Derek Warwick

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Derek Warwick
Derek Warwick 1982.jpg
Warwick no Gran Premio dos Países Baixos de 1982
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Anos en activo 19811990, 1993
Escudería(s) Toleman, Renault, Brabham, Arrows, Lotus, Footwork
Grandes Premios disputados 162 (147 saídas)[1]
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 4
Pole positions 0
Voltas rápidas 2
Primeiro GP Gran Premio de San Marino de 1981
Derradeiro GP Gran Premio de Australia de 1993

Derek Stanley Arthur Warwick (nado o 27 de agosto de 1954) é un expiloto inglés, que vive en Jersey.[2] Competiu durante moitos anos en Fórmula 1, logrando catro podios pero nunca gañou un Gran Premio. Con todo, gañou as 24 Horas de Le Mans de 1992 e o Campionato do mundo de Sportscar de 1992.

En 2005 e 2006 competiu na tempada inaugural da fórmula Grand Prix Masters para pilotos retirados da fórmula un. Exerceu como o cuarto comisario en tres Grandes Premios en 2010 e 2011. É o presidente do club británico de pilotos de competición, sucedendo a Damon Hill.

Vida temperá e carreira[editar | editar a fonte]

Coche Superstox de Derek Warick, Matchams Park, 1973

Warwick naceu en Alresford, Hampshire, Inglaterra.[3] Comezou a súa andaina nas carreiras británicas de stock car, organizadas por Spedeworth en pistas como o Estadio Aldershot. Gañou o campionato inglés de Superstox en 1971 (aos 16 anos de idade) e o campionato do mundo no estadio de Wimbledon en 1973.[4] O seu irmán menor Paul tamén competiu cun certo éxito en Superstox antes de progresar á Fórmula 3000, na que corría cando morreu nun accidente en 1991.

Derek gañou en 1978 o campionato británico da Fórmula tres de 1978.

Fórmula Un (1981-1993)[editar | editar a fonte]

Warwick clasificouse terceiro con Renault no Gran Premio de Dallas de 1984, pero trompeou logo de 10 voltas.

Warwick comezou a súa carreira da Fórmula Un co incipiente equipo Toleman de F1 na tempada 1981 de Fórmula Un. Só conseguiu clasificarse para unha carreira ese ano, o Gran Premio Caesars Palace de 1981 ao final da tempada nas Vegas.[3] Warwick fixo unhas malas tempadas en 1982 e 1983 con Toleman, pero recuperouse, anotando puntos nas catro últimas roldas do campionato de 1983.[1]

Fichou por Renault en 1984 despois de que Alain Prost os deixara a finais de 1983. Warwick, esperaba ter un coche co que gañar unha carreira, liderou o Gran Premio do Brasil de 1984, na súa primeira carreira con eles, pero retirouse debido a un fallo da suspensión causado no inicio da carreira cando golpeou unha roda nun duelo co McLaren de Niki Lauda. Terminou no segundo lugar tanto en Bélxica como en Reino Unido e colocouse sétimo no campionato.[5] 1984 sería o principio do fin para o equipo de fábrica de Renault, os pioneiros do turbo na Fórmula Un. Nin Warwick nin o seu novo compañeiro de equipo Patrick Tambay gañaron unha carreira en 1984, a primeira vez desde 1978 que o equipo non gañou un Gran Premio.

O punto de inflexión na carreira de Warwick foi a súa decisión de quedarse en Renault para 1985 e rexeitar unha oferta de pilotar para Williams-Honda. (O asento foi entón ofrecido a Nigel Mansell) quen, aceptou o posto, gañou dúas carreiras ao final da tempada.) 1985 foi unha pobre tempada para Renault e o equipo retirouse da Fórmula Un ao final do ano. A retirada de Renault, e a negativa de Ayrton Senna de contratar a Warwick como compañeiro de equipo no equipo Lotus (usando o seu estado de piloto líder do equipo, Senna negouse a ter a ninguén que non fora un puro 2º piloto como compañeiro de equipo, xa que cría que Lotus non era capaz de aguantar a dous pilotos de campións), deixou a Warwick sen un equipo para a tempada 1986 e aceptou unha oferta para pilotar no equipo TWR Jaguar propiedade de Tom Walkinshaw no World Sportscar Championship. Logo da morte de Elio de Angelis nun accidente durante unha proba en maio, Warwick foi invitado a ocupar o seu lugar en Brabham. Xurdiron rumores non confirmados de que o dono de Brabham, Bernie Ecclestone, invitara a Warwick a tomar o lugar de Angelis, xa que o inglés fora o único piloto dispoñible que non contactara co equipo ofrecendo os seus servizos nos días posteriores á intempestiva morte do italiano. Warwick explicou:

