Saltar ao contido

Newsweek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Newsweek
Logotipo
Imaxe
 Título
Newsweek Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Datas
 Data de comezo
17 de febreiro de 1933 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
1933 Editar o valor en Wikidata
 Periodicidade
1 semana Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de publicación
 País de orixe
Identificadores
ISSN0028-9604 Editar o valor en Wikidata
OCLC840302866 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01fcfs Editar o valor en Wikidata
OpenAlexS4210176680 e S4306495958 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: Newsweek Twitter: Newsweek Instagram: newsweek Bluesky: newsweek.com Youtube: UC2a35q7eyzkfoIusBzdH4Hw Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Newsweek é unha revista de novas de aparición semanal. Publícase en Nova York e distribúese nos Estados Unidos.

Debido a problemas financeiros, Newsweek suspendeu as súas edicións impresas o 31 de decembro de 2012 e volveu retomalas o 7 de marzo de 2014.

Orixinalmente denominada News-Week, foi fundada por Thomas J.C. Martyn o 17 de febreiro de 1933. Ese número contiña sete fotografías das novas da semana na súa portada. Co paso do tempo ampliou o concepto de revista de novas, dende historias persoais á análise e a crítica. En 1961 The Washington Post Company comprou a revista.

A data de 2003, calculábase que tiña unha distribución mundial de máis de 4 millóns de exemplares, incluíndo 3,1 millóns nos Estados Unidos. Tamén publica edicións en xaponés, coreano, polaco, ruso, español e árabe, ademais de Newsweek International en inglés.

Aínda que estea centralizada en Nova York, ten 22 oficinas: nove nos Estados Unidos e en Pequín, São Paulo, Río de Xaneiro, Buenos Aires, Cidade do Cabo, Frankfurt, Hong Kong, Xerusalén, Londres, Cidade de México, Moscova, París, Tokyo e Varsovia.

Dende 2008, Newsweek atravesou varios problemas financeiros, que se viron reflectidos en reducións sucesivas. En agosto, o grupo The Washington Post vendeu esta revista ó empresario Sidney Harman por un prezo simbólico de 1 dólar.[1][2] O editor Jon Meacham renunciou tras concretarse a venda. En novembro de 2010, Newsweek fusionouse co sitio web de opinión The Daily Beast. Newsweek é propiedade conxunta de Harman e IAC.[3][4]

  1. Lloyd Grove. "How Newsweek Blew It". The Daily Beast. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  2. "Audio Pioneer Buys Newsweek". The New York Times. 
  3. "Daily Beast, Newsweek to Wed!". The Daily Beast. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  4. "The Daily Beast and Newsweek confirm merger". The Spy Report (Media Spy). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2018.