Aires d’a Miña Terra (Buenos Aires)
Aires d’a Miña Terra | |
---|---|
![]() Núm. 1. 10 de maio de 1908. | |
País | Arxentina |
Sede central | Buenos Aires |
Lingua | castelán (predominante) e galego |
Fundación | 10 de maio de 1908 |
Fundador | Manuel Novoa Costoya |
Última edición | 25 de xullo de 1909 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Aires d’a Miña Terra foi unha revista semanal de doce páxinas, predominantemente en lingua castelá, mais con abondosos contidos en lingua galega, editada en Buenos Aires de maio de 1908 a xullo de 1909.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Apareceu o 10 de maio de 1908 en homenaxe a Manuel Curros Enríquez, o mesmo ano da súa morte, fundada e dirixida por Manuel Novoa Costoya.[1] Contiña información sobre Galicia e notas locais, amais de literatura galega en prosa e verso, que tiña unha notable presenza, xunto coa publicidade.
Reproduciu textos de Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Curros, Benito Vicetto, Antonio Neira de Mosquera, Alberto Camino, Antonio de la Iglesia e Marcial Valladares e entre os seus colaboradores figuraron Amador Montenegro, Benito Fernández Alonso, Galo Salinas, Jesús Couto Fernández, Julio de la Cuesta, Gonzalo López Abente, Sofía Casanova, Basilio Álvarez, Juan Barcia Caballero, Lisardo Barreiro, Leandro de Saralegui Medina, Salvador Cabeza de León, Prudencio Canitrot, Enrique Labarta Pose, Manuel Lugrís Freire, Emilia Pardo Bazán, Heraclio Pérez Placer, Claudio Cuveiro e Antonio Fernández Tafall.
Publicou 63 números e cesou o 25 de xullo de 1909.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Aires da Miña Terra". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Alonso Girgado, L. (dir.); Fariña, C. (ed) (2004). Aires d’a miña terra (Bos Aires, 1908-1909). CIRP. ISBN 84-453-3879-X. Arquivado dende o orixinal (inclúe facsímiles en CD) o 04 de maio de 2019. Consultado o 04 de maio de 2019.
- Hermida García, Modesto (1995). Narrativa galega: tempo do Rexurdimento. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-886-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. p. 26-27. ISBN 84-8288-365-8.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aires d’a Miña Terra ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha e exemplares de Aires d’a Miña Terra en Galiciana.
- Ficha e exemplares de Aires d’a Miña Terra Arquivado 04 de maio de 2019 en Wayback Machine. no Centro Ramón Piñeiro.