Saltar ao contido

Xogos Olímpicos de Inverno de 2010

Modelo:Competición deportivaXogos Olímpicos de Inverno de 2010
Mapa de distribución
Mapa de localización
Imaxe
Nome oficialXXI. Olympesch Wanterspiller Editar o valor en Wikidata
TipoXogos Olímpicos de Inverno Editar o valor en Wikidata
MascotaQuatchi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
DeporteDeporte de inverno Editar o valor en Wikidata
Número de participantes82
2.566 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
Eventos olímpicos86 Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónEstádio BC Place (pt) Traducir (Vancouver) 49°16′36″N 123°06′43″O / 49.276666666667, -123.11194444444 Editar o valor en Wikidata
PaísCanadá Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo12 de febreiro de 2010 – 28 de febreiro de 2010 Editar o valor en Wikidata
Número de edición21  (2010) Editar o valor en Wikidata
Aberto oficialmente porMichaëlle Jean Editar o valor en Wikidata
Xuramento feito porMichel Verrault (pt) Traducir
Hayley Wickenheiser Editar o valor en Wikidata
Facho acendido porCatriona Le May Doan (pt) Traducir
Steve Nash
Nancy Greene (pt) Traducir
Wayne Gretzky Editar o valor en Wikidata
Competición
Resultado Editar o valor en WikidataEmil Hegle Svendsen
Outro
Páxina web oficialolympics.com… Editar o valor en Wikidata
Youtube: UC87UES8IVXllenz1O-4AE1Q Editar o valor en Wikidata

2006 Editar o valor en Wikidata
2014 Editar o valor en Wikidata

Os XXI Xogos Olímpicos de Inverno celebráronse na cidade canadense de Vancouver, Columbia Británica, entre o 12 e o 28 de febreiro de 2010. Tras o fin deste evento, Vancouver organizou os Xogos Paralímpicos entre o 12 e o 21 de marzo dese mesmo ano.

A cidade de Vancouver foi elixida sede dos Xogos polo Comité Olímpico Internacional (COI) por riba das candidaturas surcoreana en Pyeongchang e austríaca en Salzburgo. Foi a terceira vez que os Xogos Olímpicos de Inverno tiñan lugar no Canadá, tras os Xogos Olímpicos de Inverno de 1976 e os Xogos Olímpicos de Inverno de 1988.

2.632 atletas inscribíronse inicialmente para os Xogos [1] superando a marca establecida pola edición anterior, Turín 2006.

Elección da sede

[editar | editar a fonte]
Cidade candidata Mín Máx
Andorra Andorra la Vella 3 4
Suíza Berna 4,5 6,5
República Popular da China Harbin 5 6
España Jaca 5 6,5
Pyeongchang 6 7,5
Austria Salzburgo 7 8
Bosnia e Hercegovina Saraxevo 3 5
Vancouver 7 9

Oito cidades presentaron a súa candidatura ante o COI antes do peche do proceso de recepción, o 4 de febreiro de 2001. Xunto a Vancouver, aspiraron a ser a sede dos XXI Xogos Olímpicos de Inverno as cidades Andorra la Vella, Berna, Harbin, Jaca, Pyeongchang, Salzburgo e Saraxevo.

Seguindo o sistema de elección e avaliación implementado coa fin de solucionar os problemas detectados na elección da sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002, as cidades candidatas foron sometidas a unha revisión técnica por parte do Grupo de Traballo de Aceptación de Candidaturas, que as avaliou e procedeu a establecer cales delas non acadaban os requirimentos mínimos, para que os membros do COI puideran concentrar a súa elección sobre as restantes.

O Grupo de Traballo presentou o informe o 11 de xullo de 2002. Para a súa realización examinou as candidatas en dez apartados (apoio gobernamental e da opinión pública, infraestrutura xeral, infraestrutura deportiva, vila olímpica, condicións ambientais e impacto, aloxamento, transporte, seguridade, experiencia previa e finanzas) e confeccionou unha táboa de "concepto xeral" coa fin de descartar aquelas cidades que non estaban nas condicións adecuadas de ser a sede olímpica en 2008. A tal fin, o Grupo de Traballo considerou que, nunha cualificación de 0 a 10, non se debería elixir unha cidade que tivese unha cualificación inferior a 6.[2]

Vancouver estivo entre as mellores cidades cualificadas en case a totalidade dos temas analizados e a súa cualificación final foi a mellor das oito candidaturas. A súa candidatura recibiu as seguintes cualificacións por apartado, ordenados de xeito decrecente conforme a mínima:

