Circuíto Internacional de Bahrain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto Internacional de Bahrain
Plano do Circuíto
Bahrain International Circuit--Endurance Circuit.svg
Datos
Carreiras F1, GP2, GP2 Asia, V8 Supercars, F3, GT Festival, Drag racing
Localización Flag of the Bahamas.svg Sakhir, Bahrain
Lonxitude 6´299 km.
Curvas 23
Volta rápida (2010) 1:58.287
Piloto Record España Fernando Alonso
Escudería Record Italia Scuderia Ferrari
Coordenadas 26°1′57″N 50°30′38″E / 26.0325°N 50.51056°E / 26.0325; 50.51056
Vista do Circuíto
Vista da carreira de F1 en 2008

O Circuíto Internacional de Bahrain é un autódromo localizado na cidade de Manama, Bahrain, sede do Gran Premio de Bahrein de Fórmula 1.

A construción do circuíto para poder albergar unha data da tempada de Fórmula 1 foi un obxectivo nacional para Bahrain, impulsado polo príncipe Salman bin Hamad Al Khalifa. O príncipe herdeiro é un gran entusiasta do deporte motor, ao momento que ocupa o cargo de Presidente Honorario da Federación de Automobilismo de Bahréin.

Os organizadores do Gran Premio temeron non chegar a terminar a tempo as construcións necesarias para a realización do evento, e solicitaron ao mandamás da F1 Bernie Ecclestone a postergación para o 2005. Ecclestone negouse, e a carreira disputouse a pesar de que o autódromo non estaba terminado na súa totalidade.

Un dos eventuais problemas que se temían no evento, tiña que ver con que o circuíto está localizado no medio do deserto, co cal os ventos poderían arrastrar area cara ao trazado e alterar así o funcionamento das máquinas. De todos os xeitos, os organizadores do Gran Premio lograron manter a area fóra da pista, mediante a utilización dun adhesivo que se rocía nas areas que rodean o trazado.

O cicuito foi deseñado polo alemán Hermann Tilke, e custou aproximadamente 150 millóns de dólares.

Outras instalacións [editar]

Hai catro circuítos distintos sobre a pista principal.

  • Pista do Gran Premio (na figura superior deste artigo).
  • Pista interior (na sección media da pista: inclúe as curvas 5 a 12 do circuíto principal, cunha serie de pinzas que unen as curvas 12 e 5)
  • Pista exterior (inclúe a totalidade do circuíto, coa excepción das curvas 5 a 12)
  • Pista do paddock (inclúe a totalidade do circuíto, coa excepción das curvas 4 a 9)

Existen tamén no autódromo unha recta para picadas e unha pista oval.








Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Manama-Sakhir [editar]

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
2004 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:28:34,875 h 5´417 km 57 209´143 km/h 4. Abril Flag of Bahrain.svg Bahrain
2005 España Fernando Alonso Renault 1:29:18,531 h 5´417 km 57 207´274 km/h 3. Abril
2006 España Fernando Alonso Renault 1:29:46,205 h 5´412 km 57 206´018 km/h 12. Marzo
2007 Flag of Brazil.svg Felipe Massa Ferrari 1:33:27,515 h 5´412 km 57 197´887 km/h 15. Abril
2008 Flag of Brazil.svg Felipe Massa Ferrari 1:31:06,970 h 5´412 km 57 202´975 km/h 6. Abril
2009 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button Brawn-Mercedes 1:31:48,182 h 5´412 km 57 201´711 km/h 26. Abril
2010 España Fernando Alonso Ferrari 1:39:20,396 h 6´299 km 49 186´272 km/h 14. Marzo
2011 Suspendido 13. Marzo
2012 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull 1:35:10,990 h 5´412 km 57 201´143 km/h 22. Abril
2013 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull h 5´412 km 57 km/h 21. Abril

Record: F.Alonso (3 Veces)

Ligazóns externas [editar]