Ricardo Carballo Calero
Ricardo Carballo Calero (desde 1981 asinou como Ricardo Carvalho Calero), nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua.
Dentro da súa extensa obra, cultivou a poesía (Pretérito imperfeito 1927-1961, 1980), a novela (A xente da Barreira, 1951) e o teatro (Teatro completo, 1982). Destacou no campo da crítica literaria con Sete poetas galegos (1955), Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959), Historia da literatura galega contemporánea (1962), Libros e autores galegos I e II (1979, 1982), Estudios rosalianos (1979) e Letras galegas (1984). É autor, tamén, dunha Gramática elemental del gallego común (1966), Problemas da língua galega (1981) e Da fala e da escrita (1983). Está considerado como o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.
Empregou os pseudónimos de Eduardo Colmeiro, Fernando Cadaval, Ilex, José Loureiro, Leopoldo Calero, Martinho Dumbria.[16]
Índice
Traxectoria
- Véxase tamén: Cronobiografía de Ricardo Carballo Calero.
Tras cursar os seus primeiros estudos no Colexio Comellas, tendo como titor o escritor Manuel Comellas[17], cursou por libre o bacharelato e trasladouse a Compostela en 1926 para estudar Dereito (licenciouse en 1931) e Filosofía e Letras (licenciado en 1935) e cumprir co servizo militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da época, especialmente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un momento de intensa militancia política de Carballo, integrado no movemento nacionalista e tomando parte no activismo estudantil na Federación Universitaria Escolar, da que chegou a ser presidente. En 1931 participou na creación do Partido Galeguista e contribuíu á redacción dun dos anteproxectos non considerados para o Estatuto da Galicia. En 1933 volveu a Ferrol, gañou a praza de auxiliar administrativo no Concello da cidade e casou con María Ignacia Ramos, licenciada en Historia e compañeira de estudos universitarios.
Nestes anos Carballo Calero contribuíu con numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en español e despois en galego.
Estudou por libre a carreira de Filosofía e Letras, licenciándose en 1936 pola Universidade de Santiago de Compostela, participando ao mesmo tempo activamente no movemento galeguista tanto a nivel local como nacional, sendo nomeado presidente do partido en Ferrol. En abril de 1936 foi elixido compromisario pola provincia da Coruña para a elección do presidente da República dentro da candidatura da Fronte Popular.[18]
Golpe de estado, defensa da República e cárcere
O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Madrid no momento en que concorría ás probas para profesor de instituto en Lingua e Literatura Española.[3] Carballo posicionouse no bando republicano, entrando en combate como miliciano no batallón Félix Bárzana da FETE-UGT, o sindicato no que Calero militaba, co grao de tenente e participou na defensa de Madrid. Caeu prendido no fin da guerra, na fronte de Andalucía, e foi condenado en consello de guerra a 12 anos por separatista e recluído no cárcere de Xaén. A etapa de prisión foi aproveitada por Carballo para estudar alemán. A súa novela Scórpio recolle a experiencia vital deses anos, tal como, en certa medida, a comedia A sombra de Orfeo, a peza teatral Os xefes, de 1982 e algúns poemas, como Fugíamos da nossa vila, incluído na colectánea Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985).
En 1941 saíu en liberdade provisional volvendo para Galiza, e regresando á súa cidade natal.[19] Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), no que exerceu como "conselleiro delegado", pois non estaba autorizado para ser director.
Ditadura franquista
Restableceu os contactos cos galeguistas que ficaran no país, moi especialmente con Francisco Fernández del Riego, con quen mantivera correspondencia desde o cárcere.[12] Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu nestes anos un importante traballo investigador —iniciado coa súa tese de doutoramento, "Aportaciones a la literatura gallega contemporánea" (1955, premio extraordinario) — que tivo como froito máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea. A proposta de Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Xesús Ferro Couselo, ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 17 de maio de 1958, pronunciando o discurso Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía, que foi respondido por Otero Pedrayo.[20] En 1965 autorizóuselle a exercer o ensino público como agregado de instituto no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, ao tempo que comeza a impartir aulas de galego na universidade. En 1968 foi galardoado co Pedrón de Ouro. Por fin, en 1972 obtivo por oposición a cátedra compostelá de Lingüística e Literatura Galega acabada de crear.
