A Devesa, Ribadeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°32′N 07°08′O / 43.533, -7.133

A Devesa
Catedrais 2.jpg
ConcelloRibadeo
Poboación529 hab. (2014)
Entidades de poboación20

Santalla da Devesa é unha parroquia do concello de Ribadeo. Segundo o censo municipal, en 2004 tiña 615 habitantes distribuídos en 11 entidades de poboación e 9 lugares, cunha densidade de 29,6 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 529 habitantes, sendo 256 homes e 273 mulleres.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita coas parroquias de Reinante, San Miguel de Reinante e Vilamartin Pequeno (no concello de Barreiros) cuxo límite o fai o regato do Perdón e, polo sur con Arante, no leste con Covelas e Vilaframil (tamén está o seu termo o monte Mondigo) e polo oeste con Rinlo. Pertece ó arciprestado de Ribadeo.

Ten unha superficie de 20,74 km² e unha altitude media de 110 m, estando a maioría da parroquia asentada na rasa costeira fronte ó mar Cantábrico.

Evolución da poboación[editar | editar a fonte]

Presenta unha poboación descendente:[1]

total homes mulleres
2018 477 235 242
2017 496 245 251
2016 494 242 252
2015 505 245 260
2014 529 256 273
2013 541 260 281
2012 561 267 294
2011 562 267 295
2010 581 276 305
2009 589 282 307
2008 593 287 306
2007 603 292 311
2006 603 288 315
2005 617 293 324
2004 615 296 319
2003 625 303 322
2002 635 306 329
2001 646 310 336
2000 661 317 344

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo deriva do latín DEFENSA, "protexida"[2], e tamén "bosque en terreo comunal"[3], que perde o n ante o s na súa evolución, como mensa / mesa, quedando así Defesa, como xa aparece testemuñado no ano 924. O f latino, son fricativo fortemente sonorizado, convértese nun v dando a súa forma actual Devesa, co significado de "Vila fortemente defendida" que logo pasou a designar esta parroquia.

Situación xeográfica
A Devesa, Ribadeo.jpg
Mapa de situación en Galicia da parroquia
A Devesa, Ribadeo
Concello ó que pertence: Ribadeo

Monumentos[editar | editar a fonte]

O templo parroquial (a Igrexa de Santa Eulalia) é do século XVI, pero con reformas posteriores. Dispón dunha nave con bóveda de aresta nos tres tramos, sobre arcos faxóns. Na fachada un arco escarzano e unha torre de dous corpos rematada por cúpula de media laranxa. No seu interior, un retablo neoclásico do século XIX e tres barrocos do XVIII. En canto á orfebrería posúe tres cálices e un copón, de prata e ouro. Existen, ademais, dentro do térmo parroquial tres capelas, baixo as advocacions de Santa Filomena, San Roque e San Ramón (cun retablo barroco do XVIII ao que se lle incorporou un Cristo do século XVII).

En Meirengos consérvase un castro de aproximadamente 1 Ha.[4] Asemade, na zona dos Castros consérvanse restos de poboados castrexos de certa importancia. Tamén se localizan o Círculo Habaneiro, a Casa Place, a Casa Maseda e outras de estilo colonial ao carón da estrada xeral.

A parroquia conta entre o seu patrimonio natural coa praia de Augas Santas (tamén coñecida como praia das Catedrais) pertencente á zona do Rato. Outros areais de importancia son Os Castros, As Illas, A Rochela (estas dúas na zona da Rochela) e Esteiro (dentro da zona do mesmo nome).

Economía[editar | editar a fonte]

A cooperativa agrícola Os Irmandiños, situada na Devesa, contribuíu economicamente ao seu desenvolvemento, así como a dar empuxe ao concello de Ribadeo no conxunto do ámbito municipal das actividades.

A atracción da praia das Catedrais ten sido un polo de desenvolvemento económico baseado no turismo.

A N-634 e a A-8 (cunha saída para a praia das Catedrais) atravesan a parroquia, o mesmo que a liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón (cun apeadoiro próximo á Praia dos Castros).

Lecer[editar | editar a fonte]

O Albergue Xuvenil é un campamento que se abre no verán para realizar acampadas. Está situado entre a N-634 e a praia das Catedrais.

Festas[editar | editar a fonte]

O 31 de agosto celébrase a festa na honra a San Ramón Nonato, que inclúe romaría e procesión. Pero as Festas Patronais son as de Santa Eulalia case sempre o 10 de decembro e contan cunha gran tradición na zona xa que coinciden coa época do San Martiño ou da matanza do porco.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "INEbase / Demografía y población /Padrón. Población por municipios /Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por unidad poblacional / Resultados". www.ine.es. Consultado o 2019-01-24. 
  2. Rodríguez Díaz, José María (2007). Estudio sobre la toponimia de Ribadeo. 
  3. Calendario toponímico 2019 do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, accesible en http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=system/files/calendario%20toponimico%20ies%20dionisio.pdf
  4. Rodríguez Díaz, José María, ([2009]). Sobre os castros de Ribadeo. [Lugo]: O Tesón. ISBN 9788461296446. OCLC 733842086. 

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Devesa[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Devesa no concello de Ribadeo (Lugo)

A Avesada | O Barral | A Barrio da Campana | Barrio Novo | Cepetal | Cinxe | Esteiro | O Lagar | Liñeiro | Meirengos | Noceda | Os Olleiros | A Pedreira | A Preixoana | O Rato | A Rochela | O Viladroiro | Vilagoíz | Vilandriz | A Volta


Parroquias de Ribadeo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo

Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]