Doha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 25°17′12″N 51°32′0″L / 25.28667, -51.53333

Doha
الدوحة‎ ad-Dawḥa
Doha montage.jpg
Qatar University, Museo de Arte Islámica, Doha Skyline, Souq Waqif, The Pearl
Localización
Doha en Qatar
Doha
Doha
País Flag of Qatar.svg Qatar
Concello Doha
Xeografía
Altitude 7 msnm
Superficie 132 km²
Demografía
Poboación 1 312 947 hab. (2013)
Densidade 9.900 hab/km²

Doha[1] (en árabe: الدوحة, transl. ad-Dawḥa ou ad-Doha, literalmente "a árbore grande") é a capital de Qatar. Está situada sobre a costa do golfo Pérsico, levantada nunha baía de 7 km de longo. Administrativamente pertence á subdivisión de Ad-Dawhah. Actualmente é a sede das instalacións da cadea de televisión Al Jazeera.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade foi fundada en 1850 co nome de Al-Bida'a. En 1916 cesou o protectorado británico e a cidade pasou a estar rexida polas autoridade de Qatar. En decembro de 2006, Doha acolleu os Xogos asiáticos e foi candidata para os Xogos Olímpicos de verán de 2016.

Poboación[editar | editar a fonte]

Estimábase que Doha contaba cuns 400.000 habitantes en 2005. É a cidade meirande de Qatar, e concentra un 80% da poboación residente total.

Economía[editar | editar a fonte]

Doha é o centro económico do país. Na cidade celébranse as conferencias ministeriais do Ciclo de Doha so a éxida da OMC. As industrias principais baséanse no gas, o petroleo e a pesca. O turismo é un sector económico en crecemento en Doha: no medio da baía está en construción un arquipélago artificial dedicado enteiramente ao turismo, bautizado como A Perla.

Transportes[editar | editar a fonte]

Doha posúe un aeroporto internacional, un porto, hoteis e variadas infraestruturas deportivas. No que respecta ás comunicacións terrestres a principal compañía de transporte é a sociedade Karwa, creada en 2005, que puxo en marcha liñas de autobuses e que xestiona os taxis.

Ensino[editar | editar a fonte]

Preto de Doha atópase «Education City», zona consagrada á investigación científica e á educación.

Irmandamentos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]