Fidxi
Republic of Fiji (en) Matanitu Tugalala o Viti (fj) Fidźi Ganaradźja (hif) Viti (fj) | |||||
Himno | Meda dau doka | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Rerevaka na Kalou ka Doka na Tui» «Fear God and honour the Queen» «Бой се от Бога, почитай кралицата» «Ble mae Hapusrwydd yn eich Canfod» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Suva | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 905.502 (2017) (49,55 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa Lingua fidxiana Hindi de Fidxi | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 18.274 km² | ||||
Punto máis alto | Monte Tomanivi (1.324 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Pacífico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1970 | ||||
Organización política | |||||
• Presidente | Wiliame Katonivere (2021–) | ||||
• Primeiro ministro | Sitiveni Rabuka (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento de Fidxi , (Escano: 51) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 4.296.235.428 $ (2021) | ||||
Moeda | Dólar fidxiano | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .fj | ||||
Prefixo telefónico | +679 | ||||
Teléfono de emerxencia | Emergência 000 (pt) , 911 e 919 (pt) | ||||
Código de país | FJ | ||||
Páxina web | fiji.gov.fj… | ||||
Fidxi[1][2] (i/ˈfiːdʒi/ en inglés: Fiji; en fidxiano: Matanitu ko Viti; en hindustano: फ़िजी, فِجی,[3]), oficialmente a República de Fidxi,[4] é un país insular en Melanesia, parte de Oceanía no sur do océano Pacífico. Atópase a uns 20000 km. ao nordés de Nova Zelandia. Fidxi está formado por un arquipélago de máis de 330 illas, das cales unhas 110 están habitadas permanentemente, e máis de 500 illotes, o que supón unha superficie total duns 18.300 km². O grupo de illas máis periférico é Ono-i-Lau. Aproximadamente o 87% da poboación total de 924.610 habitantes vive nas dúas illas principais, Viti Levu e Vanua Levu. Cerca de tres cuartas partes dos fidxiáns viven nas costas de Viti Levu: ben na cidade capital de Suva ou en centros urbanos máis pequenos como Nadi, onde o turismo é a principal industria local, ou en Lautoka, onde a industria da cana de azucre é dominante. O interior de Viti Levu está pouco habitado debido ao seu terreo.[5]
A maioría das illas de Fidxi formáronse pola actividade volcánica que comezou hai uns 150 millóns de anos. Algunha actividade xeotérmica aínda ocorre hoxe nas illas de Vanua Levu e Taveuni.[6] Os sistemas xeotérmicos de Viti Levu son de orixe non volcánica e teñen descargas superficiais de baixa temperatura (entre aproximadamente 35 º e 60 °C).
Os humanos viven en Fidxi desde o segundo milenio antes de Cristo, primeiro os austronesios e máis tarde os melanesios, con algunhas influencias polinesias. Os europeos visitaron Fidxi por primeira vez no século XVII.[7] En 1874, despois dun breve período no que Fidxi era un reino independente, os británicos estableceron a colonia de Fidxi. Fidxi funcionou como colonia da Coroa ata 1970, cando se independizou e pasou a ser coñecida como Dominio de Fidxi. En 1987, tras unha serie de golpes de estado, o goberno militar que tomara o poder declarouno república. Nun golpe de estado de 2006, o comodoro Frank Bainimarama tomou o poder. En 2009, o Tribunal Superior de Fidxi determinou que o liderado militar era ilegal. Nese momento, o Presidente "Ratu" Josefa Iloilo, a quen os militares mantiveran como xefe de estado nominal, derogou formalmente a Constitución de 1997 e volveu nomear a Bainimarama como primeiro ministro. Máis tarde, en 2009, "Ratu" Epeli Nailatikau sucedeu a Iloilo como presidente.[8] O 17 de setembro de 2014, despois de anos de atrasos, tiveron lugar unhas eleccións democráticas. O partido FijiFirst de Bainimarama obtivo o 59,2% dos votos, e os observadores internacionais consideraron que as eleccións eran cribles.[9]
Fidxi ten unha das economías máis desenvolvidas do Pacífico[10] polos seus abundantes recursos forestais, minerais e pesqueiros. A moeda é o dólar fidxiano, sendo as principais fontes de divisas a industria turística, as remesas dos fidxiáns que traballan no estranxeiro, as exportacións de auga embotellada e a cana de azucre. O Ministerio de Goberno Local e Desenvolvemento Urbano supervisa o goberno local de Fidxi, que toma a forma de concellos de cidades e vilas.[11]
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros habitantes de Fidxi chegaron do Sueste Asiático tempo antes de que fosen descubertas por exploradores europeos no século XVII. Con todo, non foi ata o século XIX, que os europeos viñeron ás illas a establecerse de forma permanente. As illas sometéronse ao control británico como colonia en 1874. A independencia foi concedida en 1970, aínda que a raíña Isabel II seguía reinando no país. En 1987 un golpe de estado promulgaría a República, que se mantén hoxe día. Realizouse unha nova constitución, igualitaria entre as dúas grandes etnias do país, indios e os nativos fidxianos. Dez anos despois, no 2000, George Speight nacionalista nativo cometeu un golpe de estado que foi contrarrestado por outro realizado por Frank Bainimarama que restaurou a normalidade democrática impondo a Laisenia Qarase como primeiro ministro.
