Salto de trampolín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diving.jpg

O salto é unha forma de deporte ou entretemento de alto risco, que consiste en se lanzar á auga dunha piscina, lago, río ou do mar desde algún punto fixo ou vibrátil. O punto fixo pode ser á beira da auga, unha rocha, montículo, pena, acantilado ou incluso unha ponte moi próximos á auga ou sobre ela, no caso de sitios naturais ou non adaptados para o deporte, pode realizarse desde unha plataforma ou á beira da piscina no caso de sitios si adaptados para iso. O punto vibrátil pode ser un trampolín no caso dun sitio adaptado, incluso pódese deixar caer desde unha corda tendida entre as inmediacións da superficie acuática.

O salto para a auga é o nome dado ao conxunto de habilidades que envolve saltar dunha plataforma elevada en dirección á auga, executando movementos estéticos durante a caída. Alén de ser unha tradición en moitas comunidades, tanto humanas como animais, que viven próximas dunha masa de auga, o salto ornamental é un deporte de grande técnica, plasticidade e flexibilidade.

Na natureza, o saltador xeralmente ponse en rochedos localizados á beira de ríos, lagos ou mares, e dalí salta á auga. A entrada na auga debe ser feita en vertical, principalmente se as alturas de salto son altas — unha entrada horizontal pode provocar serias lesións.

Na modalidade deportiva, as condicións limítanse por unha plataforma fixa, que pode ter até 10 metros de altura en relación á piscina, que debe ter un mínimo 4 metros de profundidade; ou por un trampolín a tres metros da auga, unha plataforma flexíbel (no sentido vertical), que esixe maior pericia do saltador e permite a execución de saltos que envolvan unha subida razoábel.

Puntuación[editar | editar a fonte]

Son avaliadas a creatividade do saltador, a súa destreza, o rigor na execución do salto previsto, a simetría (o saltador non se pode desviar para os lados), a cadencia dos movementos (non pode executar moitos movementos nun espazo curto de tempo, reservando o restante da caida para poucos movementos) e a entrada na auga debe ser perfectamente vertical e debe espallar o mínimo de auga posíbel (efeito coñecido como splash).

Intres efémeros pero de gran beleza que esixen, como a ximnasia, altos graos de precisión, só se conseguen cunha férrea disciplina, moitas horas de adestramento e a afouteza necesaria para se lanzar un ao baleiro de 10 metros. Os xuíces ao calificaren o salto toman en conta seis aspectos:

  1. Aproximación: O corpo estará recto, a cabeza erguida e os brazos estendidos en calquera posición.
  2. O impulso o despegue: O salto será controlado, equilibrado e potente no momento do despegue, o salto debe ser alto coa finalidade de rematar o salto o máis arriba posíbel para que luza, no caso de que o salto sexa desde un trampolín se calificará tamén o chamado estribo' (camiñada e impulso sobre o trampolín).
  3. Elevación: Consideraráse a altura que o saltador acade.
  4. Execución: Trátase de avaliar o salto en si mesmo, analizando a técnica, a posición, os xiros, etc.
  5. Entrada na auga: Deberá ser vertical co corpo recto, os pés xuntos e os brazos estirados alén da cabeza. Salpicará o menos posíbel ao entrar na agua.
  6. Dificultade: Isto ten que ver co número de xiros, posicións e rizos realizados durante o voo e o grupo de saltos ao que pertenzan.

Nos saltos sincronizados terase en conta, á parte do devandito, que ambos os dous saltadores teñan unha elevación, coordinación dos movementos e ángulos de entrada na auga o máis parecida posíbel.

Despois de cada salto o árbitro fai un sinal aos xuíces. Estes, sen se comunicar entre eles, inmediatamente mostran as súas puntuacións. Un salto está acotado entre cero e dez puntos:

0 – Fracaso
0,5 - 2 - Insatisfactorio
2,5 – 4,5 - Deficiente
5 - 6 - Satisfactorio
6,5 - 8 - Bo
8,5 - 10 – Moi bo

Logo de ter presentado as notas, a máis alta e a máis baixa omítense. O restante é sumado e multiplicado polo grao de dificultade do salto.

Saltadores famosos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salto de trampolín