Botswana
Coordenadas: 24°39.5′S 25°54.5′L / -24.6583, -25.9083
República de Botswana | |||
---|---|---|---|
Republic of Botswana Lefatshe la Botswana | |||
| |||
Lema: Pula (setsuana: «Chuvia») | |||
Capital • Poboación | Gaborone 208 411 (2005) | ||
Cidade máis poboada | Gaborone | ||
Linguas oficiais | Inglés e setsuana | ||
Forma de goberno | República parlamentaria | ||
Presidente Vicepresidente | Mokgweetsi Masisi[1] Slumber Tsogwane | ||
Independencia do Reino Unido | 30 de setembro de 1966 | ||
Superficie | Posto 48º | ||
• Total | 600 370[2] km² | ||
• % auga | 2,5% | ||
Fronteiras | 4 013 km | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 144º | ||
• Total (2011 est.) | 2 029 115 hab. | ||
• Densidade | 2,7 hab./km² | ||
PIB (nominal) | Posto 105º | ||
• Total (2011) | 15 249 millóns US$ | ||
• per cápita | 8 840 US$ | ||
PIB (PPA) | Posto 105º | ||
• Total (2011) | 30 529 millóns US$ | ||
• per cápita | 16 279 US$ | ||
Moeda | Pula (BWP ) | ||
IDH (2012) | 0,634[3] (119º) – medio | ||
Xentilicio | botswaniano, botswaniana[4] | ||
Fuso horario | UTC+2 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .bw | ||
Prefixo telefónico | +267 | ||
Prefixo radiofónico | 8OA-8OZ, A2A-A2Z | ||
Código ISO | 072 / BWA / BW | ||
Membro de: ONU, Commonwealth, UA | |||
Botswana[4][5] ou Botsuana,[6] cuxo nome oficial é República de Botswana (en inglés Republic of Botswana, en setsuana Lefatshe la Botswana), é un país soberano sen saída ao mar do sur de África, sendo a súa forma de goberno a república parlamentaria.
O seu territorio está dividido en nove distritos. A súa capital é a cidade de Gaborone.[7]
O outrora protectorado británico de Bechuanalandia, Botswana adoptou o seu novo nome ó acadar a súa independencia en 1966.
Xeograficamente o país esténdese sobre un terreo chairego, co 70% da súa superficie cuberta polo deserto de Kalahari. Limita con Suráfrica polo sur e sueste, con Namibia polo oeste e polo norte, con Cimbabue polo nordeste e con Zambia polo norte nun só punto. Ocupa o posto 48 na lista de países por superficie.[2]
O país tratou de diversificar a súa economía nos últimos anos, aínda que no 2008 dependía en gran medida dos servizos (45,2%), a industria (52,9%), e a agricultura (1,9%), estreitamente ligado co comercio de Suráfrica.[8]
Goberno e Política[editar | editar a fonte]
Botswana está gobernada en forma de república parlamentaria. O Presidente de Botswana é elixido cada cinco anos e é o xefe de Estado e xefe de goberno do país. O Partido Democrático de Botswana gañou todas as eleccións desde a independencia (1966). O poder lexislativo exérceo a Asemblea Nacional, un Parlamento unicameral con 63 membros na actualidade.
Botswana está dividida en nove entidades:
Xeografía[editar | editar a fonte]
Bostwana limita ó norte con Zambia, ó leste con Cimbabue, ó sur con Suráfrica e ó oeste e ó norte con Namibia. O país está dominado polo deserto do Kalahari.
Economía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Economía de Botswana.
Demografía[editar | editar a fonte]
Alfabetización do 77%. A maioría da poboación é de etnia tswana. En 2009 estimouse que 25.4% dos adultos era portador da SIDA, cifra que baixou a 21.9% en 2013. No 2009 estimábase un total de 320.000 persoas infectadas.[9]
A esperanza de vida ao nacer era de 55 anos en 2009 segundo o Banco Mundial, baixando anteriormente dun pico de 64.1 en 1990 a un mínimo de 49 en 2002. Despois do censo de Botswana en 2011, a esperanza de vida actual estímase en 63.8 anos.[10]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Mguni, Mbongeni (29 de marzo de 2016). "Masisi to Lead Botswana as Khama Steps Down After a Decade". Bloomberg.com. Consultado o 3 de xullo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 Ficha de país Arquivado 15 de outubro de 2015 en Wayback Machine. The CIA World Factbook. Consultado o 9 de agosto de 2013.
- ↑ Informe sobre desenvolvemento humano 2013 Arquivado 26 de xullo de 2013 en Wayback Machine. (en castelán) Consultado o 9 de agosto de 2013.
- ↑ 4,0 4,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para botswaniano.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419.
- ↑ Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (2004). Lingua galega. Dúbidas lingüísticas (PDF). p. 102. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xuño de 2014. Consultado o 9 de agosto de 2013.
- ↑ Botswana Tourism Organisation. "Geographical Info" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2011. Consultado o 9 de agosto de 2013.
- ↑ Banco Mundial. "Botswana at a glance" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de decembro de 2009. Consultado o 9 de agosto de 2013.
- ↑ UN AIDS. "Botswana". Consultado o 23 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Botswana no World FactBook" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2015. Consultado o 10 de maio de 2019.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Botswana ![]() |
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |