El País (1857)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El País
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 9039
editar datos en Wikidata ]

El País foi un periódico editado en Pontevedra entre 1857 e 1858.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 30 de agosto de 1857. Periódico de carácter científico e literario que se publicaba os xoves e domingos, dende o número 19 subtitulábase Periódico de ciencias, literatura, industria y comercio, cambiando no número 61 a Periódico literario y comercial. Fundado por Luís Rodríguez Seoane, Francisco Fernández Anciles e Vicente Gregorio Aspa, que tamén foron os seus redactores xunto con José Rodríguez Seoane e Manuel Ángel Couto. Entre os seus colaboradores figuraron Domingo Camino, Xoán Manuel Pintos, Manuel Murguía e Aurelio Aguirre. Cesou a súa publicación logo de 115 números en decembro de 1858, e foi substituído por La Perseverancia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]