Últimos anos

Os estudos de Carballo atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do Primeiro Rexurdimento e os traballos do profesor Manuel Rodrigues Lapa, Carballo Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terían continuidade no movemento reintegracionista, feito que lle impelería a asinar como Carvalho Calero pero tamén lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida.[21] Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos.[19]
En 1979 foi nomeado por Alejandrino Fernández Barreiro, responsable do departamento de educación da Xunta Preautonómica, presidente da comisión encargada de establecer unhas normas lingüísticas para o uso administrativo da lingua galega. Xubilouse en 1980 mais mantivo a súa actividade creadora e seguiu colaborando con diversas asociacións, como a Associaçom Galega da Língua (AGAL), de tendencia lusista, e da cal era membro de honra. En 1981 foi nomeado membro da Academia das Ciências de Lisboa.
Legado
Desde 1997 a súa biblioteca persoal forma parte dos fondos bibliográficos do Parlamento de Galicia, adquirida xunto co seu arquivo persoal. A colección está formada por 4.872 volumes de monografías e coleccións de 197 títulos de revistas. Entre o heteroxéneo material da colección destacan documentos persoais e docentes, correspondencia, expedientes e recortes de prensa, obra propia e allea, así como material gráfico (láminas, mapas, planos e carteis). Os fondos atópanse nunha das salas da biblioteca parlamentaria que leva precisamente o nome de “Sala Carballo Calero”.[22]
Obra en galego
- Poesía
- Vieiros, 1931, A Coruña.
- O silenzo axionllado, 1934, Santiago.
- Anjo de terra, 1950, Pontevedra.
- Poemas pendurados dun cabelo, 1952, Lugo.
- Salterio de Fingoy, 1961, Colección Salnés, Vigo.[23]
- Pretérito imperfeito (1927-1961), 1980, Ediciós do Castro. Colectánea.[24]
- Futuro condicional (1961-1980), 1982, Ediciós do Castro. Colectánea.
- Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985), 1986, AGAL.
- Reticências... (1986-1989), 1990, Sotelo Blanco.
- Fillo de Eva, 1992, Sociedad de Cultura Valle-Inclán. Antoloxía a cargo de Pilar Pallarés.[25]
- Antologia da Poesia em Galego (2019). Através Editora. 239 páxs. Edición de Paulo Fernández Mirás. Prólogo de Carmen Blanco. ISBN 978-84-16545-33-9.[26]
- Teatro
- O fillo, 1982 (escrita en 1935)
- Isabel, 1982 (escrita en 1945)
- A sombra de Orfeo, 1971 (escrita en 1948) [28]
- Farsa das zocas, 1963 (escrita en 1948) [28]
- A arbre, 1965, (escrita en 1948) [28]
- O redondel, 1979 (escrita en 1951)
- Auto do prisioneiro, 1970 (escrita en 1969) [28]
- Os xefes, 1982 (escrita en 1980)
- Catro pezas,[29], 1971, Galaxia.
- Teatro completo,[30] 1982, Ediciós do Castro.
- Narrativa
- A xente da Barreira (Bibliófilos Gallegos, Santiago, 1951), con ilustracións de A. Portela.[31][32]
- Narrativa completa (1984, Ediciós do Castro; Colectánea).
- Scórpio (1987, Sotelo Blanco).
- Ensaio
- Sete poetas galegos (1955) Galaxia.[33]
- Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959). Ediciones Celta.[20] 133 páxs.
- Versos iñorados e ou esquecidos de Eduardo Pondal (1961). Galaxia. 273 páxs.
