Naomi Osaka
| Biografía | ||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (ja) 大坂 なおみ 16 de outubro de 1997 中央区 | |||||||||||||||||||
| Residencia | Pembroke Pines (pt) Elmont (pt) Osaca (1997–2001) Fort Lauderdale Boca Raton | |||||||||||||||||||
| Grupo étnico | Haitianos, hafu (pt) | |||||||||||||||||||
| Educación | Broward Virtual Education High (en) | |||||||||||||||||||
| Altura | 180 cm | |||||||||||||||||||
| Peso | 69 kg | |||||||||||||||||||
| Lateralidade | destro | |||||||||||||||||||
| Actividade | ||||||||||||||||||||
| Ocupación | tenista | |||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2011 | |||||||||||||||||||
| Patrimonio estimado | 24.537.807 $ | |||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Xapón | |||||||||||||||||||
| Deporte | tenis | |||||||||||||||||||
| Disciplina deportiva | tenis individual tenis dobres | |||||||||||||||||||
| Man de xogo | destro, one-handed forehand (en) | |||||||||||||||||||
| Adestrado por | Wim Fissette (2024–2024) Wim Fissette (2020–2022) Jermaine Jenkins (pt) Sascha Bajin (en) António van Grichen (pt) | |||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
| Participou en | ||||||||||||||||||||
| 2024 | Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2024 - Simples feminino (pt) | |||||||||||||||||||
| 2021 | Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Simples feminino (pt) | |||||||||||||||||||
| 2018 | Fed Cup de 2018 (pt) |
|||||||||||||||||||
| Familia | ||||||||||||||||||||
| Parella | Cordae (2021–2025) | |||||||||||||||||||
| Irmáns | Mari Osaka | |||||||||||||||||||
| Premios | ||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
| Descrito pola fonte | We Are Here: 30 Inspiring Asian Americans and Pacific Islanders Who Shaped the United States, (p.67-70) | |||||||||||||||||||
| Sitio web | naomiosaka.com | |||||||||||||||||||
Naomi Osaka ou Ōsaka Naomi (en xaponés: 大坂 なおみ), nada en Chūō-ku (Osaca) o 16 de outubro de 1997 é unha tenista xaponesa. Osaka foi a número 1 do mundo da Women's Tennis Association (WTA), e é a primeira xogadora asiática que o logrou en categoría individual.
Nada no Xapón, filla de pai haitiano e nai xaponesa, vive nos Estados Unidos dende os tres anos. Comezou a ser coñecida con dezaseis anos cando venceu a antiga campioa do US Open Samantha Stosur no seu debut na WTA Tour. Dous anos despois, chegou á súa primeira final da WTA no Pan Pacific Open do Xapón (2016), co que entrou nas 50 primeiras da clasificación. Osaka revelouse como unha gran tenista en 2018, ao gañar o seu primeiro título WTA no Indian Wells Open. En setembro de 2018 gañou o Aberto dos Estados Unidos vencendo a Serena Williams na final, converténdose na primeira tenista xaponesa que gañaba un torneo individual do Grand Slam.
Osaka é coñecida pola súa orixe multiétnica e a súa personalidade tímida. Na pista ten un xogo agresivo[1] cun poderoso servizo que pode acadar os 200 km/h, un dos dez máis rápidos da historia do tenis feminino.[2][3]
Finais de Grand Slam
[editar | editar a fonte]| Resultado | Ano | Torneo | Superficie | Opoñente | Puntuación |
|---|---|---|---|---|---|
| Gañadora | 2018 | Aberto dos Estados Unidos | Dura | 6–2, 6–4 | |
| Gañadora | 2019 | Aberto de Australia | Dura | 7–6(7–2), 5–7, 6–4 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "All You Need To Know About US Open Star Naomi Osaka". BeiN Sports. Consultado o 3 de novembro de 2018.
- ↑ Thomas, Louisa. "The Thousand Autumns of Naomi Osaka". Racquet Magazine. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2018. Consultado o 3 de novembro de 2018.
- ↑ Joseph, Adi (29 de agosto de 2017). "Who is Naomi Osaka? 19-year-old stole U.S. Open spotlight with Round 1 upset". USA Today. Consultado o 16 de outubro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Naomi Osaka |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 08 de xuño de 2022 en Wayback Machine. (en xaponés) (en inglés)
- Naomi Osaka – Japan Tennis Association