Xogos Olímpicos de 1932
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
| Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
|---|---|
| Deporte | deporte olímpico |
| Número de participantes | 37 1.334 |
| Localización e Datas | |
| Eventos olímpicos | 117 |
| Localización | Os Ánxeles (Condado dos Ánxeles) 34°06′N 118°12′O / 34.1, -118.2 |
| País | Estados Unidos de América |
| Intervalo de tempo | 30 de xullo de 1932 – 14 de agosto de 1932 |
| Aberto oficialmente por | Charles Curtis |
| Xuramento feito por | George Calnan |
Os Xogos Olímpicos de 1932 tiveron lugar nos Ánxeles (California) entre o 30 de xullo e o 14 de agosto, coa participación de 1.332 atletas (1.206 homes e 126 mulleres), representando 37 países, en 17 modalidades deportivas.
Historia
[editar | editar a fonte]Após case tres décadas en Europa, os Xogos Olímpicos atravesaron o océano Atlántico e América até a soleada California, a única rexión do país que sobrelevara economicamente a Gran Depresión tralo crack de 1929. Por causa da distancia, o número de participantes foi menor que nos anteriores, mais os Xogos tiveron unha gran calidade técnica, coa superación de 18 récords mundiais, e sendo introducido o límite máximo de tres competidores por país nas probas individuais, regra que perdura até os nosos días.
Nos Ánxeles foi construída a primeira vila olímpica verdadeira da historia, composta de setecentos chalés e disposta nunha área adxacente ó monumental estadio Memorial Colyseum, sede dos Xogos. Os organizadores tamén introduciron nestes Xogos os máis modernos servizos de cronometraxe e fotografía electrónica da chegada da época, construíron a máis espectacular e veloz pista de atletismo do mundo, e crearon un proceso rápido e profesional de divulgación dos resultados para a prensa, alén da transmisión simultánea de toda a competición por dúas emisoras de radio.
Todos os eventos foron disputados no prazo de dúas semanas sen interrupción, o que a partir deste momento guiaría o sistema de disputa dos Xogos Olímpicos.
Modalidades disputadas
[editar | editar a fonte]
Cadro de medallas
[editar | editar a fonte]| Cadro de Medallas | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Posición | País | |
|
|
Total |
| 1 | 41 | 32 | 30 | 103 | |
| 2 | 12 | 12 | 12 | 36 | |
| 3 | 10 | 5 | 4 | 19 | |
| 4 | 9 | 5 | 9 | 23 | |
| 5 | 7 | 7 | 4 | 18 | |
| 6 | 6 | 4 | 5 | 15 | |
| 7 | 5 | 8 | 12 | 25 | |
| 8 | 4 | 7 | 5 | 16 | |
| 9 | 3 | 12 | 5 | 20 | |
| 10 | 3 | 1 | 1 | 5 | |
Notas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xogos Olímpicos de 1932 |