"Recibín unha chamada telefónica de Bernie, quen dixo que realmente apreciaba o feito de que non o chamase cinco minutos despois de que Elio morrese e que me gustaría substituílo".

Como ningún Gran Premio coincidía cos seus compromisos na Sportscar, Warwick puido competir en ambos campionatos mundiais.

En 1987, Warwick trasladouse ao equipo Arrows xunto ao seu compañeiro de equipo en Jaguar Eddie Cheever, terminando a tempada con 3 puntos anotados. A tempada de {{f1|1988} viu unha mellora no rendemento dos Arrows debido ao potente motor Megatron (un motor re-nomeado BMW M12) e Warwick terminou 7 veces no top 6, logrando 17 puntos e unha respectable 8ª posición no campionato. A súa mellor carreira da tempada foi a cuarta posición no Gran Premio de Italia de 1988 en Monza onde terminou só medio segundo detrás de Cheever. Italia tamén foi notable porque foi a primeira vez desde o principio de 1987 que o gurú Heini Mader do motor dos Arrows resolveu finalmente o problema coa válvula pop-off obrigatoria da FIA que restrinxía a potencia do turbo. Isto permitiu por primeira vez a Warwick e a Cheever explotar completamente a potencia do motor Megatron 640 bhp (477 kW; 649 PS) (restrinxido a unha potencia de 2.5 BAR en 1988) e estar moito máis preto da cabeza do que estaban anteriormente.

En 1989, a vitoria eludiu a Warwick en dúas ocasións. A primeira vez foi no Gran Premio do Brasil de 1989, cando un desastroso pit stop custoulle máis de 17 segundos e terminou detrás do gañador Nigel Mansell. Pero o verdadeiro desconsolo chegou no Gran Premio do Canadá, cando Warwick pilotou soberbamente e lideraba a carreira en mollado, só para que o seu motor Cosworth fallara na volta 40, (Ayrton Senna, que superara a Warwick na volta 38, retiraríase cando a súa McLaren Honda V10 explotou a 3 voltas da meta. Como Warwick rodaba moito máis rápido que aqueles que marchaban detrás del, incluído o eventual ganador Thierry Boutsen, era posible que puidese lograr o seu primeiro triunfo nun Gran Premio se terminase). Os problemas de fiabilidade pragaron a tempada de Warwick e custoulle bos acabados noutras carreiras, logrando só 7 puntos en toda a tempada, no último dos seus 3 anos en Arrows.

Para a tempada de 1990, 4 anos despois do veto de Senna, Warwick finalmente conduciu para Lotus que en 1990 usaba o motor Lamborghini V12. Pero os días de gloria dese equipo terminaran e Warwick terminou a tempada con dó 3 puntos. O seu maior logro da tempada foi no Gran Premio de España de 1990, onde o seu compañeiro Martin Donnelly sufriu un grave accidente deixando Warwick elevar á moral do equipo cunha cualificación no Top 10 só para que a caixa de cambios fallase a 10 voltas do final. Logo dun período sabático de 3 anos, Warwick volveu á Fórmula Un en 1993 para pilotar para Footwork, pero soamente logrou anotar 4 puntos. Terminou a súa carreira cun total de 71 puntos de Gran Premio.

Algúns consideran que Warwick é o mellor piloto de Fórmula Un que nunca logrou gañar unha soa carreira.

