Manuel Martínez Sueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Martínez Sueiro
Manuel Martínez Sueiro.jpg
Nacemento21 de maio de 1873
Lugar de nacementoCadós
Falecemento2 de outubro de 1920
Lugar de falecementoSalamanca
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e xurista
editar datos en Wikidata ]

Manuel Martínez Sueiro, nado en Cadós (Bande) o 21 de maio de 1873 e finado en Salamanca o 2 de outubro de 1920, foi un xurista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no seminario de Ourense e licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1895). Traballou como avogado en Ourense e exerceu de xuíz municipal ata que gañou as oposicións a xudicatura. Foi xuíz de Instrución en Riaño, Gandesa, Corcubión, O Carballiño e Monforte de Lemos. Logo foi fiscal da Audiencia en Ourense e Salamanca.

Alternou a súa profesión co xornalismo e a investigación histórica e arqueolóxica. Colaborou no Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense con artigos como “Vocablos gallegos del dialecto salmantino” e “El Autor del Pórtico del Paraíso” e no Boletín del Círculo Católico de Obreros de Orense. Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, da Real Academia de la Historia e membro correspondente da Real Academia Galega.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Estudios sociales. Memoria sobre los medios más prácticos y eficaces de mejorar la aptitud técnica y la condición moral y material del obrero en Galicia, 1901.
  • La Cuestión agraria en Galicia. Redención de foros y subforos: una solución equitativa, 1912.
  • Fueros municipales de Orense, 1912.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barbosa Lorenzo, Carmen (1999). "Manuel Martínez Sueiro entre la historia y la sociología". Minius (7): 115–126.