Ghana
| Ghana (ak) Gana (dag) Gaana (tw) | |||||
| Himno | God Bless Our Homeland Ghana | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Lema | «Freedom and Justice» «Rhyddid a Chyfiawnder» | ||||
| Epónimo | Imperio de Ghana | ||||
| Localización | |||||
| |||||
| Capital | Accra | ||||
| Contén a división administrativa | Ashanti (pt) Bono East Region (en) Bono Region (en) Central (pt) Grande Acra (pt) North East Region (en) Oti Region (en) Região do Volta (pt) Rexión Ahafo Rexión Alta Occidental Rexión Norte Rexión Oriental Savannah Region (en) Western North Region (en) rexión Occidental rexión Superior Oriental | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 32.833.031 (2021) | ||||
| Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 238.535 km² | ||||
| Bañado por | Océano Atlántico | ||||
| Punto máis alto | Monte Afadja (pt) | ||||
| Punto máis baixo | golfo de Guinea (0 m) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1957 | ||||
| Organización política | |||||
| Forma de goberno | democracia | ||||
| • Presidente | John Dramani Mahama (2025–) | ||||
| Órgano executivo | Governo do Gana (pt) | ||||
| • Presidente | Nana Akufo-Addo (2017–) | ||||
| Órgano lexislativo | Parlamento do Gana (pt) | ||||
| Membro de | |||||
| PIB nominal | 79.156.409.410 $ (2021) | ||||
| Moeda | Cedi | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Dominio de primeiro nivel | .gh | ||||
| Prefixo telefónico | +233 | ||||
| Teléfono de emerxencia | 999, 191 (pt) | ||||
| Código de país | GH | ||||
| Sitio web | ghana.gov.gh | ||||
Ghana,[1][2][3] e oficialmente República de Ghana (en inglés: Republic of Ghana), é un país da África occidental, limitado a norte polo Burkina Faso, a leste polo Togo, a sur polo golfo de Guinea e a oeste pola Costa do Marfil. A súa capital é Accra.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia de Ghana previamente ao último cuarto do século XV deriva basicamente da tradición oral, que refere ás migracións dos reinos antigos de Sahel — actualmente a Mauritania e Malí. Antes designada de Costa do Ouro, e renomeada para Ghana na secuencia da súa independencia en 1957 debido ás indicacións que os actuais habitantes descenden de emigrantes que se moveron para o Sur do Imperio Ghana. Unha das partes interesantes da historia de Ghana é o retorno de libertos afro-brasileiros, formando unha comunidade chamada Tabón.
Ghana foi a primeira colonia da África negra en obter a independencia, o 6 de marzo de 1957, a partir da colonia británica de Costa do Ouro e do territorio de Togoland. A Lei de Independencia de Ghana de 1957 foi aprobada no Parlamento do Reino Unido, recibindo o consentimento real o 7 de febreiro de 1957. Desde 1992 é unha democracia.
Política
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Política de Ghana.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Subdivisións
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Subdivisións de Ghana.

Ghana debúllase en 10 rexións, as cales á súa vez se dividen en 130 distritos.
A maior en superficie é a Setentrional, cunha área de 70.388 km², e a menor é a do Gran Accra, con 2.593 km². As menos poboadas son as dúas rexións fronteirizas do norte, Ghana Occidental e Oriental, as cales tamén son as máis secas, pois encóntranse no límite meridional do Sahel. A zona suroeste de todo o territorio é a máis chuviosa, fértil e densamente poboada.
A rexión-reino dos Ashanti ten unha forte identidade que inclúe o mantemento dunha monarquía con fortes poderes simbólicos, culturais e representativos. É a máis poboada, por encima incluso do Gran Accra, onde se atopa a capital.
As rexións de Ghana son as seguintes:
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xeografía de Ghana.
Ghana sitúase no golfo de Guinea, na África occidental, algúns graos apenas ao norte do Ecuador. A metade do país fica a menos de 152 metros por riba do nivel do mar, e o seu punto máis elevado ten 883 m. Os 537 quilómetros de costa son principalmente litorais baixos e areosos, tras dos cales se estenden chairas cubertas por vexetación de pequeno porte, interseitada por varios ríos e ribeiras, a maioría dos cales só son navegábeis en canoas. Ao norte, preto da fronteira coa Costa do Marfil, esténdese unha faixa de foresta húmida tropical interrompida por outeiros densamente forestados e moitos ríos. Esta área, coñecida como Ashanti, produce moito do cacao, minerais e madeira do país. Ao norte desta faixa, a altitude varía entre 91 e 396 metros acima do nivel do mar e o territorio está coberto por arbustos baixos, sabana e chairas cobertas de herba.
O clima é tropical. A faixa costeira oriental é morna e comparativamente seca; o canto suroeste é quente e húmido; o norte é quente e seco. Existen dúas estacións das chuvias no sur: maio-xuño e agosto-setembro; no norte, as estacións das choivas tenden a fundirse. Un vento quente de nordeste, o harmadón, sopra en xaneiro e febreiro. A precipitación media anual na zona costeira é de preto de 83 centímetros.
O lago Volta, o maior lago feito polo ser humano, esténdese desde a barraxe de Akosombo no sueste de Ghana ata a cidade de Yapei, 520 quilómetros ao norte. O lago xera electricidade, é dunha vía de transporte no interior e é un recurso potencialmente valioso para a irrigación e mais para a acuicultura.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Ghana.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Demografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Demografía de Ghana.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Cultura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cultura de Ghana.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- Literatura: Ama Ata Aidoo, Kofi Anyidoho, Kofi Awoonor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ghanés.
- ↑ "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016.
- ↑ Malia o DRAG establecer que ganés, e xa que logo Gana, é incorrecto ás veces tamén se emprega:Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ganés. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 126. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 05 de abril de 2014.Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 103. ISBN 84-8158-266-2.Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Acra (Gana)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
