Illas Cook
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2022.) |
Coordenadas: 21°14′S 159°46′O / -21.233, -159.767
Cook Islands Kūki 'Āirani Illas Cook | ||
---|---|---|
| ||
Himno: Te Atua mou e | ||
Capital • Poboación | Avarua 13.373 (2005 est.) | |
Cidade máis poboada | Avarua | |
Linguas oficiais | Inglés e maorí das Illas Cook | |
Forma de goberno | Estado Libre Asociado | |
Isabel II Tom Marsters Mark Brown | ||
• Data | Libre asociación con N.Z. 4 de agosto de 1965 | |
Superficie | Posto 219º | |
• Total | 240 km² | |
• % auga | 0 % | |
Fronteiras | 0 km km | |
Costas | 120 km km | |
Poboación | Posto 219º | |
• Total | 21.338 (2005 est.) hab. | |
• Densidade | 87 hab./km² | |
PIB (nominal) | ||
• Total | n/d | |
• per cápita | n/d | |
• Total (1998) | $112 millóns | |
• per cápita | $5.600 | |
Moeda | Dólar neozelandés e Dólar das Illas Cook. | |
IDH | n/d | |
Xentilicio | Cookiano, cookiana | |
Fuso horario | UTC -10 | |
• Horario de verán | = | |
Dominio de Internet | .ck | |
Prefixo telefónico | +682 | |
Prefixo radiofónico | n/d | |
Código ISO | 184 / COK / CK | |
Membro de: - Commonwealth | ||
As Illas Cook (en inglés Cook Islands, en maorí das Illas Cook Kūki 'Āirani) conforman un arquipélago localizado no océano Pacífico Sur, entre Hawai e Nova Zelandia. Posúen un sistema de goberno democrático-parlamentario en Libre asociación con Nova Zelandia. As quince pequenas illas teñen unha área combinada de 240 km².
A capital é Avarua e o turismo é a industria máis importante. Unha forma popular de arte nas illas é o tivaevae, unha clase de colchas .
Historia[editar | editar a fonte]
Os primeiros contactos europeos na illa remóntanse en 1595 cando o explorador español Álvaro de Mendaña de Neyra avista a illa Pukapuka, e bautízaa como San Bernardo. En 1606 o explorador Pedro Fernández de Quirós avista Rakahanga, que a chama Xente Fermosa. En 1764 os británicos avistan Pukapuka e chámano Danger Island pero non chegan a asentarse.
Entre 1773 e 1779, o capitán James Cook reclamou para a coroa británica o arquipélago que agora leva o seu nome, entre as illas de Tahití e Tonga. En 1888, as illas adquiren o status de protectorado, pasando a ser anexadas en 1901 por Nova Zelandia. O 4 de agosto de 1965, Nova Zelandia confírelles ás Illas Cook a autonomía. En 1985 firma un tratado no cal declara o Pacífico Sur como zona non nuclear.
Política[editar | editar a fonte]
É unha dependencia cunha democracia representativa parlamentaria, onde a Raíña de Nova Zelandia, representada nas illas polo Representante da Raíña, é o Xefe de Estado, o Ministro Xefe é o xefe de goberno. As illas son autogobernadas en libre asociación con Nova Zelandia e son completamente responsables dos asuntos internos. Nova Zelandia retén algunhas responsabilidades de asuntos externos, en consulta coas Illas Cook. En anos recentes, as Illas Cook tiveron maior control nos seus asuntos externos e no 2005 tivo relacións diplomáticas con 18 países. O poder executivo é exercido polo goberno. O poder lexislativo é encomendado polo goberno e o Consello Lexislativo. O poder xudicial é independente do poder executivo e lexislativo.
O alto comisionado de Nova Zelandia é escollido polo goberno neozelandés. O gabinete é escollido polo primeiro ministro e é colectivamente responsable diante ao Parlamento, o Consello Lexislativo posúe 25 membros, elixidos por un termo de cinco anos, cun escano por distrito electoral. A Constitución vixente data do 5 de agosto de 1965 (modificada en maio de 1981). No país existen tres partidos políticos: o Partido Alianza Democrática, o Partido das Illas Cook e o Tumu Enua.
A defensa destas illas está baixo a responsabilidade de Nova Zelandia, en consulta coas Illas Cook e baixo o seu requirimento.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Situado entre os paralelos 9° e 23° ao sur, o arquipélago consta de 9 montañosas illas volcánicas ao sur e numerosos atois baixos ao norte, que en conxunto teñen unha área de 240 km cadrados. O punto máis alto é o Te Manga (652 m). A capital, Avarua, localízase na illa de Rarotonga.
O clima é tropical, moderado con algúns ventos. Polo xeral percorren tifóns de novembro a marzo.
Son 9 municipios.
Illas Cook do Sur[editar | editar a fonte]
Illas Cook do Norte[editar | editar a fonte]
- Manihiki
- Nassau
- Penrhyn Island, tamén coñecida como Tongareva ou Mangarongaro
- Pukapuka
- Rakahanga
- Suwarrow, tamén chamada Suvorov
Demografía[editar | editar a fonte]
A maioría dos habitantes son polinesios étnicos (81%), con minorías mestizas (15%), europeas (2%) e outras. A maioría profesa o protestantismo (moitos pertencentes á Igrexa Cristiá das Illas Cook) e existe unha minoría católica. Os idiomas oficiais son o inglés, o maorí das Illas Cook. Na Illa de Pukapuka fálase a lingua pukapukana.
Moitos habitantes emigraron a outros países, estímase que existen ao redor de 60.000 habitantes no estranxeiro; dos cales 40.000 están en Nova Zelandia. Existe dentro do país un decrecemento en todas as illas, excepto Rarotonga.
Economía[editar | editar a fonte]
Como se dá noutras nacións do Pacífico sur, a economía das Illas Cook sofre polo illamento do país, a falta de recursos naturais e a deficiente infraestrutura, sen mencionar os fenómenos meteorolóxicos que devastan regularmente a rexión.
A agricultura prové a maior parte dos ingresos, coa exportación de copra e cítricos. O resto da produción agrícola componse de tomate, chícharos, plátano, ananás, café, batata, taro e papaia. Cóntase tamén unha centena de produtores de perlas negras.
As illas Cook deben importar alimentos, téxtiles, combustible e madeira.
A industria está limitada á transformación de froitas, confección de roupa e produción de artesanías. O déficit comercial é emendado polas remesas de emigrantes e a axuda externa, en particular de Nova Zelandia.
Logo de declararse en quebra en 1996, o país tomou accións co fin de sortear a súa difícil situación económica. O número de funcionarios gobernamentais foi reducido á metade, pecháronse as representacións diplomáticas no estranxeiro e vendéronse os activos públicos.
O goberno busca promover o turismo, ofrecer facilidades fiscais, e propiciar o desenvolvemento da pesca e da minería. Os resultados foron regulares: os habitantes, maioritariamente de orixe polinesio, seguen tendo problemas para vivir coa débil produción local, polo que ven obrigados a emigrar.
Transportes[editar | editar a fonte]
O arquipélago dispón de dous portos, Avarua e Avatiu, e seis aeródromos (un con pista pavimentada). Existen 187 km de estradas, dos cales só 35 están pavimentados.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas Cook ![]() |