Circuíto de Nevers Magny-Cours
| Circuíto de Nevers Magny-Cours | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Magny-Cours e Saint-Parize-le-Châtel | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Instalacións
| |||||||||
|
Número de eventos xogados
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Usado por
| |||||||||
|
Propietario/a
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O Circuíto de Nevers Magny-Cours é un autódromo situado en Francia, nas proximidades das localidades de Magny-Cours e Nevers. É coñecido por albergar o Gran Premio de Francia, que se disputa neste trazado desde 1991.
Coñecido popularmente como Magny-Cours a secas, foi construído orixinalmente por Jean Bernigaud e albergaba orixinalmente unha escola de manexo, da cal xurdiron pilotos como François Cévert e Jacques Laffite. Con todo, cara aos anos 1980 a pista atopábase moi deteriorada, e non foi senón ata logo da compra do circuíto por parte do Conseil da Nièvre que as competicións internacionais do deporte do motor iniciaron o seu retorno.
Na actualidade, a pista caracterízase polo seu pavimento extremadamente liso e polas comodidades que ofrece aos espectadores.
As poucas oportunidades de adiantamentos que ofrece o trazado fan que a maioría das carreiras disputadas transcorran sen grandes acontecementos, coa excepción daqueles Grandes Premios en que a choiva faise presente. O caso máis notable produciuse en 1999, cando a carreira debeu ser interrompida por mor da choiva torrencial. Tras a continuación da carreira, os principais contendentes polo primeiro lugar tiveron problemas, o cal facilitou o camiño para que Heinz-Harald Frentzen lograse unha sorprendente vitoria no seu Jordan.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Magny-Cours
[editar | editar a fonte]
| Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1991 | Williams-Renault | 1:38:00,056 h | 4´271 km | 72 | 188´271 km/h | 7. Xullo | ||
| 1992 | Williams-Renault | 1:38:08,459 h | 4´250 km | 69 | 179´283 km/h | 5. Xullo | ||
| 1993 | Williams-Renault | 1:38:35,241 h | 4´250 km | 72 | 186´231 km/h | 4. Xullo | ||
| 1994 | Benetton-Ford | 1:38:35,704 h | 4,250 km | 72 | 186,216 km/h | 3. Xullo | ||
| 1995 | Benetton-Renault | 1:38:28,429 h | 4´250 km | 72 | 186´446 km/h | 2. Xullo | ||
| 1996 | Williams-Renault | 1:36:28,795 h | 4´250 km | 72 | 190´299 km/h | 30. Xuño | ||
| 1997 | Ferrari | 1:38:50,492 h | 4´247 km | 72 | 185´621 km/h | 29. Xuño | ||
| 1998 | Ferrari | 1:34:45,026 h | 4´250 km | 71 | 191´081 km/h | 28. Xuño | ||
| 1999 | Jordan-Mugen-Honda | 1:58:24,343 h | 4´250 km | 72 | 155´060 km/h | 27. Xuño | ||
| 2000 | McLaren-Mercedes | 1:38:05,538 h | 4´251 km | 72 | 187´101 km/h | 2. Xullo | ||
| 2001 | Ferrari | 1:33:35,636 h | 4´251 km | 72 | 196´093 km/h | 1. Xullo | ||
| 2002 | Ferrari | 1:32:09,837 h | 4´251 km | 72 | 199´136 km/h | 21. Xullo | ||
| 2003 | Williams-BMW | 1:30:49,213 h | 4´411 km | 70 | 203´866 km/h | 6. Xullo | ||
| 2004 | Ferrari | 1:30:18,133 h | 4´411 km | 70 | 205´035 km/h | 4. Xullo | ||
| 2005 | Renault | 1:31:22,233 h | 4´411 km | 70 | 202´638 km/h | 3. Xullo | ||
| 2006 | Ferrari | 1:32:07,803 h | 4´411 km | 70 | 200´968 km/h | 16. Xullo | ||
| 2007 | Ferrari | 1:30:54,200 h | 4´411 km | 70 | 203´680 km/h | 1. Xullo | ||
| 2008 | Ferrari | 1:31:50,245 h | 4´411 km | 70 | 201´728 km/h | 22. Xuño |
Record: M.Schumacher (8 Veces)