- Historia da literatura galega contemporánea (1963 completada en 1975).[34] Galaxia.
- Sobre lingua e literatura galega (1971). Galaxia.
- Estudos rosalianos: aspectos da vida e da obra de Rosalía de Castro (1979). Galaxia. 208 páxs. ISBN 978-8471543189.
- Libros e autores galegos: dos trovadores a Valle Inclán (1979). Fundación Barrié/RAG. 329 páxs. ISBN 84-85728-01-7.
- Teatro Nós (1979). Follas Novas. 215 páxs. ISBN 84-85385-13-6. Edición e estudo de O bufón del Rei (Vicente Risco), A lagarada (R. Otero Pedrayo), Os vellos non deben de namorarse (Castelao).
- Problemas da língua galega (1981). Sá da Costa Editora. 147 páxs.
- Libros e autores galegos II: século XX (1982). Fundación Barrié/RAG. 411páxs. ISBN 978-8485728176.
- Da fala e da escrita (1983). Galiza Editora. 138 páxs. ISBN 84-86129-03-6.
- Letras galegas (1984). AGAL. 394 páxs.
- Escritos sobre Castelao (1989). Sotelo Blanco. 305 páxs. ISBN 84-7824-027-6.
- Estudos e ensaios sobre literatura galega (1989). Ediciós do Castro.
- Do Galego e da Galiza (1990). Sotelo Blanco (Póstumo).
- Umha voz na Galiza (1992). Sotelo Blanco (Póstumo). 330 páxs. ISBN 84-7824-153-1.
- Escritos sobre teatro (2000). UDC (póstumo). Edición de Laura Tato. 256 páxs. ISBN 9788495322579.
- Epistolario a Fernández del Riego (2006). Galaxia (póstumo).[12] 580 páxs. ISBN 978-84-8288-893-4.
- Cadernos Ramón Piñeiro XXIII: Epistolario Ricardo Carballo Calero Ramón Piñeiro (Historial dun libro) (2015). Edición de Luís Alonso Girgado, Luís Cochón, Nuria Rouco Aneiros, Xurxo Martínez González. Secretaría Xeral de Política Lingüística. Centro Ramón Piñeiro (póstumo). ISBN 978-84-453-5205-2.[35]
- Conversas

- Antón L. Galocha (1977). "Carballo Calero. Do galeguismo e da língoa". A Nosa Terra.
- Miguel Anxo Fernán-Vello e Francisco Pillado (1986). Conversas en Compostela con Carballo Calero. Sotelo Blanco. 254 páxs. ISBN 84-86021-32-4.
- Carmen Blanco (1989). Conversas con Ricardo Carballo Calero. Editorial Galaxia. 281 páxs. ISBN 84-7154-654-X.
- Francisco Salinas Portugal (1991): Voz e Siléncio (Entrevista con Carvalho Calero). Edicións do Cumio.
- Edicións
- Versos iñorados ou esquecidos, de Eduardo Pondal, 1961, Galaxia.
- Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, 1969.
- Poesías, de Rosalía de Castro, con Lydia Fontoira Surís, 1972.
- Escolma de poemas, de Ramón Cabanillas, 1976, Real Academia Galega.
- Prosa galega I: Desde os primeiros oitocentistas ao grupo Nós, 1976, Galaxia.
- Escolma de prosa galega, de Antonio López Ferreiro, 1978, Real Academia Galega.
- Prosa galega II: Dos novecentistas aos nosos días, 1978, Galaxia.
- Prosa galega III: Da época trobadoresca ao neoclasicismo, 1980, Galaxia.
- Obras colectivas
- Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Ediciós do Castro.
- Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas, 1980, AS-PG/Xistral.[36]
- Castelao contra a manipulación, 1984, Xistral.
- Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1984, 1986, AGAL.
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento, 1988, Ediciós do Castro.
- Actas do II Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1990, AGAL.