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Puntos
1981 Candy Toleman
Motorsport
Toleman TG181 Hart 415T 1.5 L4t USW BRA ARX SMR
NSC
BEL
NSC
MON
NSCP
ESP
NSC
FRA
NSC
GBR
NSC
ALE
NSC
AUT
NSC
NED
NSC
ITA
NSC
CAN
NSC
CPL
Ret
NC 0
1982 Candy Toleman
Motorsport
Toleman TG181C Hart 415T 1.5 L4t RSA
Ret
BRA
NSC
USW
NSCP
SMR
Ret
BEL
Ret
MON
NSC
DET CAN NED
Ret
GBR
Ret
FRA
15
ALE
10
AUT
Ret
SUI
Ret
NC 0
Toleman TG183 ITA
Ret
CPL
Ret
1983 Candy Toleman
Motorsport
Toleman TG183B Hart 415T 1.5 L4t BRA
8
USW
Ret
FRA
Ret
SMR
Ret
MON
Ret
BEL
7
DET
Ret
CAN
Ret
GBR
Ret
ALE
Ret
AUT
Ret
NED
4
ITA
6
EUR
5
RSA
4
14º 9
1984 Equipe
Renault
Elf
Renault RE50 Renault EF4 1.5 V6t BRA
Ret
RSA
3
BEL
2
SMR
4
FRA
Ret
MON
Ret
CAN
Ret
DET
Ret
DAL
Ret
GBR
2
ALE
3
AUT
Ret
NED
Ret
ITA
Ret
EUR
11
POR
Ret
23
1985 Equipe
Renault
Elf
Renault RE60 Renault EF4B 1.5 V6t BRA
10
POR
7
SMR
10
MON
5
CAN
Ret
DET
Ret
FRA
7
14º 5
Renault RE60B Renault EF15 1.5 V6t GBR
5
ALE
Ret
AUT
Ret
NED
Ret
ITA
Ret
BEL
6
EUR
Ret
RSA AUS
Ret
1986 Motor Racing
Developments
Brabham BT55 BMW M12/13/1 1.5 L4t BRA ESP SMR MON BEL CAN
Ret
DET
10
FRA
9
GBR
8
ALE
7
HUN
Ret
AUT
NTS
ITA
Ret
POR
Ret
MEX
Ret
AUS
Ret
NC 0
1987 USF&G Arrows
Megatron
Arrows A10 Megatron M12/13 1.5 L4t BRA
Ret
SMR
11
BEL
Ret
MON
Ret
DET
Ret
FRA
Ret
GBR
5
ALE
Ret
HUN
6
AUT
Ret
ITA
Ret
POR
13
ESP
10
MEX
Ret
XPN
10
AUS
Ret
16º 3
1988 USF&G Arrows
Megatron
Arrows A10B Megatron M12/13 1.5 L4t BRA
4
SMR
9
MON
4
MEX
5
CAN
7
DET
Ret
FRA
Ret
GBR
6
ALE
7
HUN
Ret
BEL
5
ITA
4
POR
4
ESP
Ret
XPN
Ret
AUS
Ret
17
1989 USF&G Arrows Arrows A11 Ford Cosworth DFR 3.5 V8 BRA
5
SMR
5
MON
Ret
MEX
Ret
USA
Ret
CAN
Ret
FRA GBR
9
ALE
6
HUN
10
BEL
6
ITA
Ret
POR
Ret
ESP
9
XPN
6
AUS
Ret
10º 7
1990 Camel
Team Lotus
Lotus 102 Lamborghini 3512 3.5 V12 USA
Ret
BRA
Ret
SMR
7
MON
Ret
CAN
6
MEX
10
FRA
11
GBR
Ret
ALE
8
HUN
5
BEL
11
ITA
Ret
POR
Ret
ESP
Ret
XPN
Ret
AUS
Ret
14º 3
1993 Footwork
Mugen-Honda
Footwork FA13B Mugen-Honda MF-351 HB 3.5 V10 RSA
7
BRA
9
16º 4
Footwork FA14 EUR
Ret
SMR
Ret
ESP
13
MON
Ret
CAN
16
FRA
13
GBR
6
ALE
17
HUN
4
BEL
Ret
ITA
Ret
POR
15
XPN
14
AUS
10

† Piloto que non finalizou o Gran Premio, pero clasificouse ao completar o 90% da distancia.