O 4 de decembro de 2006, o comodoro Bainimarama realiza un golpe de estado contra Qarase. Bainimarama volveuse contra o goberno pola clemencia coa que actuaba Qarase ante os golpistas de Speight. As tropas rodearon a residencia de Qarase, apartándoa do resto da capital. Homes armados formaron barricadas por toda a capital, incluíndo os arredores da oficina de Qarase. Os soldados tamén atacaron comisarías e fixéronse coas armas da única unidade armada da policía, ademais de desarmar aos gardacostas do propio Qarase. Bainirama converteuse no presidente de facto do país, impondo a Jona Senilagakali como primeiro ministro. A situación acougouse en parte o 5 de xaneiro de 2007 ao devolver Bainimarama a presidencia a Ratu Josefa Iloilo. Un día despois Iloilo nomeaba ao comodoro primeiro ministro do país.
Política
[editar | editar a fonte]Fidxi é unha república desde 1987 tras un golpe de estado na que o poder executivo pasou do gobernador británico a un Consello de Ministros encabezado por un primeiro ministro. A constitución de 1990 foi redactada para que os nativos fidxianos monopolizasen o poder político do país pero foi emendada en 1997 permitindo aos non nativos unha maior participación.
O presidente é o xefe do Estado, elixido polo Parlamento, con poderes bastante limitados agás en caso de crise. O primeiro ministro do país ha de ser elixido por maioría polo parlamento coa arbitraxe do presidente e é quen dirixe o goberno. O parlamento é bicameral, hai un Senado con 34 escanos (24 dos cales estaban reservados para os nativos das Illas Fidxi de Melanesia, 9 para a poboación doutras razas e 1 para a illa polinesia de Rotuma) e un Congreso de 70 escanos (37 para os nativos de Fidxi, 27 para cidadáns de orixe india, 5 para representantes doutras etnias e 1 para a illa de Rotuma). O sistema legal baséase no británico.
Organización político-administrativa
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Subdivisións de Fidxi.
Fidxi divídese en catro grandes divisións que se dividen en 14 provincias. Son:
- División Central ten 5 provincias: Naitasiri, Namosi, Rewa, Serua, e Tailevu.
- División Oriental ten 3 provincias: Kadavu, Lau e Lomaiviti.
- División Norte ten 3 provincias: Bua, Cakaudrove e Macuata.
- División Occidental ten 3 provincias: Ba, Nadroga-Navosa e Ra.
Á parte, a illa de Rotuma, ao norte do arquipélago, ten o status de dependencia.
Fidxi dividiuse en tres confederacións ou gobernos durante o reinado de Seru Epenisa Cakobau, aínda que estas non se consideran divisións políticas, aínda se consideran importantes nas divisións sociais dos indíxenas fidxiáns:
Confederación | Xefe |
---|---|
Kubuna | Vacante |
Burebasaga | Ro Teimumu Vuikaba Kepa |
Tovata | Ratu Naiqama Tawake Lalabalavu |
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de Illas de Fidxi.
Fidxi consiste en 322 illas, das cales ao redor dun terzo están habitadas. Ademais, hai outras 522 illas menores. As dúas illas máis importantes son Viti Levu e Vanua Levu. En Viti Levu están a capital Suva, Lautoka e Nadi (sede do principal aeroporto internacional de Fidxi). En Vanua Levu, as principais cidades son Labasa e Savusavu. Ambas as illas son montañosas, con picos de máis de 1.200 metros, e están cubertas por bosque tropical. Viti Levu concentra aproximadamente dous terzos da poboación do país, e combinada con Vanua Levu representan máis do 80% da poboación do país.
Outras illas importantes de Fidxi son Taveuni, Kadavu (a terceira e cuarta illa en tamaño respectivamente), o grupo de Mamanuca e o grupo Yasawa son populares destinos turísticos, cos grupos Lomaiviti e Lau. Rotuma atópase a cincocentos quilómetros ao norte do arquipélago.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Fidxi.
Demografía
[editar | editar a fonte]A poboación actual alcanza os 905.949 (estimada en xullo de 2006), cunha densidade de 49 hab/km². Os fidxianos nativos son unha mestura de polinesios e melanesios, resultado das antigas migracións que tiveron lugar no Pacífico Sur séculos atrás. A poboación fidxiana de orixe india creceu rapidamente entre 1879 e 1916 para traballar nos campos de cana de azucre. E logo continuou crecendo debido á migración voluntaria ata alcanzar a maioría, pero tras o golpe de estado de 1879 comezou a decrecer pola emigración. Tamén hai minorías de europeos e chineses. A lingua oficial é o inglés, pero a lingua falada polos nativos é o fidxiano, lingua da familia malaio-polinesia, e polos habitantes de orixe india é o hindi fidxiano, variedade local do hindustano.