- Comentarios de textos contemporáneos, 1992, Xerais.
- Tamén navegar, 2011, Editorial Toxosoutos.
Obra en castelán
- Poesía
- Trinitarias, 1928, Ferrol.
- La soledad confusa, 1932
- Poesía perdida, 1993. Edición de Claudio Rodríguez Fer
- Ensaio
- Aportaciones a la literatura gallega contemporánea, 1955, Madrid
- Gramática elemental del gallego común, 1966, Galaxia.
- Breviario antológico de la literatura gallega contemporánea, 1966, Real Academia Galega.
- Particularidades morfológicas del lenguaje de Rosalía de Castro, 1972.
- La fuerza pública en la Universidad de Santiago y otros escritos escolares, 1987, Ediciós do Castro.[37]
- Edicións
- Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, 1974, Cátedra (Madrid).
Recoñecementos
En 1981 foi nomeado Membro de Honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 1984 concedéuselle a Medalla Castelao, en 1986 pechou o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística que deu lugar á creación da Mesa pola Normalización Lingüística,[38] en 1987 obtivo o Premio da Crítica de narrativa galega pola súa novela Scórpio.
Estivo en varias ocasións (2008, 2010, 2013, 2015, 2016, 2017 e 2018) entre os nomeados polos membros da Real Academia Galega para dedicarlle o Día das Letras Galegas. Finalmente, en xuño 2019 foi o único candidato proposto e a figura escollida polo plenario da RAG para ser a figura homenaxeada o Día das Letras do ano 2020, coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e os 30 anos do seu pasamento.[39]
Leva o seu nome un centro de ensino público da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o Complexo Deportivo Carballo Calero de Carballo, o IES Ricardo Carballo Calero, no barrio de Caranza de Ferrol.[40]
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Ricardo Carballo Calero.
2ª ed. da Historia da literatura galega contemporánea.
Notas
- ↑ Centenário Carvalho Calero. Cronologia
- ↑ 2,0 2,1 "Carballo Calero, Ricardo" na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- ↑ 3,0 3,1 "Membros da Academia. Ricardo Carballo Calero". Real Academia Galega.
- ↑ 4,0 4,1 "Carballo Calero, Ricardo". Diciopedia do século 21 1. 2006. p. 432.
- ↑ "Carballo Calero, Ricardo". Enciclopedia Galega Universal 4. p. 422-423.
- ↑ "Carballo Calero, Ricardo". Diccionario enciclopédico galego universal 13. Ir Indo para La Voz de Galicia. p. 43. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ "Carballo Calero, Ricardo". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo. pp. 180–183.
- ↑ 8,0 8,1 Vilavedra, D. (coord), Cochón, I. et al (1995). "Carballo [Carvalho] Calero, Ricardo" en Diccionario da Literatura Galega, volume I (Autores).
- ↑ Fernández del Riego 1971, p. 256, 260, 269–271.
- ↑ Fernández del Riego 1992, p. 73.
- ↑ Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Epistolario a Fernández del Riego en Google Books.
- ↑ Ricardo Carvalho Calero Biblioteca Virtual Galega. Universidade da Coruña.
- ↑ Gómez Sánchez; Queixas Zas (2001). Historia xeral da literatura galega (1ª ed.). pp. 185, 201, 225, 235, 247, 248, 251, 269, 270, 280, 281, 313, 332, 344.
- ↑ Pardo de Neyra 2019.
- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: c". www.ogalego.eu. Consultado o 10/9/2019.
- ↑ «Centenário Carvalho Calero. Cronologia» Academia Galega da Língua Portuguesa.
- ↑ El Correo Gallego, 28/4/1936, p. 1.
- ↑ 19,0 19,1 Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
- ↑ 20,0 20,1 Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía
- ↑ Rodríguez Fernández, José Luis (17/10/2018). "Carvalho Calero converteuse nunha bandeira sen el procuralo". adiante.gal.
