Isidoro Brocos
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Brocos.
Isidoro Brocos Gómez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 4 de abril de 1841 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 26 de novembro de 1914 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | galego |
Alma máter | Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Ocupación | escultor |
Irmáns | Modesto Brocos |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Isidoro Brocos Gómez, nado en Santiago de Compostela o 4 de abril de 1841 e finado ibídem o 26 de novembro de 1914, foi un escultor, gravador e debuxante galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tumba de Isidoro Brocos no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
Formouse na Escola de San Fernando de Madrid, en Roma e en París. Foi profesor da Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde tivo entre os seus alumnos a Pablo Picasso e fixo gravados para La Ilustración Gallega y Asturiana.
Pode apreciarse obra de Brocos no Museo de Belas Artes da Coruña[1] e no Museo Provincial de Pontevedra.[2]
Era irmán máis vello do pintor Modesto Brocos e, inda que finou en Santiago, está soterrado no cemiterio de San Amaro da Coruña.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Museo de Belas Artes da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 13 de agosto de 2013.
- ↑ Museo de Pontevedra
- ↑ A San Amaro de visita «guiada» La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isidoro Brocos |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- López Vázquez, José Manuel. Rodríguez Igrexas, F., ed. Galicia, Arte, Tomo XV: Arte Contemporánea. A Coruña: Hércules. pp. 187–190. ISBN 84-89468-11-7.
- Lousa Rodríguez, Manoel; Isidoro Brocos Gómez, sus vidas, su familia, su obra, 245 p,s., Deputación de Lugo, 2002.
- Mon, Fernando et al., artigo "BROCOS GÓMEZ, Isidoro" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Los Brocos, una saga gallega Diario de León (en castelán).
- Exposición Isidoro Brocos Escultura e debuxo na Colección ABANCA en Pontevedra