Samoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 13°35′S 172°20′O / -13.583, -172.333

Estado Independente de Samoa
Malo Sa'oloto Tuto'atasi o Sāmoa
Independent State of Samoa
Bandeira de Samoa
Escudo de Samoa
BandeiraEscudo
Samoa on the globe (Polynesia centered).svg
Lema: Fa'avae i le Atua Samoa
(Galego: «Deus é o alicerce de Samoa»)
Himno: Samoa Tula'i
Capital
 Poboación
Apia
41.611 (2021)
Cidade máis poboadaApia
Linguas oficiaisSamoano e Inglés
Forma de gobernoRepública
Va'aletoa Sualauvi II
Naomi Mata'afa
Independencia de Nova Zelandia1 de xaneiro de 1962
SuperficiePosto 166º
 • Total2 944 km²
 • % auga0,3
Fronteiras0 km
Costas403 km
PoboaciónPosto 176º
 • Total202.506[1] (censo out. 2020) hab.
 • Densidade68´78 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 170º
 • Total (2005)1 172 millóns US$
 • per cápita6 390 US$
MoedaTala (WST) = 100 sene
IDH (2006)0,778 (75º) – Medio
XentilicioSamoano, -a[2]
Fuso horarioUTC +13
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.ws
Prefixo telefónico+685
Prefixo radiofónico5WA-5WZ
Código ISO882 / WSM / WS
Membro de: Commonwealth, ONU

Samoa,[note 1] oficialmente o Estado independente de Samoa[note 2] e ata 1997 coñecido como Samoa Occidental, é un país insular polinesio formado por de dúas illas principais (Savaii e Upolu); dúas illas máis pequenas e habitadas (Manono e Apolima) e varias illas máis pequenas e deshabitadas, incluíndo as Illas Aleipata (Nu'utele, Nu'ulua, Fanuatapu e Namua). Samoa está situada a 64 km. ao oeste de Samoa Americana, 889 km. ao nordeste de Tonga (país estranxeiro máis próximo), 1152 km. ao nordeste de Fidxi, 483 km. ao leste de Wallis e Futuna, 1151 km. ao sueste de Tuvalu, 519 km. ao sur de Tokelau, 4190 km. ao suroeste de Hawai e 610 km. ao noroeste de Niue. A capital é Apia. O pobo Lapita descubriu e asentou no arquipélago de Samoa hai uns 3.500 anos. Desenvolveron unha lingua samoana e unha identidade cultural samoana.

Samoa é unha democracia parlamentaria unitaria con 11 divisións administrativas. O Estado soberano é membro da Commonwealth de Nacións. Samoa Occidental foi admitida nas Nacións Unidas o 15 de decembro de 1976.[7] Debido ás habilidades mariñeiras dos samoanos, os exploradores europeos anteriores ao século XX referíanse a todo o arquipélago (que inclúe a Samoa Americana) como as "Illas dos Navegantes".[8][9] O país foi unha colonia do Imperio Alemán de 1899 a 1915, despois pasou baixo un conxunto británico e Administración colonial neozelandesa ata o 1 de xaneiro de 1962, cando se independizou.

Historia[editar | editar a fonte]

Emigrantes desde o Sueste de Asia chegaron ás illas de Samoa hai máis de 3000 anos atrás e desde alí colonizaron o resto desde Polinesia cara ao leste. O contacto cos europeos chegaron a principios de 1700, pero non se intensificou ata a chegada de misioneiros e comerciantes ingleses, en 1830. Coa chegada do século XX, as illas foron divididas en dúas seccións: as illas do leste chegaron a ser territorio dos Estados Unidos en 1904 e hoxe en día son coñecidas como Samoa Americana; as illas do oeste convertéronse en territorio alemán chegando a coñecerse como Samoa Alemá, despois Samoa Occidental pasou do control alemán ao neozelandés en 1914. Samoa converteuse na primeira illa do Océano Pacífico en obter a súa independencia.

En xullo de 1997, a constitución foi reformada para cambiar o nome do país de Samoa Occidental a Samoa. A nación foi coñecida simplemente como Samoa na ONU desde o seu ingreso á organización, en 1976. O veciño territorio estadounidense de Samoa Americana protestou aquel cambio, sentindo que o cambio diminuía a súa propia identidade como país. Os habitantes de Samoa Americana aínda usan os termos Samoa Occidental e samoanos occidentais.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Samoa forma unha monarquía constitucional independente. A constitución de 1960, que tomou formalmente efecto logo da independencia do país, baséase na democracia parlamentaria do Reino Unido, modificada para ter en conta os hábitos de Samoa. Os dous grandes xefes samoanos desde a independencia veñen designando conxuntamente desde o cargo de xefe de Estado. O último xefe de Estado, Malietoa Tanumafili II, que faleceu o 12 de maio de 2007 á idade de 94 anos, ocupou este cargo desde a morte do segundo gran xefe en 1963. O seu posible sucesor será designado pola lexislatura por un mandato de 5 anos.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

A Constitución actual entrou en vigor ao tempo da independencia o 1 de xaneiro de 1962. fora elaborada por unha Convención Constitucional en outubro de 1960 e aprobada en maio de 1961 en referendo.

A carta magna establece un modelo singular de República constitucional (2007) no que o Xefe do Estado é elixido polo Parlamento por un período de cinco anos, fóra de quen eran Xefe do Estado ao tempo da independencia que foron declarados Xefes de Estado vitalicios, en virtude dun acordo entre os matai samoanos. O Parlamento denomínase "Fono" e fórmano 49 deputados elixidos por sufraxio universal por cinco anos. O dereito a ser candidato e elixido para 47 dos 49 obrígalles a ser xefes de clan (matai) e os outros 2 deben ser non samoanos. O poder executivo fórmao un primeiro ministro elixido polo Fono. Os ministros deben ser tamén membros da asemblea lexislativa.

