Saltar ao contido

Xogos Olímpicos de Inverno de 2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaXogos Olímpicos de Inverno de 2014
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Nome oficialXXII. Olympesch Wanterspiller Editar o valor en Wikidata
TipoXogos Olímpicos de Inverno Editar o valor en Wikidata
LemaHot. Cool. Yours Editar o valor en Wikidata
MascotaLeopard, Bely Mishka, and Zaika (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
DeporteDeporte de inverno Editar o valor en Wikidata
Composto porPatinação de velocidade nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2014
Snowboard nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2014
Skeleton nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2014 +
../... 16 Editar o valor en Wikidata
Número de participantes88
2.780 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
Eventos olímpicos98 Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónClareira Vermelha (pt) Traducir (Resort Town of Sochi (en) Traducir)
Sochi (Resort Town of Sochi (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
PaísRusia Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo7 de febreiro de 2014 – 23 de febreiro de 2014 Editar o valor en Wikidata
Número de edición22  (2014) Editar o valor en Wikidata
Aberto oficialmente porVladimir Putin Editar o valor en Wikidata
Xuramento feito porRuslan Zakharov (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Facho acendido porVladislav Tretiak Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialolympics.com… Editar o valor en Wikidata
Facebook: sochi2014 Twitter: Sochi2014 Instagram: sochi2014 Youtube: UC5gIZK2hXl6M7ErAsB3Q97w Flickr: 43767123@N02 Editar o valor en Wikidata

2010 Editar o valor en Wikidata
2018 Editar o valor en Wikidata
Cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de Sochi

Os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 celebrados na cidade rusa de Sochi entre o 7 e o 23 de febreiro de 2014, son os 22º Xogos de Inverno, e están organizados polo Comité Organizador de Sochi ao igual que os Xogos Paralímpicos.

Elección da sede

[editar | editar a fonte]

Sete cidades presentaron a súa candidatura ante o COI, que desbotou catro o 22 de xuño de 2006: Almati, Borjomi, Jaca e Sofía, chegando á final as localidades de Sochi, Salzburgo e Pyeongchang. Durante a 119ª sesión do COI celebrada en Guatemala elixiuse o 4 de xullo de 2007 a cidade de Sochi como a organizadora dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 tras caer Salzburgo na primeira rolda e vencer a Pyeongchang na segunda rolda.

Celebración en Sochi da elección da cidade como organizadora dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014
Resultado da votación do COI
Cidade País 1ª Rolda 2ª Rolda
Sochi Rusia Rusia 34 51
Pyeongchang Corea do Sur 36 47
Salzburgo Austria Austria 25

Organización

[editar | editar a fonte]
Emblema olímpico nunha moeda rusa

O emblema oficial creouno a axencia internacional de mercadotecnia Interbrand que o presentou o 1 de decembro de 2009 en Moscova. Por primeira vez na historia dos emblemas olímpicos presenta un enderezo electrónico, sochi.ru. Tipograficamente Sochi e 2014 son case simétricos, coma un espello, ilustrando o feito que a cidade de Sochi é o punto onde se encontra o mar Negro e as montañas do Cáucaso que se reflicten nese mar[1].

A cidade de Sochi realizou unha consulta popular o 2 de marzo de 2008, coincidindo coas eleccións presidenciais, para elixir unha mascota para os xogos, saíndo vencedora un golfiño esquiador da autoría de Olga Belyaeva [2]. Así e todo os organizadores decidiron pospoñer a elección e o 1 de decembro de 2010 anunciouse que se ía elixir nunha competición nacional organizada conxuntamente co xornal Izvestia, presentáronse 24.048 propostas. A elección final realizouse no programa de televisión Talismaniya Sochi 2014 o 26 de febreiro de 2011, resultando elixidos o leopardo das neves Barsik, a lebre Zaika e o oso polar Mishka, que representan respectivamente o ouro, a prata e o bronce do podio olímpico. Houbo algunha controversia na elección por unha posible fraude no voto telefónico que puxo en cabeza ao leopardo das neves, o candidato favorito de Vladimir Putin[3].