Relixión
[editar | editar a fonte]A maioría dos fidxianos nativos son cristiáns, sendo sobre todo metodistas e católicos. En canto aos indo-fidxianos, son un 77% de relixión hindú, máis de 15% musulmáns e 6% cristiáns. Hai tamén uns poucos sijs. A denominación cristiá máis grande é a Igrexa Metodista de Fidxi e Rotuma. Ten a poboación máis grande en Fidxi que en ningunha outra nación (36.2% da poboación de Fidxi pertence a esta igrexa). A igrexa católica tamén é significante (8.9%).
Os hindús pertencen á seita Sanatan (74.3% dos hindús), mentres que o 22% non especifican a cal seita pertencen. A maioría dos musulmáns son sunnitas. Outras relixións que existen pero con menos poboación son o sikhismo e o bahaísmo.
Cultura
[editar | editar a fonte]Debido á súa diversidade étnica e relixiosa. A cultura do país é o resultado dun mosaico entre as tradicións indíxena, india e europeas. A cultura dos nativos ten características entre melanesias e polinesias, aínda que experimentou cambios debido á cristianización.
O deporte preferido no país é o Rugby, habendo participado o equipo nacional en varios campionatos do mundo. Doutra banda, tamén existe unha selección de fútbol, situada no posto 150º da clasificación mundial da FIFA. A súa mellor participación nun torneo internacional foi un terceiro posto na Copa de Oceanía de 1998.
As festas oficiais de Fidxi reflicten a súa diversidade cultural
Data | Nome en galego | Nome local | Notas |
---|---|---|---|
1 de xaneiro | Día de ano novo | New Year´s Day | As celebracións poden continuar durante unha semana e ata un mes nalgunhas zonas. |
Febreiro/marzo | Festival de cores | Holi | Festa hindú |
Marzo/abril | Ram Naumi | Ram Naumi | Celebración hindú en honra do señor Ram |
Marzo/abril | Semana Santa | Easter | Son festa oficial o domingo e o
venres |
30 de maio | Día de Ratu Sir Lala Sukuna | Sir Lala Sukuna's Day | Festa que fai honra ao primeiro presidente do país independente |
Xullo | Día da constitución | Constitution Day | Conmemora a adopción da constitución de Fidxi |
Xullo | Día do nacemento de Mahoma | - | Festa musulmá |
Setembro | Festival do azucre | Sugar Festival | Celebrado en Lautoka |
10 de outubro | Día de Fidxi | Fiji Day | É o aniversario tanto da cesión ao Reino Unido como a obtención da independencia en 1970 |
Outubro/novembro | Festival das luces | Diwali | Festa hindú en honra de Lakshmi deusa da riqueza e a prosperidade. |
25 de decembro | Nadal | Christmas | Festival de Nadal |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Deverson, Tony; Kennedy, Graeme, eds. (2005). "Fiji". The New Zealand Oxford Dictionary. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-558451-6. doi:10.1093/acref/9780195584516.001.0001. Consultado o 18 de febreiro de 2022.
- ↑ En febreiro de 2011, a oficina do primeiro ministro emitiu un comunicado dicindo que o nome do estado cambiou oficialmente de República das Illas Fiji a "República de Fidxi" e que o nome escrito na constitución de 1997 era agora nulo (a constitución está suspendida desde abril de 2009). Compare: "Country is now officially called Republic of Fiji". Fijivillage.com. 3 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2016.
The country is now officially called Republic of Fiji.
O Secretario permanente da Oficina do Primeiro Ministro, o coronel Pio Tikoduadua dixo que o nome, República das Illas Fidxi, tal e como se indica na constitución de 1997 xa non é aplicable. - ↑ "Fiji: People". United States of America State department. 28 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2010.
- ↑ "Fiji Geography". fijidiscovery.com. 2005. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2011. Consultado o 15 de setembro de 2010.
- ↑ "Fiji: History". infoplease.com. 2005. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2010. Consultado o 15 de setembro de 2010.
- ↑ "Fiji's president takes over power". BBC. 10 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2009. Consultado o 15 de setembro de 2010.
- ↑ Perry, Nick; Pita, Ligaiula (29 de setembro de 2014). "Int'l monitors endorse Fiji election as credible". Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2014. Consultado o 25 de setembro de 2014.
- ↑ "Fiji High Commission :: About Fiji". www.fiji.org.nz. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2023. Consultado o 13 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Fiji – Our Government". fiji.gov.fj. 9 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2010. Consultado o 15 de setembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fidxi |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Goberno
[editar | editar a fonte]- Goberno das Illas Fidxi Arquivado 08 de decembro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
- Chief of State and Cabinet Members
- Fiji Bureau of Statistics
Información xeral
[editar | editar a fonte]- Geologic Map
- Wikimedia Atlas de Fiji.
- Fiji. The World Factbook. Central Intelligence Agency.
- Fiji at UCB Libraries GovPubs
- Fidxi en Curlie (en inglés)
- Fiji profile from the BBC News