Resultados da votación do COI[3]
Cidade País Ronda 1 Ronda 2
Vancouver Canadá 40 56
Pyeongchang Corea do Sur 51 53
Salzburgo Austria Austria 16
  1. Vila olímpica: 80-93
  2. Infraestrutura deportiva: 76-85
  3. Experiencia: 70-83
  4. Aloxamento: 70-85
  5. Transporte: 69-81
  6. Seguridade: 68-78
  7. Condicións ambientais: 67-85
  8. Financiamento: 64-76
  9. Apoio do goberno e a poboación: 60-81
  10. Infraestrutura xeral: 55-70

Vancouver obtivo a súa puntuación máis baixa en infraestrutura xeral debido á longa distancia, superior aos 100 km, da estrada que conecta Vancouver con Whistler e o seu estado, mentres que as mellores puntuacións foron as relacionadas coa infraestrutura deportiva e a experiencia. Salzburgo, a súa principal competidora, superou en varios puntos a Vancouver chegando a cualificacións próximas a perfectas mais tivo unha cualificación mediocre respecto a súa vila olímpica. Segundo a avaliación, Vancouver e Salzburgo estaban por riba das condicións mínimas requiridas, mentres que Berna e Pyeongchang estaban xusto nas condicións mínimas. O resto das candidaturas estaban por debaixo e foron rexeitadas polo COI.

Facho Olímpico

[editar | editar a fonte]
Facho Olímpico sendo transferido.

Do 22 de outubro de 2009 ao 12 de febreiro de 2010, máis de 12.000 relevistas levaron o facho olímpico nun percorrido de máis de 45.000 km que comezou na cidade de Olimpia (Grecia) e que pasou por Atenas antes de partir cara ao Canadá, onde a ruta seguida foi a seguinte:

Victoria - Whitehorse - Yellowknife - Churchill - Iqaluit - St. Johns - Halifax - Quebec - Montreal - Otava - Toronto - Winnipeg - Calgary - Prince George - Vancouver

A seguinte lista mostra as 15 disciplinas deportivas participantes nos Xogos Olímpicos de Vancouver, cun total de 86 eventos (entre paréntese o número de eventos):

Países participantes

[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa ós países participantes nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 e o número de atletas representantes:

Lista de nacións participantes[4]

Calendario das Competicións

[editar | editar a fonte]

Nos Xogos Olímpicos de Vancouver leváronse a cabo 86 competicións en 15 deportes. Na seguinte táboa quedan detallados os días nos que tiveron lugar as competicións de cada deporte. As celas en azul corresponden aos días nos que se disputou cada disciplina e as celas en amarelo corresponden ás finais. O número indica a cantidade de finais disputadas nesa data. A cerimonia de apertura foi o día 12 ás 18:00 (hora de Vancouver)[5]

Febreiro V 12 S 13 D 14 L 15 M 16 M 17 X 18 V 19 S 20 D 21 L 22 M 23 M 24 X 25 V 26 S 27 D 28 T
Cerimonias A G C
Bíatlon 1 1 2 2 2 2 10
Bobsleigh 1 1 1 3
Combinada nórdica 1 1 1 3
Curling 1 1 2
Esquí alpino 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 10
Esquí acrobático 1 1 1 1 1 1 6
Esquí de fondo 2 2 1 1 2 1 1 1 1 12
Hóckey sobre xeo 1 1 2
Luge 1 1 1 3
Patinaxe artística 1 1 1 1 4
Patinaxe de velocidade 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 2 12
Patinaxe de velocidade en pista curta 1 1 2 1 3 8
Saltos de esquí 1 1 1 3
Skeleton 2 2
Snowboard 1 1 1 1 1 1 6
TOTAL 6 6 5 6 7 5 4 6 6 4 4 5 5 8 7 2 86
Febreiro V 12 S 13 D 14 L 15 M 16 M 17 X 18 V 19 S 20 D 21 L 22 M 23 M 24 X 25 V 26 S 27 D 28  T 

Cadro de medallas

[editar | editar a fonte]
Cadro de Medallas
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Canadá 14 7 5 26
2 Alemaña Alemaña 10 7 20 30
3 Estados Unidos de América Estados Unidos 9 15 13 37
4 Noruega Noruega 9 8 6 23
5 Corea do Sur 6 6 2 14
6 Suíza Suíza 6 0 3 9
7 China 5 2 4 11
8 Suecia Suecia 5 2 4 11
9 Austria Austria 4 6 6 16
10 Países Baixos Países Baixos 4 1 3 8
  1. Vancouver 2010 Winter Olympics. "Athletes" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25/12/2010. Consultado o 12/02/2010. 
  2. Comité Olímpico Internacional (11 de xullo de 2002). "Report by the IOC Candidature Acceptance Working Group" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16/09/2008. Consultado o 13/02/2010. 
  3. "GamesBids.com Past Olympic Games Bids Results". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2014. Consultado o 17 de marzo de 2011. 
  4. Sports-Reference.com. "Olympic Countries" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25/12/2018. Consultado o 30/10/2009. 
  5. Vancouver inaugura unos juegos marcados por la tragedia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]