Hípica nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logo olímpico da hípica.

A hípica é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dende os Xogos Olímpicos de 1900 celebrados na cidade de París (Francia). Nas edicións de 1904 e 1908 non foi incluído, mais nos Xogos Olímpicos de 1912 disputados en Estocolmo (Suecia) volveu formar parte do programa, un feito que non mudou dende ese momento.

Até o ano 1952, este deporte estivo reservado soamente aos xinetes masculins, mais a partir dos xogos dese mesmo ano, as probas foron consideradas como mixtas. Este deporte, así como a proba ecuestre de péntatlon moderno, son os únicos deportes olímpicos nos que participan animais.

Os grandes dominadores desta disciplina son Alemaña (así como a República Federal Alemá), Suecia, Francia e os Estados Unidos de América.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]