celebrará do 14 ao 30 de xullo de 2032 con Brisbane como principal cidade anfitrioa.[1]

Serán os terceiros Xogos Olímpicos de verán que se celebrarán en Australia despois de Melbourne 1956 e de Sydney 2000. Tamén serán os cuartos Xogos de verán que se celebran no hemisferio sur, despois dos citados xogos de Australia e dos Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro, Brasil. Este tamén serán os segundos Xogos que se celebrarán integramente no inverno meteorolóxico dunha cidade anfitrioa despois de Río. Tras os cambios nas regras de licitación, o Comité Olímpico Internacional seleccionou e anunciou a Brisbane como a candidatura gañadora o 21 de xullo de 2021, dous días antes do comezo dos Xogos Olímpicos de Toquio 2020.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dunbar, Graham (10 de xuño de 2021). "Brisbane set to be named 2032 Olympics host next month". Associated Press (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]