Xogos Olímpicos de 1976
Xogos da XXI Olimpíada | |
---|---|
![]() | |
Montreal 1976 | |
Estados Participantes | 92 |
Atletas | 6028 |
Eventos | 198 en 21 deportes |
Cerimonia de Apertura | 17 de xullo |
Cerimonia de Clausura | 1 de agosto |
Apertura oficial | Isabel II do Reino Unido |
Xuramento do Atleta | Pierre St.-Jean |
Entrada do Facho Olímpico | Stéphane Préfontaine e
Sandra Henderson |
Local | Stade Olympique |
Os Xogos Olímpicos de 1976 foron realizados en Montreal, Canadá, entre o 17 de xullo e o 1 de agosto de 1976, coa participación de 6.804 atletas de 92 estados competindo en 21 deportes, foron os primeiros marcados por un grande boicot de estados integrantes do movemento olímpico.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Lideradas pola República do Congo, 26 estados africanos, Iraq e Güiana recusaron participar nos Xogos, en protesta pola recusa do Comité Olímpico Internacional en impedir a participación neles de Nova Zelandia, que mandara a un famoso equipo de rugby local de excursión por Suráfrica, país apartado da comunidade deportiva internacional pola súa política racial do Apartheid, facendo que o nivel de diversas probas do atletismo ficase abaixo do se podería agardar, xa que os africanos dominaban esas probas.
Montreal, conquistou o dereito de sediar os Xogos contra cidades importantes como Os Ánxeles e Moscova.
Economicamente, os Xogos foron un fracaso, causando o maior prexuízo financeiro da historia da competición, máis de 2 billóns de dólares americanos, levando a Canadá a pasar décadas até conseguir eliminar a débeda contraída para a organización do evento. No campo deportivo, unha nova decepción, por primeira e única vez na historia, o país anfitrión terminaría a competición sen conseguir conquistar unha única medalla de ouro.
Curiosidades[editar | editar a fonte]
![]() | As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
- A raíña Isabel II abriu oficialmente os Xogos e toda a familia real británica compareceu na cerimonia de apertura. A chama olímpica transmitiuse “eletronicamente” por impulsos eléctricos de Atenas até Otava, capital do país, a través de sinais de satélite, levándose en relevo deseguido até Montreal, entrando no estadio conducida por unha parella de rapaces, un de descendencia francesa e a outra de descendencia inglesa, Stéphane Préfontaine e Sandra Henderson, representando as dúas culturas que formaron o país.
- Todo o moderno aparato de acendemento do facho vía electrónica transoceánica perigou cando días despois de aceso, debaixo de forte choiva, o lume da pira apagou e tivo que ser novamente acesa por un funcionario do estadio cun simple chisqueiro; os organizadores mandaron apagar a pira de novo para acendela cun facho substituto.
- A ximnasta romanesa Nadia Comaneci, de apenas 14 anos, foi a grande estrela de Montreal, sendo a primeira atleta da historia en recibir a nota perfecta de 10.0 neste deporte, na modalidade de barras asimétricas. A nota tivo que ser presentada nos marcadores eletrónicos do ximnasio como 1.00, pois non fora fabricado para presentar dous díxitos antes da división da fracción, xa que a nota 10 era considerada imposible. Comaneci conquistaría tres medallas de ouro e recibiría nada máis e nada menos que outras sete notas de 10 do equipo de xurados durante a competición.
- A ximnasta soviética de ascendencia mongol Nelly Kim tamén conquistou tres medallas de ouro.
- Foron introducidos nestes Xogos as modalidades femininas do baloncesto, balonmán e remo .
- O soviético Viktor Saneyev sagrouse tricampión olímpico do triplo salto, derrotando ó entón marquista mundial, o brasileiro João Carlos de Oliveira.
- A princesa Anne de Inglaterra foi a única participante feminina dos Xogos en non ser sometida ó teste de confirmación de sexo. Anne fixo parte do equipo inglés de equitación.
- O ximnasta xaponés Shun Fujimoto conquistou a excelente nota de 9.7 nas argolas, axudando a conseguir a medalla de ouro por equipos para Xapón, que disputaba a lideranza lado a lado coa URSS. Fujimoto realizou a proba co xeonllo quebrado.
- Clarence Hill, das Bermudas, conquistou a medalla de bronce na categoría super-pesado do boxeo, dando ó seu pequeno país a honra de se tornar o estado de menor poboación do mundo (53.500 habitantes na época) en gañar unha medalla nos Xogos Olímpicos.
Modalidades disputadas[editar | editar a fonte]
Cadro de medallas[editar | editar a fonte]
Cadro de Medallas | ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | ![]() |
![]() |
![]() |
Total |
1 | ![]() |
49 | 41 | 35 | 125 |
2 | ![]() |
40 | 25 | 25 | 90 |
3 | ![]() |
34 | 35 | 25 | 94 |
4 | ![]() |
10 | 12 | 17 | 39 |
5 | ![]() |
9 | 6 | 10 | 25 |
6 | ![]() |
7 | 6 | 13 | 26 |
7 | ![]() |
6 | 9 | 7 | 22 |
8 | ![]() |
6 | 4 | 3 | 13 |
9 | ![]() |
4 | 9 | 14 | 27 |
10 | ![]() |
4 | 5 | 13 | 22 |