Brawn GP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brawn GP
Barrichello Barcelona testing.jpg
Nome completo Brawn GP Formula One Team
Bandeira coa que compite Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Base en Brackley, Northamptonshire, Reino Unido
Xefe de Equipo Flag of the United Kingdom.svg Ross Brawn
Director Técnico Flag of Germany.svg Jörg Zander
Pilotos 22. Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button
23. Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello
Pilotos de probas Alemaña Alexander Würz
Flag of the United Kingdom.svg Anthony Davidson
Chasis BGP001
Motor Mercedes Benz FO 108W
Pneumáticos Bridgestone
Debut Gran Premio de Australia de 2009
Carreiras 17
Campionatos de Construtores 1 (2009)
Campionatos de Pilotos 1 (2009)
Vitorias 8
Pole positions 5
Voltas Rápidas 4
Puntos totais
Clasificación en 2009

Brawn GP Formula One Team, formalmente Brawn GP Limited, foi unha escudería británica de Fórmula 1 que gañou o Campionato Mundial de Construtores de Fórmula 1 en 2009.

Formouse o 6 de marzo de 2009, despois de que se confirmase que Ross Brawn, ata entón director técnico de Honda F1, comprara o equipo de F1 de Honda. Previamente, os enxeñeiros de Super Aguri incorporáronse a este equipo, por mor da retirada da marca xaponesa da Fórmula 1 en maio de 2008.

Brawn GP fixo o seu debut no Gran Premio de Australia de 2009 co inglés Jenson Button e o brasileiro Rubens Barrichello como pilotos. Naquela carreira os seus pilotos conseguiron as dúas primeiras posicións de clasificación e de carreira.

O equipo utilizou motores de Mercedes. A pesar das dificultades iniciais, o equipo conseguiu varios patrocinadores conforme avanzaba a tempada, incluíndo Virgin, MIG Investments, Henri Lloyd e PerkinElmer.

Ao finalizar a tempada, Brawn GP converteuse no primeiro equipo da historia desta categoría en conseguir o Campionato Mundial de Construtores e o Campionato Mundial de Pilotos no mesmo ano do seu debut. Jenson Button acabou primeiro da clasificación de pilotos e Rubens Barrichello, terceiro.

O 16 de novembro do 2009 a empresa alemá Mercedes-Benz, en colaboración con Aabar Investimentos, anunciou a compra do 75,1% do equipo Brawn GP, polo cal pasou a chamarse Mercedes GP, e convertendo a Brawn GP na escuadra con mellores estatísticas da historia da Fórmula 1


Os monoprazas de Brawn GP
BGP001 - 2009