Seguridade

[editar | editar a fonte]

Os atentados de decembro de 2013 en Volgogrado que se produciron semanas antes do comezo dos Xogos, fixeron que aumentasen as medidas de seguridade en torno a celebración das Olímpiadas, mobilizando a máis de 100.000 policías e militares, no recinto olímpico desprazáronse arredor de 40.000 policías, que recibiron adestramento para conversar nun nivel básico en tres linguas (inglés, alemán e francés)[4]. Ademais de 5000 cámaras, utilización de drons, misis terra-aire, sistemas sofisticados de vixilancia aérea e submarina, incluíndo seis baterías Pantsir S-1 para intentar asegurar unha protección completa arredor da vila olímpica, mais tamén navíos de guerra e submarinos rusos, asistidos por unha fragata e un navío de mando americanos. Todas as comunicacións están baixo vixilancia do sistema SORM da FSB[5]. Todas as manifestacións, marchas, demostracións e protestas organzadas a partir do 7 de xaneiro e ata o 21 de marzo na área teñen que contar coa aprobación do servizo de intelixencia, a policía e o goberno local [6]

A xendarmería do ministerio do interior conta con 10.000 efectivos na zona[7], dedicados principalmente á previr accesos non autorizados nas instalacións deportivas e nas zonas residenciais, e algúns efectivos tamén están ao cargo do mantemento da orde pública canda a policía.[8].

Arredor de 400 cosacos chegaron a Sochi a primeiros de xaneiro para axudar as forzas de seguridade, coa misión de acompañar ás patrullas de policía vestindo o seu uniforme tradicional.[9], autorizados por lei a comprobar documentos de identidade e levar os sospeitosos ás comisarías de policía.[10] A 58º unidade do exército das Forzas Armadas Rusas, composto por uns 70.000 soldados, patrullan a achegada fronteira con Xeorxía.[11]

Instalacións deportivas

[editar | editar a fonte]
Localización do Parque Olímpico, ao sur, e do Complexo de montaña, ao norte

Os Xogos Olímpicos de 2014 celébranse en dúas áreas diferentes: o Parque Olímpico de Sochi, localizado en Adler un arrabalde de de Sochi, onde se celebran os deportes de interior e o complexo de montaña de Krasnaia Poliana situado a 60 km do centro de Sochi e a 40 de Adler

Parque Olímpico de Sochi

[editar | editar a fonte]
Disposición das instalacións do Parque Olímpico de Sochi

O Parque Olímpico de Sochi construíuse na costa do mar Negro no val de Imeretin, a uns catro quilómetros da fronteira de Rusia con Xeorxia[12][13] As instalacións sitúanse arredor dun estanque de auga que serve de marco para a Praza das Medallas, o que permite achegarse a pé desde as instalacións:

Estadio Olímpico de Fisht Pazo de Xeo de Bolshoy Arena Shayba Centro de Patinaxe Adler Arena
40.000 12.000 7.000 8.000
Pazo de Patinaxe Iceberg Skating Centro de Curling Cubo de Xeo Vila Olímpica Centro Internacional de Prensa
Capacidade: 12.000 Capacidade: 3.000 - -

Krasnaia Poliana

[editar | editar a fonte]
Centro de Saltos RusSki Gorki durante a súa construción

Participantes

[editar | editar a fonte]
Países participantes

A seguinte táboa amosa ós países participantes nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 e o número de atletas representantes:

Lista de nacións participantes

Calendario

[editar | editar a fonte]
CA Cerimonia de apertura Competicións de eventos 1 Finais de eventos GE Gala de exhibición CC Cerimonia de clausura
Febreiro 6
Xov
7
Ven
8
Sáb
9
Dom
10
Lun
11
Mar
12
Mér
13
Xov
14
Ven
15
Sáb
16
Dom
17
Lun
18
Mar
19
Mér
20
Xov
21
Ven
22
Sáb
23
Dom
Eventos
Cerimonias CA CC
Bíatlon 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 11
Bobsleigh 1 1 1 3
Combinada nórdica 1 1 1 3
Curling 1 1 2
Esquí acrobático 1 1 1 1 1 1 1 2 1 10
Esquí alpino 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 10
Esquí de fondo 1 1 2 1 1 1 1 2 1 1 12
Hockey sobre xeo 1 1 2
Luge 1 1 1 1 4
Patinaxe artística 1 1 1 1 1 GE 5
Patinaxe de velocidade 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 2 12
Patinaxe de velocidade sobre pista curta 1 1 2 1 3 8
Salto de esquí 1 1 1 1 4
Skeleton 1 1 2
Snowboard 1 1 1 1 1 1 2 2 10
Eventos totais 5 8 5 8 6 6 6 7 5 6 5 8 6 7 7 3 98
Total acumulado 5 13 18 26 32 38 44 51 56 62 67 75 81 88 95 98
Febreiro 6
Xov
7
Ven
8
Sáb
9
Dom
10
Lun
11
Mar
12
Mér
13
Xov
14
Ven
15
Sáb
16
Dom
17
Lun
18
Mar
19
Mér
20
Xov
21
Ven
22
Sáb
23
Dom
Eventos

