Circuíto Internacional de Bahrain
| Circuíto Internacional de Bahrain | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Sakhir | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Usado por
| |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Número de eventos xogados
| |||||||
|
Acontecementos
| |||||||
| Dimensión | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
|
Páxina WEB
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||

| A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Circuíto Internacional de Bahrain (en árabe حلبة البحرين الدولية baraahin al-intarnals wadjaviyaa), máis coñecido como Circuíto de Sakhir, é un autódromo localizado na cidade de Manama, Bahrain, sede do Gran Premio de Bahrain e do Gran Premio de Sakhir de Fórmula 1.
Historia
[editar | editar a fonte]A construción do circuíto para poder albergar unha carreira da tempada de Fórmula 1 foi un obxectivo nacional para Bahrain, impulsado polo príncipe Salman bin Hamad Al Khalifa. O príncipe herdeiro é un gran entusiasta do deporte motor, ao momento que ocupa o cargo de Presidente Honorario da Federación de Automobilismo de Bahrain.
Os organizadores do Gran Premio temeron non chegar a terminar a tempo as construcións necesarias para a realización do evento de 2004, e solicitaron ao mandamáis da F1 Bernie Ecclestone a postergación para o 2005. Ecclestone negouse, e a carreira disputouse a pesar de que o autódromo non estaba terminado na súa totalidade.[1]
En 2007 converteuse no primeiro circuíto de Gran Premio ao que se concedeu o premio a Excelencia unha distinción da FIA, entregado por unha excelente seguridade, Dirección de Carreira, servizos médicos e polos altos estándares de tecnoloxía necesaria para manter estes.[2]
En 2011 o circuíto estaba programado para ser o primeiro GP da tempada. Pero, debido aos disturbios civís no país a carreira tivo que ser cancelada en marzo de 2011. a principios de xuño a FIA anunciou que a carreira ía ser trasladada para o 30 de outubro, na data orixinal para o primeiro GP da India, que se desprazaba a unha data de peche da tempada o 11 de decembro.[3] Pero, dous días máis tarde debido ás preocupacións dos equipos e outros estamentos, os organizadores da carreira cancelaron oficialmente a carreira.
O Gran Premio de Sakhir de 2020 disputouse cunha configuración da pista chamada Circuíto exterior, nunca usada ata ese momento pola Fórmula 1, caracterizada por 11 curvas e unha lonxitude de 3.543 metros. A última vez que a categoría usou unha configuración diferente ocorreu en 2010, con motivo da primeira proba da tempada, o Gran Premio de Bahrain de 2010, cando se utilizou outra configuración de pista, chamada Circuíto Endurance, caracterizado por 24 curvas e unha lonxitude de 6 299 metros, a máis longa de todas as configuracións utilizables do circuíto de Sakhir. Na historia da Fórmula 1 convértese no primeiro circuíto en organizar o Gran Premio válido para o campionato mundial en tres trazados diferentes.
Construción e deseño
[editar | editar a fonte]O circuíto foi deseñado polo arquitecto alemán Hermann Tilke, o mesmo arquitecto que deseñou o Circuíto de Sepang de Malaisia. O contratista principal para o proxecto foi Cybarco-WCT.[4] O circuíto custou aproximadamente 56´2 millóns de dinares de Bahrein[5] (150 millóns de dólares).[6] Conta con seis pistas separadas, incluíndo un óvalo de proba e unha pista para drag.[6]
Un dos eventuais problemas que se temían para as carreiras, tiña que ver con que o circuíto está localizado no medio do deserto, co cal os ventos poderían arrastrar area cara ao trazado e alterar así o funcionamento das máquinas. De todos os xeitos, os organizadores do Gran Premio logran manter a area fóra da pista, mediante a utilización dun adhesivo que se rocía nas areas que rodean o trazado.[7]
A superficie da pista é do tipo de árido grauvaca, enviado a Bahrain desde a canteira de Bayston Hill en Shropshire, Inglaterra. O material da superficie é eloxiado polos directores de circuítos e pilotos de Fórmula 1 polo alto nivel de grip que ofrece. O mesmo material de árido utilízase no Circuíto de Yas Marina para a Gran Premio de Abu Zabi.[8]
Outras instalacións
[editar | editar a fonte]Hai catro circuítos distintos sobre a pista principal.
- Pista do Gran Premio (na figura superior deste artigo).
- Pista interior (na sección media da pista: inclúe as curvas 5 a 12 do circuíto principal, cunha serie de pinzas que unen as curvas 12 e 5)
- Pista exterior (inclúe a totalidade do circuíto, coa excepción das curvas 5 a 12)
- Pista do paddock (inclúe a totalidade do circuíto, coa excepción das curvas 4 a 9)
Existen tamén no autódromo unha recta para picadas e unha pista oval.
-
"Trazado actual" do 2004 ó 2009 e desde 2012
-
"Circuíto no Gran Premio de 2010"
-
Pista Oval visible en Google Earth
-
"Pista interior"
-
"Pista exterior"
-
"Pista do Paddock"
Características
[editar | editar a fonte]- Capacidade espectadores: 70.000
- Lonxitude do circuíto: 5´412 quilómetros.
- Distancia da carreira de Fórmula 1: 57 voltas = 308´238 quilómetros.
- Curvas:15 (6 esquerda e 9 dereita)
- Configuración aerodinámica: media. Velocidade máxima estimada 322 km/h con DRS, 310 km/h sen DRS
- Aceleración a fondo: 64% do tempo de volta.
- Tempo de freado: 16% do tempo da volta.
- Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
- Consumo de combustible: kg por volta.
