Xogos Olímpicos de 2000
![]() | |
Sede | Sydney, ![]() |
---|---|
Lema | The games of the new millennium Share the Spirit - Dare to dream |
Nacións | 199 |
Atletas | 10 651 (6 582 homes, 4 069 mulleres)[1] |
Eventos | 300 en 28 deportes (40 disciplinas) |
Apertura | 15 de setembro de 2099 |
Clasura | 1 de outubro de 2000 |
Inaugurado por | Gobernador Xeral William Deane[2] |
Lapa olímpica | Cathy Freeman[2] |
Estadio | Stadium Australia |
Os XXIV Xogos Olímpicos de Sidney, Australia, realizados entre o 15 de setembro e o 1 de outubro do ano 2000 e tamén coñecidos como Xogos do Milenio, foron os maiores organizados até o de entón, con 10.651 atletas de 199 países competindo en 300 eventos deportivos. Sucedéronse nunha atmosfera pacífica e estiveron ben organizados.
Australia, país anfitrión, preparouse para os seus Xogos coa intención de tornarse unha potencia olímpica e conquistou a espectacular marca de 58 medallas, sendo 16 de ouro, ficando na cuarta posición no cadro de medallas final dos Xogos, a mellor participación da súa historia.
Proceso de candidatura[editar | editar a fonte]
Ademais de Sidney, catro cidades máis tentaron realizar os Xogos da XXVII Olimpíada: Pequín (China), Berlín (Alemaña), Istambul (Turquía) e Manchester (Inglaterra). A escolla de Sidney como sede foi en certo modo unha sorpresa, pois a favorita era Pequín.
Xogos Olímpicos de 2000 | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
101º Sesión do Comité Olímpico Internacional 23 de setembro de 1993, Monte Carlo, Mónaco | ||||||
Cidade | País | Votación | ||||
![]() |
Sidney | Australia | 30 | 30 | 37 | 45 |
![]() |
Pequín | China | 32 | 37 | 40 | 43 |
![]() |
Manchester | Reino Unido | 11 | 13 | 11 | - |
![]() |
Berlín | Alemaña | 9 | 9 | - | - |
![]() |
Istambul | Turquía | 7 | - | - | - |
Cerimonia de Apertura[editar | editar a fonte]
O facho olímpico foi acendido pola descendente de aborixes Kathy Freeman, nun simbólico mea culpa dos australianos pola dominación e case extinción da raza indíxena que habitaba Australia antes da chegada dos brancos. Esta mesma atleta gañaría despois a medalla de ouro nos 400 metros lisos.
As dúas Coreas entraron no estadio unidas baixo a mesma bandeira por primeira vez nos Xogos, mais competiron separadas.
Catro atletas de Timor Leste, recentemente independente e aínda loitando pola autonomía, desfilan na apertura dos Xogos, baixo o manto da bandeira olímpica (participan como participantes olímpicos independentes).
Atletas destacados[editar | editar a fonte]
Ian Thorpe, australiano de 17 anos, tórnase no maior nome da natación dos Xogos, ao gañar tres medallas de ouro, quebrando a súa propia marca mundial nos 400m libres. No caso feminino é a neerlandesa Inge de Bruijn, con tres ouros e unha marca mundial.
Steve Redgrave, de Gran Bretaña, conquista a súa quinta medalla de ouro consecutiva en cinco Xogos consecutivos no remo.
O loitador de taekwondo Hieu Ngan Tran, gañou a primeira medalla, de prata, de Vietnam, dende a primeira participación do país en 1952.
O sistema de selección de deportistas olímpicos en cada país tamén deu lugar a situacións rechamantes, como a de Eric Moussambani, nadador de Guinea Ecuatorial. Tiña aprendido a nadar apenas seis meses antes do inicio dos Xogos e durante as competicións de Sidney foi a primeira vez que nadaba en piscinas con distancia oficial (en Guinea Ecuatorial non existían piscinas olímpicas). O nadador competiu nos 100 m libres só, xa que os dous competidores da súa serie foran desclasificados. Case afoga, chegando cun tempo de máis do dobre que os demais clasificados, mais pola súa simpatía e polo espírito olímpico converteuse nun dos deportistas destacados da competición.
Modalidades disputadas[editar | editar a fonte]
Nestes Xogos, o tríatlon e o taekwondo fixeron a súa estrea olímpica.
Cadro de medallas[editar | editar a fonte]
Cadro de Medallas | ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | ![]() |
![]() |
![]() |
Total |
1 | ![]() |
40 | 24 | 33 | 97 |
2 | ![]() |
32 | 28 | 28 | 88 |
3 | ![]() |
28 | 16 | 15 | 59 |
4 | ![]() |
16 | 25 | 17 | 58 |
5 | ![]() |
13 | 17 | 26 | 56 |
6 | ![]() |
13 | 14 | 11 | 38 |
7 | ![]() |
13 | 8 | 13 | 34 |
8 | ![]() |
12 | 9 | 4 | 25 |
9 | ![]() |
11 | 11 | 7 | 29 |
10 | ![]() |
11 | 10 | 7 | 28 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "The Olympic Summer Games Factsheet" (PDF). International Olympic Committee. Consultado o 5 de agosto de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 "Factsheet - Opening Ceremony of the Games of the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 9 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xogos Olímpicos de 2000 ![]() |