- ↑ O pazo do Hórreo na páxina web do Parlamento de Galicia.
- ↑ Salterio de Fingoy en Google Books.
- ↑ Contén a produción xa publicada en Vieiros, O silenzo axionllado, Anxo de terra, Poemas pendurados dun cabelo e Salterio de Fingoi.
- ↑ Nicolás, Ramón (2019-11-17). "Fillo de Eva (88 poemas de Ricardo Carvalho Calero), edición de Pilar Pallarés". Caderno da crítica. Consultado o 2019-11-18.
- ↑ "Clube". Através Editora área editorial da AGAL (en portugués). Consultado o 1/10/2019.
- ↑ Araguas, V. (2010). "Moitos seguimos a chamarlle mestre" (PDF). Galegos (Ézaro Ediciones) (9): 122–126. ISSN 1889-2590.
- ↑ 28,0 28,1 28,2 28,3 Fernández del Riego 1971, p. 260.
- ↑ Contén: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre e Auto do prisioneiro
- ↑ Contén: O fillo, Isabel, A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A árbore, O redondel, Auto do prisioneiro, Os xefes.
- ↑ Dobarro, Xosé María. "A primeira novela da posguerra". Crítica e autores I. Biblioteca Galega 120. La Voz de Galicia. pp. 116–117. ISBN 84-9757-097-9.
- ↑ Marco, Aurora. "Criar prosa en galego". Crítica e autores I. Biblioteca Galega 120. La Voz de Galicia. pp. 117–118. ISBN 84-9757-097-9.
- ↑ Versa sobre Rosalía, Pondal, Curros, Noriega Varela, Cabanillas, Amado Carballo e Manuel Antonio.
- ↑ Reedicións en 1981 e 2001.
- ↑ Bouzas Gorgal, Belén (14/11/2017). "Epistolario Ricardo Carballo Calero/Ramón Piñeiro (Historial dun libro)". Boletín Galego de Literatura 0 (51). ISSN 2174-4025.
- ↑ Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas
- ↑ Contén oito artigos en galego.
- ↑ A Mesa, ed. (21 de xuño de 2019). "A Mesa reivindica a figura de Ricardo Carvalho Calero, que mañá será elixido protagonista do Día das Letras de 2020". Consultado o 21 de xuño de 2019.
- ↑ "O Día das Letras Galegas de 2020 estará dedicado a Ricardo Carballo Calero". Real Academia Galega. 22/6/2019.
- ↑ IES Ricardo Carballo Calero Consellería de Educación.
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ricardo Carballo Calero ![]() |
Bibliografía
- Blanco García, Carmen (1989). Conversas con Carballo Calero. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-654-X.
- Blanco García, Carmen (1991). Carballo Calero: política e cultura. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-519-3.
- Castelao, Manuel (1910). Elucidacións na sombra. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-196-5.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 225.
- Fernán-Vello; Pillado Mayor (1986). Conversas en Compostela con Carballo Calero. Sotelo Blanco. ISBN 84-86021-32-4.
- Fernán-Vello; Pillado Mayor (1992). Carballo Calero. Biblioteca 114. El Correo Gallego.
- Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da literatura galega (2ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. pp. 256, 260, 269–271.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 73. ISBN 84-7492-465-0.
- Fernández Lorenzo, Rafael. (2019). Abecedario de Ricardo Carvalho Calero. Morgante. Rinoceronte. ISBN 978-84-15166-78-8.
- García Negro, Pilar (1910). Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-195-8.
- Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra. p. 185, 201, 225, 235, 247, 248, 251, 269, 270, 280, 281, 313, 332, 344. ISBN 84-95350-79-3.
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 102–104. ISBN 84-7507-139-2.
- Montero Santalha, José-Martinho (1993). Carvalho Calero e a súa obra. Laiovento. ISBN 84-87847-21-8.
