Tanzania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
República Unida de Tanzania
Jamhuri ya Muungano wa Tanzania
United Republic of Tanzania
Bandeira de Tanzania
Escudo de Tanzania
Bandeira Escudo
Tanzania (orthographic projection).svg
Lema: Uhuru na Umoja
(Liberdade e Unidade)

Capital Dodoma
 • Poboación 324 347 (2002)
Cidade máis poboada Dar es Salaam
Linguas oficiais Kiswahili e inglés
Forma de goberno República
Jakaya Mrisho Kikwete
Mizengo Pinda
Independencia do Reino Unido
Tanganica
Zanzíbar e Pemba
Fusión
Constitución actual
9 de decembro de 1961
10 de decembro de 1963
26 de abril de 1964
25 de abril de 1977
Superficie Posto 27º
 • Total 945 203 km²
 • % auga 6,2
Fronteiras 3 861 km
Costas 1 424 km
 • Total (2006 est.) 40 000 000 hab.
 • Densidade 41 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total 16 691 millóns US$
 • per cápita 428 US$
Moeda Xilin tanzano (TZS)
IDH 0,503
Xentilicio tanzano
Fuso horario UTC+3
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet .tz
Prefixo telefónico +255
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO TZ
Membro de: OMC, Unión Africana

Tanzania, oficialmente República Unida de Tanzania (en suahili: Jamhuri ya Muungano wa Tanzania),[1] é un país da África Oriental, limitado ao norte por Uganda e por Quenia, ao leste polo Océano Índico, ao sur por Mozambique, por Malawi e por Zambia e ao oeste por Burundi, por Ruanda e pola República Democrática do Congo, fronteira exclusivamente lacustre, a través do Lago Tanganica. O país inclúe tamén o arquipélago de Zanzíbar, no Índico. O Kilimanjaro, a montaña máis alta de África, está situada no nordeste de Tanzania.

O país está dividido en 30 rexións administrativas: cinco na área semi-autónoma do arquipélago de Zanzíbar e 25 no continente, na antiga Tanganica.[2] O xefe do estado é o Presidente Jakaya Mrisho Kikwete, elixido en 2005. Dende 1996, a capital oficial de Tanzania foi Dodoma, onde está localizada a Asemblea Nacional e as oficinas do goberno.[3] Entre a súa independencia e 1996, a principal cidade costeira, Dar es Salaam, serviu como capital política. Segue a ser a principal cidade comercial do país e numerosas institucións do goberno siguen localizadas alí.[2][4] É tamén o porto máis importante do país.[5]

Tanganica e Zanzíbar fusionáronse o 26 de abril de 1964 para formar a República Unida de Tanganica e Zanzíbar.[2] O 29 de outubro dese mesmo ano, o país foi renomeado como República Unida de Tanzania ('Tan' provén de Tanganica e 'Zan' de Zanzíbar).[2] É, canda Quenia e Uganda, un dos tres países da África oriental ex británica. Agás os masai do norte do país, que son nilocamitas, o resto da poboación está formada por unhas 140 tribos bantú, sendo as máis importantes as de sukuma, nyamwezi, gogo e chagga no norte, e makonde e hehe no sur. O suahili e o inglés son as dúas linguas oficiais.

Historia[editar | editar a fonte]

A Tanzania foi unha colonia alemá desde a década de 1880 e 1919. Foi colonia británica entre 1919 e 1961. Pouco despois da independencia, o Tanganica e Zanzibar fundíranse para criar a nación da Tanzania, a 26 de abril de 1964. O réxime de partido único chegou a fin en 1995, ano en que se realizaron as primeiras eleccións democráticas no país desde a década de 1970.

Política[editar | editar a fonte]

Tanganica (a parte continental da actual Tanzania) foi unha colonia alemá desde a década de 1880 ata 1919, cando foi entregada ao Reino Unido, a consecuencia da derrota da Alemaña na Primeira Guerra Mundial; Zanzíbar, a súa parte insular, era un sultanato independente, que se tornou un protectorado británico na mesma altura.

