Lourenzo Fernández Prieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLourenzo Fernández Prieto

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de maio de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
A Devesa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Participou en
11 de xuño de 2018manifesto «Renovar el pacte constitucional» (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Twitter: lourenzofp Dialnet: 520394 Editar o valor em Wikidata

Lourenzo Fernández Prieto, nado en Vilagoíz (A Devesa, Ribadeo) o 28 de maio de 1961[Cómpre referencia], é un historiador galego. En 2021 foi elixido membro da Real Academia Galega[1], pasando no 2023 a ser membro de número[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 2005. Foi secretario do IDEGA entre 1992 e 1995 e pertence ao seu Consello Científico. Elixido en varios períodos, desde 1986, membro do Claustro e da Xunta de Goberno da USC, así como do Consello Universitario de Galicia. Vicerreitor de relacións institucionais da USC entre 2007 e 2010. Na actualidade é director do departamento de Historia Contemporánea da universidade compostelá e membro do consello de administración da Editorial Galaxia. Colabora habitualmente en diversos medios de comunicación do país.

Especializado en Historia agraria e Historia do século XX, os seus ámbitos principais de traballo refiren á mudanza tecnolóxica, as mudanzas na sociedade rural contemporánea e a política da memoria.

Dirixe o Proxecto interuniversitario Nomes e Voces, dedicado á investigación da represión franquista en Galicia,[3] e o Grupo de historia agraria e política do mundo rural da USC (Histagra).[4]

A súa produción e actividade científica comprende máis dun cento de publicacións, así como o liderado de diversos proxectos e convenios de investigación. Ten participado en proxectos europeos dos programas STRIDE (mudanza tecnolóxica) e FAIR (propiedade comunal). No intervalo de 2005 a 2010 foi elixido vicepresidente da Sociedade Española de Historia Agraria.

Dende 1995, forma parte do General Board da rede europea ESTER (European School for Training in Economic and Social historical Research), responsábel da formación de estudantes de doutoramento.

En maio de 2010, concorreu con outros seis candidatos á reitoría da USC, proceso no que pasou á segunda volta.

O 3 de xuño de 2023 leu o discurso de ingreso como membro de número da RAG.[5]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Vocabulario de historia, Universidade de Santiago de Compostela, 1994.
  • Actas do Congreso Internacional Poder Local, élites e cambio social na Galicia non urbana (1874-1936),Santiago de Compostela, 14-15 xuño 1996, Universidade de Santiago de Compostela, 1997.
  • Terra e progreso. Historia agraria da Galicia contemporánea, Xerais, Vigo, 2000.
  • Os montes veciñais en man común: o patrimonio silente. Natureza, Economía, identidade e democracia na Galicia rural, Xerais, Vigo, 2006.
  • A gran historia de Galicia, La Voz de Galicia, 2007.
  • Historia das historias de Galicia, Xerais, Vigo, 2016.
  • 1936. O Estatuto esquecido, Guiverny, 2016.
  • Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, Galaxia, 2018 (ed. xunto con Antonio Míguez Macho).

Obra en castelán e inglés[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Galardóns e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]