- Pena, Xosé Ramón (2019). Historia da literatura galega IV. De 1936 a 1975. A "longa noite". Edicións Xerais. p. 171-179. ISBN 978-84-9121-481-6.
- Pardo de Neyra, Xulio (2019). Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única. Edicións Embora. ISBN 978-84-17824-01-3.
- Salinas Portugal, F. (1991). Voz e siléncio. Entrevista con R. Carvalho Calero. Edicións do Cumio. ISBN 84-87126-33-2.
- Tarrío Varela, Anxo (1994). Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica. Universitaria. Xerais. ISBN 84-7507-778-1.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 108–110. ISBN 84-8288-019-5.
- VVAA (1982). Homenaxe a Carballo Calero. Ferrol. Cadernos do Medulio. ISBN 978-84-300-7158-6.
- VVAA (1991). "Ricardo Carvalho Calero. A razón da esperanza". Coord. Xan Carballa, Fernando Cuñarro e Cesáreo Sánchez. A Nosa Terra, A nosa cultura 13. ISSN 0213-3105. Inclúe:
- “Vida de sabio nun país ingrato”. Fernán-Vello, M.A.
- “Da vida e da obra: tres Carballos”. Blanco, Carme
- “O tenento Carballo”. Rodríguez Fer, Claudio
- “Traxectoria galeguista dun significado escritor”. Fernández del Riego, Francisco
- “Xa somos esquerda”. Rodríguez Sánchez, Francisco
- “Elógio da razom prática”. L. Suevos, Ramom
- “Carvalho Calero e a língua portuguesa da Galiza”. Montero Santalha, J.M.
- “A aplicaçom sucessiva da doutrina lingüística em textos de Carvalho Calero”. Henríquez Salido, Mª do Carmo
- “A língua agarimo de tradiçom e arma de progresso”. García Negro, Mª do Carmo
- “Política e planificaçom lingüísticas nos escritos de C. Calero”. Prieto Alonso, Domingos
- “Na poesía de preguerra”. Salinas Portugal, Francisco
- “Anjo de terra”. Souto Presedo, Elvira
- “Scorpio ou a moi intelixente contra-cruzada dun fantasma”. Martínez Pereiro, Carlos Paulo
- “Intertextualidade, contra-obra e reteatralizaçom”. Herrero Figueroa, Araceli
- “Rafael-Orfeu: a sombra de um mito”. Marco, Aurora
- VVAA (1999-2002). "Carballo Calero, Ricardo". Enciclopedia Galega Universal 4. Ir Indo. pp. 422–423. ISBN 84-7680-288-9.
- VVAA (2000). Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. Coord. José Luís Rodríguez Fernández. Parlamento de Galicia: Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicacións. ISBN 84-8121-826-X. Inclúe:
- Vol. 1: A obra de Ricardo Carvalho Calero; Lingüística. ISBN 84-8121-827-8. Colaboran: José Luís Rodríguez Fernández, Ricardo Carballo Calero, Ernesto Guerra Da Cal, José Augusto Seabra, Xesús Alonso Montero, Ernesta Basanta Cornide, Carmen Blanco García, Concepción Delgado Corral, Pedro Fernández-Vello, Luís S. Soto, Carlos Garrido Rodríguez, Mª do Carmo Enríquez Salido, M. Araceli Herrero Figueroa, Basilio Losada Castro, Domingos Prieto Alonso, Henrique Rabuñal Corgo, Claudio Rodríguez Fer, José Ramom Rodrigues Fernandes, Darío Villanueva Prieto, Mario Gomes dos Santos, Larissa Semënova, José Antonio Souto Cabo, Carlos Valcárcel Riveiro, Xavier Vilhar Trilho, Isaac Alonso Estreviz, Rosario Álvarez Blanco, Xosé Xove, Óscar Díaz Fouces, Julio Diéguez González, Francisco Dubert García, Carlos Durao, Francisco Fernández Rei, Fernando V. Peixoto da Fonseca, José Luis Fontenla Rodrigues, José Luís Forneiro Pérez, Antonio Gil Hernández, Luís Gonçales Blasco, Brian Franklin Head, Alvaro Iriarte Sanromán, Jesús Lago Garabatos, Carmen Maciñeiras, Aurora Marco López, Ramón Mariño Paz, José María Monterroso Devesa-Juega, Benjamim Moreira, Bernardo Penabade Rei, José Henrique Pérez Rodríguez, J. Carlos Quiroga Díaz, Júlio César Barreto Rocha, Jorge Rodrigues Gomes, Xosé-Manuel Sánchez-Rei, Helena Sánchez Rodríguez.