Resultados nas 24 Horas de Le Mans[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Co-Piloto Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1983 Alemaña Porsche Kremer Racing Francia Patrick Gaillard
Alemaña Frank Jelinski
Porsche-Kremer CK5 C 76 Ret. Ret.
1986 Flag of the United Kingdom.svg Silk Cut Jaguar
Flag of the United Kingdom.svg Tom Walkinshaw Racing
Flag of the United States.svg Eddie Cheever
Francia Jean-Louis Schlesser
Jaguar XJR-6 C1 239 Ret. Ret.
1991 Flag of the United Kingdom.svg Silk Cut Jaguar
Flag of the United Kingdom.svg Tom Walkinshaw Racing
Dinamarca John Nielsen
Flag of the United Kingdom.svg Andy Wallace
Jaguar XJR-12 C2 356
1992 Francia Peugeot Talbot Sport Francia Yannick Dalmas
Flag of the United Kingdom.svg Mark Blundell
Peugeot 905 Evo 1B C1 352
1996 Francia Courage Compétition Flag of the United States.svg Mario Andretti
Flag of the Netherlands.svg Jan Lammers
Courage C36-Porsche LMP1 315 13º

Resultados completos no British Touring Car Championship[editar | editar a fonte]

(key) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida) (* significa que ao piloto que lideraba polo menos unha volta – recibía 1 punto en 1998 soamente)

Ano Equipo Coche 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 Pos Pts
1995 Alfa Romeo Old Spice Racing Alfa Romeo 155 TS DON
1

Ret
DON
2

Ret
BRH
1

12
BRH
2

Ret
THR
1

12
THR
2

Ret
SIL
1

16
SIL
2

17
OUL
1

DNS
OUL
2

DNS
BRH
1

8
BRH
2

11
DON
1

13
DON
2

Ret
SIL
1

9
KNO
1

Ret
KNO
2

16
BRH
1

8
BRH
2

14
SNE
1

Ret
SNE
2

13
OUL
1

8
OUL
2

Ret
SIL
1

8
SIL
2

10
19º 15
1997 Vauxhall Sport Vauxhall Vectra DON
1

9
DON
2

8
SIL
1

8
SIL
2

5
THR
1

15
THR
2

6
BRH
1

10
BRH
2

11
OUL
1

11
OUL
2

Ret
DON
1

Ret
DON
2

10
CRO
1

7
CRO
2

10
KNO
1

9
KNO
2

13
SNE
1

11
SNE
2

Ret
THR
1

9
THR
2

8
BRH
1

Ret
BRH
2

Ret
SIL
1

Ret
SIL
2

Ret
14º 33
1998 Vauxhall Sport Vauxhall Vectra THR
1

12
THR
2

5
SIL
1

4
SIL
2

6*
DON
1

13
DON
2

8
BRH
1

11
BRH
2

13
OUL
1

11
OUL
2

Ret
DON
1

DSC
DON
2

3
CRO
1

9
CRO
2

12
SNE
1

10
SNE
2

Ret
THR
1

7
THR
2

Ret
KNO
1

9
KNO
2

1
BRH
1

Ret
BRH
2

14
OUL
1

10
OUL
2

5*
SIL
1

7
SIL
2

10
70

Resultados completos na Porsche Supercup[editar | editar a fonte]

(key) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
2007 Porsche AG BHR1 BHR2 ESP MON FRA GBR
27
GER HUN TUR BEL ITA NC† 0†

† Non podía puntuar porque era un piloto invitado.

Resultados completos na Bathurst 1000[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1997 Flag of the United Kingdom.svg Vauxhall Sport Australia Peter Brock Vauxhall Vectra 148

Casco[editar | editar a fonte]

O casco de Warwick era azul con toda a zona do queixo branco e unha franxa branca que corría a través da parte superior, no área do queixo había unha franxa en cada lado, o seu nome escrito e a Union Jack.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Catania, Maximiliano (22 de febreiro de 2005). "Derek Warwick in focus". Funo!. Consultado o 22 de marzo de 2008. 
  2. A Message from Derek Warwick
  3. 3,0 3,1 "DRIVERS: DEREK WARWICK". GrandPrix.com. Consultado o 22 de marzo de 2008. 
  4. "EXCLUSIVE INTERVIEW: Derek Warwick". Richard's F1. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 26 de agosto de 2011. 
  5. "Renault Rockets – A history of Renault in F1". F1Network.net. Consultado o 22 de marzo de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Derek Warwick's F1 Blog on Champions365.com