Xogos Olímpicos de 1908
![]() | |
Sede | Londres, Reino Unido |
---|---|
Nacións | 22 |
Atletas | 2 008 (1 971 homes, 37 mulleres) |
Eventos | 110 en 22 deportes (24 disciplinas) |
Apertura | 27 de abril de 1908 |
Clasura | 31 de outubro de 1908 |
Inaugurado por | Eduardo VII do Reino Unido[1] |
Estadio | White City Stadium |
Despois da realización dos xogos intermedios de 1906 en Grecia, considerados non oficiais e que non tiveron os seus resultados computados polo Comité Olímpico Internacional, os Xogos da IV Olimpíada foron realizados en Londres, Gran Bretaña, entre o 27 de abril e o 31 de outubro de 1908. Orixinalmente deberían ter sido realizados en Roma, mais unha erupción do volcán Vesuvio obrigou ás autoridades italianas a usar todos os seus recursos económicos para combater os efectos da traxedia e a desistir de albergar os Xogos, que acabaron por ser transferidos á capital británica.
Considerados os primeiros Xogos realmente ben organizados para un evento desta envergadura, despois dos fracasados e improvisados Xogos de París e Saint Louis, a pesar de ter novamente a súa duración alongada por máis de seis meses, obtiveron o empeño persoal do Rei de Inglaterra para a súa realización e se desenvolveron no primeiro complexo olímpico construído, o Shepperd’s Bush Stadium, en White City, suburbio de Londres, con capacidade para cen mil espectadores e que constaba de estadio de fútbol, pista de atletismo, piscina, pista de ciclismo e instalacións para a ximnasia e a loita.
Inaugurados polo Rei Eduardo VII, os Xogos tiveron a participación de 22 estados e 2.008 atletas, entre eles 37 mulleres, que disputaron probas en tres deportes diferentes: tenis, ximnasia e patinaxe no xeo, embrión dos futuros Xogos de Inverno, do total de 24 modalidades. Foi nestes Xogos nos que Gran Bretaña, por primeira e única vez, liderou o cadro de medallas nunha olimpíada, nun total de 145 sendo 56 de ouro, máis do dobre dos seus entón máis férreos adversarios, os norteamericanos.
Modalidades disputadas[editar | editar a fonte]

Cadro de medallas[editar | editar a fonte]

Cadro de Medallas | ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | ![]() |
![]() |
![]() |
Total |
1 | ![]() |
56 | 51 | 38 | 145 |
2 | ![]() |
23 | 12 | 12 | 47 |
3 | ![]() |
8 | 6 | 11 | 25 |
4 | ![]() |
5 | 5 | 9 | 19 |
5 | ![]() |
3 | 5 | 6 | 14 |
6 | ![]() |
3 | 4 | 2 | 9 |
7 | ![]() |
3 | 3 | 10 | 16 |
8 | ![]() |
2 | 3 | 3 | 8 |
9 | ![]() |
2 | 2 | 0 | 4 |
10 | ![]() |
1 | 5 | 2 | 8 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Factsheet - Opening Ceremony of the Games of the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 13 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018.