Saltar ao contido

Bermudas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bermudas
 Nome orixinal
    Bermuda (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Bermuda (en)
Bermudy (sk) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Bermudian (en)
bermudiane (it)
bermudiani (it)
bermudan (lfn)
bermudês (pt)
bermudano (eo)
bermudiana (it)
ברמודית (he)
Bermudan (en)
bermudiano (it)
Bermudien (fr)
ברמודי (he)
Beirmiúdach (ga) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Epónimo
 Texto lema
Quo Fata Ferunt
Whither the Fates carry (us)
Awn Gyda thynged
Каквото съдбата донесе Editar o valor en Wikidata
 Himno
Características
 Lingua oficial
 Lingua usada
 Forma de goberno
 Economía
 Moeda
Implicados
 Xefe de estado
 Xefe do goberno
 Órgano lexislativo
 Órgano executivo
 Máxima autoridade xudicial
 Membro de
 Banco central
Datas
 Fundación / creación
1612 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Escindido de
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Xeografía
 Continente
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
44.400 (1960)
45.500 (1961)
46.600 (1962)
47.700 (1963)
48.900 (1964)
50.100 (1965)
51.000 (1966)
52.000 (1967)
53.000 (1968)
54.000 (1969)
55.000 (1970)
54.600 (1971)
54.200 (1972)
53.800 (1973)
53.400 (1974)
53.000 (1975)
53.200 (1976)
53.400 (1977)
53.600 (1978)
53.800 (1979)
54.670 (1980)
55.050 (1981)
55.449 (1982)
55.930 (1983)
56.423 (1984)
56.898 (1985)
57.382 (1986)
57.849 (1987)
58.347 (1988)
58.841 (1989)
59.326 (1990)
59.021 (1991)
58.595 (1992)
58.910 (1993)
59.320 (1994)
59.746 (1995)
60.129 (1996)
60.497 (1997)
60.943 (1998)
61.285 (1999)
61.833 (2000)
62.504 (2001)
62.912 (2002)
63.325 (2003)
63.740 (2004)
64.154 (2005)
64.523 (2006)
64.888 (2007)
65.273 (2008)
65.636 (2009)
65.124 (2010)
64.564 (2011)
64.798 (2012)
65.024 (2013) Editar o valor en Wikidata
 PIB nominal
7.127.200.000 $ (2021)
7.550.500.000 $ (2022) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   53 km² Editar o valor en Wikidata
 Voltaxe doméstica
   120 V Editar o valor en Wikidata
 Esperanza de vida
81,22707 a (2016)
81,0122 a (2015)
80,79732 a (2014)
80,57244 a (2013)
81,6778 a (2012)
81,15268 a (2011)
79,28854 a (2010)
79,38844 a (2009)
79,23659 a (2008)
78,93415 a (2007)
78,8878 a (2006)
78,68537 a (2005)
78,48537 a (2004)
78,33415 a (2003)
78,0878 a (2002)
77,88537 a (2000, 2001) Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   25 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap1993208 Editar o valor en Wikidata
VIAF126599932 Editar o valor en Wikidata
TasteAtlasbermuda Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0165b Editar o valor en Wikidata
MeSHD001605 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Prefixo telefónico
+1441 Editar o valor en Wikidata
 Teléfono de emerxencia
 Dominio
Enciclopedia Galega Universal: 85781 BNE: XX453621
Wikidata G:Commons C:Commons

As illas Bermudas[1][2] (en inglés: Bermuda, /bərˈmjuːdə/, historicamente coñecidas como as Bermudas ou Illas Somers) é un Territorio Británico de Ultramar no océano Atlántico Norte. O arquipélago das Bermudas está formado por 181 illas cunha superficie total de 53,2 km². A terra máis próxima fóra do territorio atópase no estado estadounidense de Carolina do Norte, aproximadamente 1035 km. ao oeste-noroeste.

As Bermudas teñen un clima subtropical, con invernos suaves e veráns cálidos. Propenso aos furacáns,[3] o seu clima tamén presenta características de oceánico similares a outras áreas costeiras do hemisferio norte, con aire cálido e húmido do océano que garante unha humidade relativamente alta e unha temperatura estable.

As Bermudas reciben o nome do explorador español Juan de Bermúdez, que descubriu o arquipélago en 1505. As illas estiveron habitadas permanentemente desde 1612 e, formando parte da América Británica, convertéronse nunha colonia da coroa en 1684. Os primeiros Escravos africanos chegaron en 1616, pero como o comercio de escravos cesou a finais do século XVII, a colonia converteuse nunha base para comerciantes, corsarios, e a Mariña Real. Máis recentemente, o turismo foi un contribuínte importante á economía das Bermudas. Despois da segunda guerra mundial, o territorio converteuse nun destacado centro financeiro offshore e paraíso fiscal.