Distritos políticos[editar | editar a fonte]

Samoa está composto por once itūmālō (distritos políticos). Estes son os once distritos tradicionais que se estableceron antes da chegada europea. Cada distrito ten a súa propia base constitucional (faavae) sobre a base da tradicional orde de precedencia de títulos atópanse en cada distrito faalupega (tradicionais saúdos).

Political Districts of Samoa
Distrito Capital Superficie
(km2)
Poboación
(Censo 2016)[10]
Upolu (incluídas as illas menores)
1 Tuamasaga Afega 479 95,907
2 A'ana Leulumoega 193 23,265
3 Aiga-i-le-Tai1) Mulifanua 27 5,029
4 Atua2) Lufilufi 413 22,769
5 Va'a-o-Fonoti Samamea 38 1,621
Savaii
6 Fa'asaleleaga Safotulafai 266 13,566
7 Gaga'emauga3) Saleaula 223 7,840
8 Gaga'ifomauga Aopo 365 4,878
9 Vaisigano Asau 178 6,543
10 Satupa'itea Satupa'itea 127 5,261
11 Palauli Vailoa 523 9,300
  Samoa Apia 2,831 195,979
1) inclúe as illas Manono, Apolima e Nu'ulopa
2) inclúe as Illas Aleipata e a illa Nu'usafe'e
3) Exclaves Salamumu e Le'auva'a en Upolu

Exclaves de distritos políticos[editar | editar a fonte]

Teña en conta que varios distritos inclúen múltiples exclavess:

Xeografía[editar | editar a fonte]

Samoa atópase ao leste da liña internacional de cambio de data e ao sur do ecuador, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Nova Zelandia, na Polinesia. As illas son de orixe volcánico, e ocupan unha área de 2.934 km². O 96 % do territorio compono as dúas grandes illas de Upolu e Savai'i, e o resto se distrubuye entre oito pequenos illotes: Manono, Apolima, Nuutele, Nuulua, Namua, Fanuatapu, Nuusafee e Nuulopa. En Upolu habitan case as tres cuartas partes da poboación do país; o seu capital é Apia.

O clima de Samoa é tropical, cunha temperatura media anual de 26,5 °C, e unha estación chuviosa de novembro a abril. O cume máis alto sitúase en Savai'i, e denomínase Silisili con 1.858 metros.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Samoa.

Demografía[editar | editar a fonte]

Apia, cunha poboación de 38.800 habitantes (est. 2001), é a capital e o centro comercial de Samoa. O 50 % da poboación de Samoa habita ou traballa no exterior. A maior parte faio en Nova Zelandia, Australia ou na Samoa Americana, primeiro etapa antes de emigrar cara aos Estados Unidos.

Mapa de Samoa

Cultura[editar | editar a fonte]

Festas en 2005
Data Nome en galego Nome local Notas
1 de xaneiro Ano Novo New Year's Day Todos os anos
2 de xaneiro Día Seguindo ao Ano Novo Day Following New Year's Day Todos os anos
4 de xaneiro Aniversario do Xefe do Estado Head of State's Birthday Todos os anos
17 de xaneiro Día de Martin Luther King Martin Luther King's Day -
28 de marzo Luns de Pascua Easter Monday -
17 de abril Día da Bandeira Territorial Flag Day -
25 de abril Día de Anzac Anzac Day Día en cal hónrase aos veteranos de guerra
1 de maio Festa do Pobo Day of the People Todos os anos
14 de maio Día das Nais de Samoa Mothers of Samoa Day -
1 de xuño 1er Día da Independencia Independence Day Festa Nacional
2 de maio 2º Día da Independencia Independence Day Festa Nacional
6 de agosto Día do Traballo Labor Day -
15 de outubro Lotu-a-Tamaiti Children's Sunday Todos os anos
2 de novembro Día das Árbores Day of Trees Todos os anos
25 de decembro Nadal Christmas Day Todos os anos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. /ˈsɑːmɔːə/ Modelo:Respell;[3][4] Pronunciación británica/estadounidense: /səˈmə/ Modelo:Respell.[5][6]
  2. samoano: Malo Saʻoloto Tutoʻatasi o Sāmoa; samoano: Sāmoa, AFI: [ˈsaːmʊa]
Referencias
  1. "Population & Demography Indicator Summary". Samoa Bureau of Statistics. Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2019. Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para samoano.
  3. Whitley, David (29 de xaneiro de 2016). "The 22 places you're probably pronouncing incorrectly". Stuff. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2022. Consultado o 8 de febreiro de 2022. 
  4. Deverson, Tony; Kennedy, Graeme, eds. (2005). "Samoa". The New Zealand Oxford Dictionary. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-558451-6. doi:10.1093/acref/9780195584516.001.0001. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2022. Consultado o 8 de febreiro de 2022. 
  5. Modelo:Cite RDPCE
  6. "Definition of 'Samoa'". Collins. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2022. 
  7. "List of Member States: S". United Nations. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2007. Consultado o 27 de novembro de 2007. 
  8. "The Navigator Islands". The Argus. 2 de xaneiro de 1882. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2022. Consultado o 1 de maio de 2017. 
  9. "Samoa". Polynesian Culture Center. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. 
  10. Census 2016 Preliminary Count Report, Samoa Bureau of Statistics.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Goberno

Información xeral