Tanganica tornouse independente o 13 de decembro do 1962 e, o 26 de abril de 1964, uniuse ao Zanzíbar para criar a República Unida da Tanzania. Dentro do acordo de unión, cando o Presidente da República é orixinario do continente, o Vicepresidente é un nativo de Zanzíbar.

O primeiro Presidente da Tanzania foi o "Mwalimu" Julius Nyerere, igualmente Presidente do partido Chama cha Mapinduzi (que significa "Partido da Independencia"). Nyerere, que se conservou no poder ata 1985, conduciu o país segundo unha política denominada "Socialismo Africano", internamente designada "Uxamaa", que significa "unidade" ou "familia", en KiSwahili.

O regime de partido único chegou ao fin en 1995, ano en que se realizaron as primeiras eleccións democráticas no país desde os anos 70.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de Tanzania.

Tanzania divídese en 26 rexións (mkoa), vinte e unha na parte continental e cinco en Zanzíbar (tres en Unguja, dúas en Pemba).

Zanzíbar e Tanganica manteñen sistemas legais distintos desde a súa federación, o que reportou varios problemas á xustiza deste país (por exemplo, é necesario pedir a extradición para enviar presos dunha zona a outra). Mentres que as leis vixentes en Tanganica son herdeiras das impostas polos colonos británicos, en Zanzíbar reciben unha forte influencia da xaria ou lei islámica.

As rexións de Tanzania son: Arusha · Dar es Salaam · Dodoma · Iringa · Kagera · Kigoma · Kilimanjaro · Lindi · Manyara · Mara · Mbeya · Morogoro · Mtwara · Mwanza · Pemba Norte · Pemba Sur · Pwani · Rukwa · Ruvuma · Shinyanga · Singida · Tabora · Tanga · Zanzibar Central/Sur · Zanzibar Norte · Zanzibar Urbana/Oeste

Rexións de Tanzania.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A Tanzania é o 27° país do mundo en extensión territorial. É formado polos antigos territorios de Tanganica e Zanzíbar.

No noroeste o país é montañoso, e alí sitúase o Kilimanjaro, a máis alta montaña de África, co 5.895 metros de altitude. Ó norte e ó oeste están os Grandes Lagos africanos, o Lago Victoria (o máis extenso de África, na fronteira co Uganda) e o Lago Tanganica (o máis profundo de África, na fronteira coa República Democrática do Congo).

En Tanzania están dous importantes parques nacionais africanos, o Serengueti e o do Cráter de Ngorongoro.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Tanzania.

Demografía[editar | editar a fonte]

No 2006 estimábase unha poboación de 38.329.000 habitantes, cunha taxa de crecemento do dous por cento. A distribución da poboación e moi desigual, sendo a densidade en rexións áridas de unha persoa por quilómetro cadrado, ou de 51 en planicies húmidas. En Zanzíbar atopamos unha densidade de 134 habitantes por quilómetro cadrado. Mais de 80 por cento da poboación é rural. Dar es Salaam é a maior cidade e é a capital comercial; Dodoma, no centro da Tanzania é a nova capital e sede do Parlamento da Unión.

Cultura[editar | editar a fonte]

Tópicos diversos[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Tanzania.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tanzania. Dictionary.com. Dictionary.com Unabridged (v 1.1). Random House, Inc. (consultado: 27 de marzo de 2007).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Central Intelligence Agency (2013). The World Factbook, ed. "Tanzania". Consultado o 12 de xullo de 2013. 
  3. Tanzania.go.tz (ed.). "The Tanzania National Website". Arquivado dende o orixinal o 2012-05-29. Consultado o 1 de maio de 2010. 
  4. Tanzania.go.tz (ed.). "The Tanzania National Website: Country Profile". Arquivado dende o orixinal o 2012-05-29. Consultado o 1 de maio de 2010. 
  5. "Dar es Salaam Port", Tanzania Ports Authority

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tanzania Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]