En xullo de 2018, as Bermudas tiñan unha poboación de preto de 70.000 persoas, polo que é o máis poboado dos territorios británicos de ultramar.[4] Bermudanos negros, descendentes principalmente de escravos africanos, constitúen ao redor do 50% da poboación, mentres que os Bermudanos brancos, principalmente de ascendencia británica, irlandesa e portuguesa, representan o 30%.

A capital é Hamilton. Na colonia circula a libra das Bermudas en paridade co dólar estadounidense. O arquipélago é un paraíso fiscal, nos últimos anos está a crece-lo sector turístico.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

As Bermudas reciben o nome do mariñeiro español Juan de Bermúdez, que descubriu as illas en 1505,[4] mentres navegaba para España dunha viaxe de avituallamento a Hispaniola no barco La Garça. (O nome é polo tanto do nome visigodo "Bermund" ou "Veremund".)

Descubertas polo español Juan de Bermúdez, baixo o mandato británico obtiveron pronto grande autogoberno, establecendo o sistema lexislativo en 1620, o que o converte nun dos máis antigos do mundo.

A principios do século XX, cando o transporte moderno e os sistemas de comunicación se desenvolveron, as Bermudas fixéronse un destino popular para turistas estadounidenses, británicos e canadenses ricos. Ademais, a tarifa decretada polos Estados Unidos en 1930 danou o comercio agrícola de exportación - principalmente de verduras frescas cos Estados Unidos - estimulando con iso o desenvolvemento da industria turística no territorio de ultramar, que, tras o comercio internacional, é a segunda en importancia económica da illa.

Durante a segunda guerra mundial, as Bermudas adquiriron importancia como base militar debido á súa posición estratéxica no océano Atlántico. En 1941, os Estados Unidos asinaron un acordo de préstamo-arrendamento co Reino Unido dando aos británicos os destrutores do exército estadounidenses dabondo a cambio de dereitos de arrendamento durante 99 anos para establecer bases navais e aéreas nas Bermudas[Cómpre referencia]. As bases consistían en 5,8 km² de terra en gran parte reclamada ao mar. A Estación Aérea Naval estadounidense estaba sobre a Illa de Saint David, mentres o seu anexo se achaba ao final occidental da illa no Gran Fondeadoiro.

Desde o 1 de setembro de 1995, ambas as bases foron clausuradas, dado que eran bases británicas e canadenses na illa. As cuestións sen resolver acerca da retirada en 1995 das forzas estadounidenses - relacionadas principalmente con factores ambientais - atrasaron a volta formal das terras baixas ao Goberno das Bermudas. Os Estados Unidos formalmente devolveron as terras das súas bases en 2002.

Goberno e política

[editar | editar a fonte]

Poder executivo: A autoridade máxima é o Xefe do Estado, o rei Carlos III do Reino Unido, representado nas Bermudas polo gobernador John Vereker. O poder executivo local está a cargo do primeiro ministro Ewart Brown e o seu gabinete.

Poder lexislativo: Bermudas posúe un sistema parlamentario bicameral. O senado componse de 11 membros, 5 deles son elixidos polo primeiro ministro, 3 polo líder da oposición e tres polo gobernador. A Asemblea está constituída por 40 membros elixidos por voto directo cada cinco anos. O primeiro ministro nomea o gabinete coa aprobación do gobernador.

Poder xudicial: O máximo organismo é a Corte Suprema.

Partidos políticos:

  • Partido Ambientalista (AP)
  • Partido Laborista Progresista (PLP)
  • Partido Nacional Liberal

Bermudas divídese en 3 departamentos e 15 municipios.

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía das Bermudas.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno40.00045.00050.00055.00060.00065.00070.0001960197019801990200020102020BermudasEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

54,8% da poboación é de raza negra, 34,1% branca e 6.4% multirracial. As illas teñen unha pequena, pero crecente, comunidade de asiáticos. Unha porción significativa da poboación é tamén descendente de portugueses (10%) como resultado da inmigración de habitantes das illas que pertencen ou pertencían a Portugal, en especial das Illas Azores, durante os últimos 160 anos.

Mapa das Bermudas.
Festas
DataNome en galegoNome local
1 de xaneiroAno NovoNew Year's Day
24 de maioDía das BermudasBermuda Day
2º luns de xuñoAniversario da RaíñaQueen's Birthday
Xoves antes o 1º luns en agostoDía da EmancipaciónEmancipation Day
Venres antes do 1º luns de anostoSomer's Day
1º luns de setembroDía do traballoLabour Day
11 de novembroDía do RecordoRemembrance Day
25 de decembroDía de NadalChristmas Day
26 de decembroBoxing Day
  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bermudano.
  2. ↑ Definición de bermudano, -da no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. ↑ Kara, James B. Elsner; A. Birol (1999). Hurricanes of the North Atlantic: climate and society. New York, NY [u.a.]: Oxford Univ. Press. ISBN 978-0195125085.
  4. 1 2 "North America :: Bermuda". CIA World Factbook. xullo 2018. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2021. Consultado o 4 de febreiro de 2019. Modelo:CIA World Factbook

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]