Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| El Diario de Orense |
|---|
|
|
Instancia de
| |
Título
El Diario de Orense (es) |
|
|
|
|
Data de comezo
6 de xaneiro de 1914 | |
Data de remate
1928 | |
Fundación / creación
6 de xaneiro de 1914 |
|
|
|
Sede
| |
Lugar de publicación
|
|
|
| Wikidata |
El Diario de Orense foi un periódico editado en Ourense entre 1914 e 1928.
Subtitulado Periódico de intereses generales y locales (tamén figuraba Periódico de mayor circulación de la provincia), apareceu o 6 de xaneiro de 1914.[1] Fundado por Heraclio Pérez Placer que tamén o dirixiu nalgunha etapa, o seu primeiro director foi Hermenegildo Calvelo,[2] e despois Francisco Álvarez de Nóvoa e Ramón Villarino de Sáa. Foi redactor-xefe Antonio Couceiro Freijomil (na etapa en que estivo dirixido por Francisco Álvarez Nóvoa) e nel colaboraron Luís Madriñán Megid, Ricardo Goyanes Melgarejo, Eugenio López Aydillo, Aurelio Ribalta, Francisco de Cossío, Felipe Pedreira e Juan Barcia Caballero. Era un diario de tendencia conservadora-bugallista que se enfrontou en numerosas ocasións ao diario liberal La Voz Pública. Contiña novas locais e provinciais de carácter xeral, artigos variados e anuncios. Incluíu poemas en galego, unha sección satírica denominada "Picotazos", "Galicia histórica" da autoría de Antonio Couceiro Freijomil e "Biografías Gallegas" escrita por Manuel Molina Mera. Cesou a súa edición en 1928.
- ↑ El Correo de Galicia, 8-1-1914, p. 2.
- ↑ El Eco de Santiago, 29-12-1913, p. 2.