Medalleiro

[editar | editar a fonte]
Cadro de Medallas
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Rusia Rusia 13 11 9 33
2 Noruega Noruega 11 5 10 26
3 Canadá 10 10 5 25
4 Estados Unidos de América Estados Unidos 9 7 12 26
5 Países Baixos Países Baixos 8 7 9 24
6 Alemaña Alemaña 8 6 5 19
7 Suíza Suíza 6 3 2 11
8 Belarús Belarús 5 0 1 6
9 Austria Austria 4 8 5 17
10 Francia 4 4 7 15
11 Polonia Polonia 4 1 1 6
12 China 3 4 2 9
13 Corea do Sur 3 3 2 8
14 Suecia Suecia 2 7 6 15
15 República Checa República Checa 2 4 2 8
16 Eslovenia Eslovenia 2 2 4 8
17 Xapón 1 4 3 8
18 Finlandia Finlandia 1 3 1 5
19 Reino Unido Reino Unido 1 1 2 4
20 Ucraína Ucraína 1 0 1 2
21 Eslovaquia Eslovaquia 1 0 0 1
22 Italia Italia 0 2 6 8
23 Letonia Letonia 0 2 2 4
24 Australia Australia 0 2 1 3
25 Croacia Croacia 0 1 0 1
26 Casaquistán 0 0 1 1

Cobertura informativa

[editar | editar a fonte]

Panasonic é o subministrador de imaxe de todas os eventos, incluíndo equipamento para a retransmisión por televisión. O COI capturara a cerimonia de inauguración en 4K-Ultra HD.[15] En moitas rexións, os dereitos de retransmisión negociáronse conxuntamente cos dos Xogos Olímpicos de 2016. Máis de 13.000 [16] xornalistas de todos os medios están acreditados para informar dos Xogos e 94 canles de televisión adquiriron os dereitos de retransmisión. Os dereitos para Rusia vendeunos Sportfive a un consorcio formado por tres emisoras: Perviy Kanal, VGTRK e NTV Plus.[17] Sportfive substituíu a Unión Europea de Radiodifusión como a distribuídora dos dereitos dos Xogos 2014 e 2016 en 40 países[18]. Nos Estados Unidos fíxose cos dereitos a NBC, así como todos os xogos olímpicos ata 2020.[19]

Críticas

[editar | editar a fonte]

A elección dunha cidade rusa foi obxecto de fortes críticas por parte de certos medios e personalidades arredor de asuntos como a liberdade de prensa, por mor de numerosas intervencións da policía nos medios rusos[20],[21], a liberdade sexual dos atletas posta en cuestión polas novas leis rusas prohibindo a difusión de mensaxes homosexuais aos menores[22], a utilización de gran número de traballadores migrantes, arredor de 60.000 obreiros empregados nas obras de construción dos complexos olímpicos, traballando en condicións difíciles cando non explotados[23][24], a denuncia de organizacións ecoloxistas que afirman que as obras non tiveron en conta o impacto ecolóxico [25], a revisión á alza dos investimentos, estimados oficialmente en 36 mil millóns de euros[26], orzamentos que serviron principalmente para construír a vila olímpica e as construcións deportivas mais tamén un aeroporto, un porto marítimo, 200 km de vías de ferrocarril, 400 km de estradas, 77 pontes, 12 tuneis e outras obras de infraestrutura. Segundo un informe de Boris Nemtsov e Leonid Martynyuk, membros do movemento de oposición Solidarnost[27], unha parte do investido serviu para o enriquecemento de Vladimir Putin e de grandes fortunas, representando a corrupción segundo diversas estimacións entre o 20% e o 50% dos gastos[28].