- Cambio de marchas por volta:
- Número de zonas de freado:
- Desgaste dos freos: medio
- Desgaste dos pneumáticos: alto
- Distancia dos Boxes:
- Perda de tempo nunha parada en boxes:
- Tempo total necesario para a parada en boxes: 23 segundos (media)
- Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´38 segundos.
- Marca volta: Pedro de la Rosa - McLaren, 1.31.447 en 2005
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Manama-Sakhir
[editar | editar a fonte]| Nº | Ano | Piloto | Construtor | Motor | Pneus. | Tempo | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 2004 | Ferrari | Ferrari | B | 1:28:34,875 h | 5,417 km | 57 | 209,143 km/h | 4. abril | ||
| 2 | 2005 | Renault | Renault | M
|
1:29:18,531 h | 5,417 km | 57 | 207,274 km/h | 3. abril | ||
| 3 | 2006 | Renault | Renault | M
|
1:29:46,205 h | 5,412 km | 57 | 206,018 km/h | 12. marzo | ||
| 4 | 2007 | Ferrari | Ferrari | B | 1:33:27,515 h | 5,412 km | 57 | 197,887 km/h | 15. abril | ||
| 5 | 2008 | Ferrari | Ferrari | B | 1:31:06,970 h | 5,412 km | 57 | 202,975 km/h | 6. abril | ||
| 6 | 2009 | Brawn | Mercedes | B | 1:31:48,182 h | 5,412 km | 57 | 201,711 km/h | 26. abril | ||
| 7 | 2010 | Ferrari | Ferrari | B | 1:39:20,396 h | 6,299 km | 49 | 186,272 km/h | 14. marzo | ||
| – | 2011 | cancelado debido a protestas político | |||||||||
| 8 | 2012 | Red Bull | Renault | P | 1:35:10,990 h | 5,412 km | 57 | 201,143 km/h | 22. abril | ||
| 9 | 2013 | Red Bull | Renault | P | 1:36:00,498 h | 5,412 km | 57 | 192,632 km/h | 21. abril | ||
| 10 | 2014 | Mercedes | Mercedes | P | 1:39:42,743 h | 5,412 km | 57 | 185,476 km/h | 6. abril | ||
| 11 | 2015 | Mercedes | Mercedes | P | 1:35:05,809 h | 5,412 km | 57 | 186,587 km/h | 19. abril | ||
| 12 | 2016 | Mercedes | Mercedes | P | 1:33:34,696 h | 5,412 km | 57 | 197,634 km/h | 3. abril | ||
| 13 | 2017 | Ferrari | Ferrari | P | 1:33:53,373 h | 5,412 km | 57 | 196,979 km/h | 16. abril | ||
| 14 | 2018 | Ferrari | Ferrari | P | 1:32:01,940 h | 5,412 km | 57 | 200,954 km/h | 8. abril | ||
| 15 | 2019 | Mercedes | Mercedes | P | 1:34:21,295 h | 5,412 km | 57 | 196,008 km/h | 31. marzo | ||
| 16 | 2020 | Mercedes | Mercedes | P | 2:59:47,515 h | 5,412 km | 57 | 102,865 km/h | 29. novembro | ||
| 17 | Racing Point | BWT Mercedes | P | 1:31:15,114 h | 3,543 km | 87 | 202,513 km/h | 6. decembro | |||
| 18 | 2021 | Mercedes | Mercedes | P | 1:32:03,897 h | 5,412 km | 56 | 197,356 Km/h | 28. marzo | ||
| 19 | 2022 | Ferrari | Ferrari | P | 1:37:33,584 h. | 5,412 km | 57 | 189,523 Km/h | 20. marzo | ||
| 20 | 2023 | Red Bull | Honda RBPT | P | 1:33:56.736 h. | 5,412 km | 57 | 196,862 Km/h | 5. marzo | ||
| 21 | 2024 | Red Bull | Honda RBPT | P | 1:31:44,742 h. | 5,412 km | 57 | 201,743 Km/h | 2. marzo | ||
| 22 | 2025 | McLaren | Mercedes | P | 1:35:39,435 h. | 5,412 km | 57 | 193,493 Km/h | 13. abril | ||
Estadísticas da carreira do Gran Premio de Bahrain
[editar | editar a fonte]1Trazado longo
Récords
Piloto: Lewis Hamilton/Sebastian Vettel (4 veces) • País: Alemaña (6) • Construtor: Ferrari (6) • Motor: Mercedes/Ferrari (6 veces) • Pneus.: Pirelli (9) • Máis Podios: Lewis Hamilton (9) • Máis podios sen gañar: Kimi Räikkönen (8) • Poles: Lewis Hamilton/Sebastian Vettel (3 veces) • Voltas rápidas: Nico Rosberg (3)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bahrain 'tried to stop GP'". BBC News. 25 de marzo de 2004. Consultado o 13 de abril de 2007.
- ↑ "Bahrain named Centre of Excellence by FIA". Formula1.com. 13 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2007. Consultado o 13 de abril de 2007.
- ↑ "F1plus: Bahrain Grand Prix reinstated; race will take place on October the 30th". F1plus.com. 4 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2012. Consultado o 4 de xuño de 2011.
- ↑ "Cybarco takes on $155 million Bahrain F1 circuit". xak.com. 4 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2012. Consultado o 4 de xuño de 2011.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 06 de abril de 2014.
- ↑ 6,0 6,1 "Bahrain International Circuit Info". Bahrain International Circuit. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2007. Consultado o 17 de decembro de 2006.
- ↑ "Schumacher admits sand fear". BBC News. 29 de marzo de 2004. Consultado o 13 de abril de 2007.
- ↑ "From Shropshire to Abu Dhabi GP". BBC. 30 de outubro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2009. Consultado o 30 de outubro de 2009.

