República do Congo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
République du Congo (Francés)
Repubilika ya Kongo (Kikongo)
Republiki ya Kongó (Lingala)
República do Congo
Bandeira do Congo Escudo do Congo
Bandeira Escudo
Lema: Unité, travail, progrès
(Francés: Unidade, traballo e progreso)
Himno nacional: La congolaise
 
Republic of the Congo (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Brazzaville
1.300.000 (año 2006)
Cidade máis poboada Brazzaville
Linguas oficiais
Francés, lingala e kikongo
Forma de goberno República
Denis Sassou-Nguesso
Isidore Mvouba
Independencia
 • Data
(de Francia)
15 de agosto de 1960
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 62º
342.000 km²
3,3 %
5.504 km km
169 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 124º
3.602.269 (2005 est.)
10,5 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita
Posto 156º
US$ 4.621 millóns
US$ 1.379
IDH (2007) 0,548 (139º) – Medio
Moeda Franco CFA (XAF)
Xentilicio Congolés, congolesa[1]
Fuso horario
 • en verán
CET (UTC+1)
CEST (UTC+1)
Dominio de Internet .cg
Prefixo telefónico +242
Prefixo radiofónico TNA-TNZ
Código ISO 178 / COG / CG
Membro de: UA, OIF, ONU
Tódolos países do mundo
Congo

A República do Congo[1] (en francés: République du Congo; en kikongo: Repubilika ya Kongo; en lingala: Republiki ya Kongó), tamén chamado Congo-Brazzaville para distinguilo da veciña República Democrática do Congo, é un país africano. Limita ao norte con Camerún e a República Centroafricana, ao leste e sur coa República Democrática do Congo, ao sur con Cabinda e ao oeste co océano Atlántico e Gabón. A súa capital é Brazzaville.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia do Congo.

O Congo obtivo a súa independencia da Francia o 15 de agosto do 1960. O seu primeiro presidente foi Fulbert Youlou, forzado a deixar o goberno por unha revolta, no 1963. Asume, entón, a presidencia Alphonse Masamba-Délbat que, en 1964, fundou un partido de índole marxista-leninista adoptando unha economía planificada, de base socialista. A seguir, dá inicio a un "Plano Quinquenal" que levou a unha expansón inicial da agricultura e da industria.

A tensión entre o goberno e os militares crece e, no 1968, o Exército dá un golpe de estado, liderado polo maior Marien Ngouabi, que asume o poder. El mantivo a liña socialista, pero creando o seu propio partido, o "Partido Congolés dos Traballadores" (PCT). En 1970, o país adopta a denominación de República Popular do Congo e consolida o seu réxime ligado ao marxismo-leninismo. Neste mesmo ano, o exército esmaga unha tentativa de golpe contra o presidente, liderada polo ex-tenente paracaidista Pierre Xitonga, e executa a todos os conspiradores, coa excepción do ex-ministro de Defensa, Augustin Poignet, que consegue fuxir. Aproveitándose desta situación, dá inicio a un expurgo xeral de todos os sospeitosos de seren contrarios ao seu goberno.

O Partido Congolés do Traballo permanece como o único legal e, en 1977, o presidente foi asasinado, asumindo o poder unha xunta militar. En 1979 pasa á presidencia o coronel Sassou-Nguesso, que exerce poderes ditatoriais ata 1989, cando o colapso comunista do leste europeo o leva a anunciar reformas políticas e a transición para a economía de mercado. O goberno mantén unha política internacional de neutralidade, relacionándose tanto co capitalismo como co comunismo.

En 1990, o PCT abandona o marxismo-leninismo. No ano seguinte, tropas cubanas estacionadas no país desde 1977, deixan o Congo. En 1992 é votada a nova Constitución, onde está previsto un sistema político multipartidista.

Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política do Congo.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións do Congo.

O Congo dividese en dez rexións (en Francia réxions) e unha comuna:

Brazzaville, a capital do país, é unha comuna.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía do Congo.

Localizado no centro-oeste de África, cunha pequena porción de costa no Océano Atlántico e cortado pola liña do Ecuador, o Congo ten clima quente e húmido. Preto de 55% do territorio é cuberto por florestas tropicais.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía do Congo.

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía do Congo.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura do Congo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: República do Congo Modificar a ligazón no Wikidata