- Vol. 2: Literatura; Miscelánea. ISBN 84-8121-828-6. Colaboran: Mariña Arbor Aldea, Leodegário A. de Azevedo Filho, António Rodrigues Baptista, Ángel Basanta, Raquel Bello Vázquez, Xoán Bernárdez Vilar, Fernando Cristovão, Mercedes Brea López, Arturo Casas, José Pires da Cruz, Xosé Manuel Dasilva, Xosé María Dobarro Paz, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Goretti Sanmartín Rei, Manuel Ferreiro, Elvira Fidalgo Francisco, Lydia Fontoira Suris, Xosé Ramón Freixeiro Mato, María Pilar García Negro, Joel R. Gômez, Pires Laranjeira, Gérard Lelièvre Houiseau, Teresa López, Armando López Castro, Elisardo López Varela, Elena Losada Soler, Kathleen N. March, María Josefa Martínez-López, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Luis Martul Tobío, Paulo Meneses, José-Martinho Montero Santalha, María Isabel Morán Cabanas, César Morán Fraga, Francisco Nodar Manso, María Camino Noia Campos, Juan Salvador Paredes Núñez, Andrés Pociña Pérez, Aurora López López, María Felisa Rodríguez Prado, Francisco Salinas Portugal, Ana María Sánchez Tarrío, Arnaldo Saraiva, Vítor Manuel de Aguiar e Silva, Elvira Souto, Anxo Tarrío Varela, Cleofé Tato, Elias J. Torres Feijó, Telmo Verdelho, Yara Frateschi Vieira, M. Carmen Villarino-Pardo, Marcial Gondar Portasany, José Antonio López Taboada, Henrique Monteagudo Romero, Ramón Nicolás Rodríguez, José Luis Pensado Tomé, Paulino Pereiro, José Ignacio Pérez Pascual, Ramón G. Romani Barrientos, Ramón Varela Puñal.
- VVAA (2002). Actas do Simpósio Ricardo Carvalho Calero. Memoria do século. Universidade da Coruña/AS-PG. Inclúen:

- “Prólogo”. Meilán Gil, José Luis
- “Carvallo Calero novelista”. Villanueva, Darío
- “O compromiso cultural de Carvalho Calero: a reintegraçâo lingüística galego-portuguesa”. Montero Santalha, José-Martinho
- “A obra lingüística de Carvalho Calero”. Mariño Paz, Ramón
- “Carvalho Calero: o teatro e a vida”. Guisan Seixas, Joâo
- “A narrativa de Carvalho Calero na encrucillada dos anos cincuenta”. Forcadela, Manuel
- “Ricardo Carvalho Calero: a elegancia do intelectual comprometido”. Fernán-Vello, Miguel Anxo
- “Ricardo Carvalho Calero, Gallaecia Magna”. Rodríguez Fernández, José Luís
- “Algúns recordos de Carvalho Calero”. Díaz Pardo, Isaac
- “Carballo Calero no diagrama da comunicación dramática. Carballo, poeta dramático e ironista”. Herrero Figueroa, Araceli
- “O professor, o mestre, o amigo: evocaçom saudosa”. Marco, Aurora
- “O discurso metapoético de Ricardo Carvalho Calero”. Álvarez Cáccamo, Xosé María
- “As pegadas de Manoel Antonio na poesía de Ricardo Carvalho Calero”. March, Kathleen
- “Carvalho Calero: mitos para un exílio”. Pallarés, Pilar
- “Reflexións sobre a Segunda República”. Barreiro Fernández, Xosé Ramón
- “A descrición na obra narrativa de Carvalho Calero. Análise retórica e hermenéutica”. Casas, Arturo
- “Como sair do cerco. A legitimaçom galeguista da Literatura Galega por Carvalho Calero e a génese da sua centralidade no campo da crítica literária”. Torres Feijó, Elias J.