  1. "Unique digital olympic emblem revealed by Sochi 2014 for Russia’s first winter games". interbrand.com. decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 09 de febreiro de 2014. 
  2. "Leopard, bear and hare presiding over the Sochi Olympics, RBTH". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2014. Consultado o 09 de febreiro de 2014. 
  3. Fred Weir (1 de marzo de 2011). "In Russia, accusations of corruption taint even Olympics mascot selection". csmonitor. 
  4. ""Russian Police to Speak 3 Languages at Sochi Olympics – Ministry". RIA Novosti. 30 de outubro de 2014". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2013. Consultado o 08 de febreiro de 2014. 
  5. Veronika Dorman, « Des Jeux sous haute surveillance », Ouest France, no 21139,‎ 7 de febreiro de 2014, p. 2
  6. ""Sochi Olympic Protests to Require Approval from Russia's Security Service". RIA Novosti. 6 de decembro de 2013". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2013. Consultado o 08 de febreiro de 2014. 
  7. "Internal Troops to provide security at Sochi Olympics". Russia Beyond the Headlines. 15 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2014. Consultado o 8 de febreiro 2014. 
  8. "Siberia joins national effort to make the Sochi Olympics safe and successful". Siberia Times. 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 8 de febreiro 2014. 
  9. "Sochi Drafts In Cossacks for Olympic Security". RIA Novosti. Consultado o 8 de febreiro de 2014. 
  10. "Some 300 Cossacks to Help Police Sochi Olympics". RIA Novosti. Consultado o 8 de febreiro de 2014. 
  11. "Olympic Teams Prepare for Possible Security Crisis in Sochi". The Moscow Times. 22 de xaneiro de 2014. Consultado o 8 de febreiro de 2014. 
  12. "Sochi's mixed feelings over Olympics". BBC News. 26 de novembro de 2008. Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 
  13. Russian Deputy PM leads Sochi delegation to inspect Munich Olympic Park Inside the Games, 22 de maio de 2010
  14. Os atletas da India participan como independentes so a bandeira olímpica por mor da suspensión do comité olímpico nacional
  15. Forrester, Chris (29 de xaneiro de 2014). Advanced-television.com, ed. "Winter Olympics opening will be in 4K". Consultado o 2014-02-07. 
  16. Philippe Rioux, « Faut-il boycotter les Jeux Olympiques de Sotchi ? » La Dépêche du Midi,‎ 19 de decembro de 2013
  17. Love, Tom (3 de setembro de 2012). SportsPro, ed. "Sportfive concludes Olympic agreement in Russia". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2016. Consultado o 4 de setembro de 2012. 
  18. "IOC awards European broadcast rights to SPORTFIVE". ESPN. 18 de febreiro de 2009. Consultado o 13 de agosto de 2013. 
  19. "Lazarus: We Believe Sochi Olympics Will Be Profitable". Broadcasting & Cable. Consultado o 13 de agosto 2013. 
  20. ""Journalistes harcelés dans la région de sotchi : la presse étrangère ne doit pas céder à l’intimidation". Reporters sans frontieres, 12 de novembro de 2013". Arquivado dende o orixinal o 10-02-2014. Consultado o 09-02-2014. 
  21. "Russia: TV Crew Reporting on Sochi Olympics Harassed" Human Rights Watch, 5 de novembro de 2013
  22. "Homophobie : la Russie pourrait arrêter les athlètes gay lors des JO d'hiver" Huffington Post, 31 de xullo de 2013
  23. "A Sotchi, les ONG dénoncent le traitement des ouvriers", RFI
  24. "L'enfer des chantiers olympiques de Sotchi" Le Figaro, 30 de outubro de 2013
  25. Yann Bertrand, A Sotchi, l'écologie piétinée par les Jeux olympiques, France Info, 9 de xaneiro de 2014
  26. Le Monde, ed. (7 de febreiro de 2013). "JO 2014 : Sotchi entre couacs et drames". 
  27. Les JO de Sotchi entachés par la corruption, Le Monde, 31 de maio de 2013
  28. Pawel Kopczynski (14 de marzo de 2013). L'Express, ed. "JO de Sotchi : un gouffre financier vertigineux pour la Russie".