El Ciclón
El Ciclón | |
---|---|
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | Pontevedra e Santiago de Compostela |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Ciclón foi un semanario de publicación irregular con diferentes etapas, editado en Santiago de Compostela e Pontevedra entre 1883 e 1900.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Primeira etapa
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico satírico que Sopla todos los sábados, apareceu en 1883 baixo a dirección de José Peña Meléndez en colaboración co seu irmán Valentín Peña. Dedicado á crítica política e social, acollía as seccións "Rachas", "Temblores", "Telegramas", "Borrascas Poéticas", "Tarjetas postales" e "Anunciomanía". Colaboron Alfredo Vilas, Luís Taboada e Aureliano Pereira. Publicou poemas en galego de Benito Losada, Manuel Martínez González e Fernando García Acuña, un conto en verso de José Tresguerras Melo, e poemas en castelán de Javier Valcarce Ocampo e Juan Barcia Caballero.
Segunda etapa
[editar | editar a fonte]En maio de 1889 comezou unha nova andaina co subtítulo Periódico satírico. Sopla todos los jueves. Desta época son os poemas en galego de Adolfo Mosquera e Javier Valcarce Ocampo, á parte de varias poesías en castelán. En abril de 1891 pasou a subtitularse Periódico satírico. Sopla todos los viernes. Publicou poemas satíricos en galego de Adolfo Caamaño e fixo publicidade de libros de poemas de Heraclio Pérez Placer.
Terceira etapa
[editar | editar a fonte]A última etapa abrangue dende xaneiro ata marzo de 1900. Contiña numerosos poemas en castelán nas seccións "Borrascas poéticas" e "Temblores". Foi continuado por El Cínife.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Ciclón |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Ciclón, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Ciclón, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.