- “Carballo Calero, un xove nacionalista. 1926-1936”. Beramendi, Justo
- “Limiar”. López, Teresa; Salinas Portugal, Francisco
- “Ricardo Carvalho Calero escribe a Xosé Filgueira Valverde. Dados para a antoloxía da poesía galega do ano 1936”. López, Teresa
- “Do carácter híbrido da narrativa breve de Carvalho Calero. (Da ambigua verdade intempestiva de Aos amores seródios)”. Martínez Pereiro, Carlos Paulo
- VVAA (2003-2004). "Carballo Calero, Ricardo". Diccionario enciclopédico galego universal 13. La Voz de Galicia. p. 43. ISBN 84-7680-429-6.
- VVAA (2005). "Carballo Calero, Ricardo". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- VVAA (2006). "Carballo Calero, Ricardo". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. p. 432. ISBN 978-84-8288-942-9.
- VVAA (2010-2011). "Carballo Calero, Ricardo". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. p. 180-183.
- VVAA (2011). Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación. Carlos Caetano Biscainho Fernandes (coord.), Xosé-Manuel Sánchez-Rei (coord.) Universidade da Coruña. ISBN 978-84-9749-475-5. Inclúe:
- “A gramática galega no século XX. O contributo de Carvalho Calero”. Álvarez Blanco, Rosario
- “"Auto do prisioneiro" nas Mostras de Ribadávia: a recepçom cénica da obra dramática de Carvalho Calero no período refundacional do teatro galego”. Biscainho Fernandes, Carlos Caetano
- “Momentos de memoria persoal e comunal de RCC”. Blanco García, Carmen
- “Carvalho Calero e a lingua galega: coherencia, compromiso e visión de futuro”. Freixeiro Mato, Xosé Ramón
- “Carvallo Calero novelista”. Villanueva, Darío
- “Pensamento, intervención e ciencia”. García Negro, María Pilar
- “Ricardo Carvalho Calero, soliloquio contra a desesperanza”. Rodríguez, Francisco
- “O labor universitário de Ricardo Carvalho Calero”. Rodríguez Fernández, José Luís
- “Etapas no pensamento linguístico de Ricardo Carvalho Calero”. Montero Santalha, José-Martinho
- “Ricardo Carvalho Calero: planificador da língua galega”. Penabade Rei, Bernardo
- “Achegamento urxente á narrativa de Carvalho Calero”. Rabunhal Corgo, Enrique
- “Carvalho Calero poeta: a palabra no exilio”. Salinas Portugal, Francisco
- “A sociolingüística sobre o galego antes e despois de 1936: o contributo de Carvalho Calero”. Sanmartín Rei, Goretti
- “O teatro de Ricardo Carvalho Calero”. Tato-Fontaíña, Laura
Ligazóns externas
![]() | |
![]() |
- Caderno Conhecermos Carvalho Calero, PDF, Fundaçom Artábria, Ferrol.
- Maurício Castro: Carvalho Calero no século XX galego, 3/6/2008.
- "Carballo Calero, Ricardo" na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán)
- "Carvalho Calero, Ricardo" "Historia da literatura galega - autores". AS-PG.
- Ricardo Carvalho Calero na Biblioteca Virtual Galega, UDC.
|
|
|