Saltar ao contido

Circuíto de Istambul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto de Istambul


Tipocircuíto automobilístico Editar o valor en Wikidata
Deportedeportes de motor Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Usado porFórmula 1 Editar o valor en Wikidata
Propietario/aDirectorate General of Foundations (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquitecto/aHermann Tilke Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación2005 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
Número de acontecementos xogados11 Editar o valor en Wikidata
Gran Premio de Turquía Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Lonxitude5,338 km Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 40°57′06″N 29°24′18″L / 40.951666666667, 29.405
EstadoTurquía
Provinciaprovincia de Istambul
BelediyeTuzla Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónAkfırat Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBintercitypark.com Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O Intercity Istambul Park, tamén coñecido como Circuíto de Istambul ou Parque de Istambul (en turco: Ístanbul Park), é un autódromo localizado no lado asiático de Istambul, Turquía.

Foi construído para ser sede do Gran Premio de Turquía de Fórmula 1. Rodeado por bosques e parques, áchase situado preto da intersección de Kurtköy, no norte da autoestrada TEM, que comunica Istambul con Ancara. Xunto ao circuíto, atópase o recentemente construído Aeroporto Internacional Sabiha Gökçen.

Cunha superficie total de 2215 millóns de metros cadrados, o circuíto percórrese en sentido contrario ás agullas dun reloxo, e ten unha lonxitude de 5.340 metros, cun largo medio de 15 m e variacións entre 12,5 e 21,5 m. O trazado presenta 14 curvas en total (seis cara á dereita e oito cara á esquerda), entre as cales a máis pechada ten un raio de apenas 15 metros. Cunha recta principal de máis de 650 metros de extensión, o circuíto ten 4 niveis de altura diferentes. En 2005 estimouse que a máxima velocidade alcanzable por un auto de Fórmula 1 sería en 320,5 km/h.

Tanto o circuíto como as instalacións que o rodean foron proxectados polo arquitecto alemán Hermann Tilke, quen afirmou que deseñou o trazado de forma tal que "sacase aos pilotos da pista". O primeiro Gran Premio de Turquía caracterizouse xustamente pola gran cantidade de descoidos ocorridos durante toda a fin de semana.

Unha das curvas que máis chamou a atención no primeiro Gran Premio foi a número 8. Trátase dun curvón de alta velocidade con catro ápices, na cal moitos dos pilotos perderon o control dos seus autos. Tanto espectadores como pilotos eloxiaron a curva 8, comparándoa con curvas históricas tales como Eau Rouge e 130R. Ata se chegou a comparar ao circuíto co trazado belga de Spa-Francorchamps.

O circuíto de Turquía, con todo, non estivo exento de críticas. Tras as probas de clasificación do Gran Premio de Turquía de 2005, o piloto Jenson Button manifestou que a pista ondularase ao longo da fin de semana, e que este problema acentuouse particularmente na curva 8, causando así os numerosos descoidos. Estas declaracións fixeron recordar á situación do Circuíto Internacional de Xangai, tamén deseñado por Tilke, do cal díxose que se está afundindo en certos sectores por ser construído sobre terras pantanosas. Jarno Trulli mostrouse indiferente cando se lle pediu opinión sobre o autódromo, manifestando que o trazado era fácil de aprender e que unha boa condución dependería máis da máquina que do piloto[1].

O autódromo albergou carreiras da FIA e do WTCC, así como tamén competencias de FIA GP, FIA GP2 e DTM. Entre os eventos programados para o futuro, atópanse carreiras de MotoGP e dos 1000 km de Le Mans.

Características

[editar | editar a fonte]
Recta principal do circuíto de Istambul.
  • Capacidade espectadores: 125.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´338 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 58 voltas = 309´396 quilómetros. 14 curvas en total (6 dereita, 8 esquerda).
  • Configuración aerodinámica: alta. Velocidade máxima estimada -km/h con DRS, -km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 65% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 10% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: 2´42 kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos:
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: - segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): - segundos.
  • Marca volta: 1:24.770 Juan Pablo Montoya McLaren (2005)

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Istambul

[editar | editar a fonte]
Ano Piloto Construtor Motor Pneus. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade Data GP de
1 2005 Finlandia Kimi Räikkönen McLaren Mercedes M


1:24:34,454 h 5,338 km 58 219,497 km/h 21. agosto Turquía
2 2006 Felipe Massa Ferrari Ferrari B 1:28:51,082 h 5,338 km 58 208,903 km/h 27. agosto
3 2007 Felipe Massa Ferrari Ferrari B 1:26:42,161 h 5,338 km 58 214,081 km/h 26. agosto
4 2008 Felipe Massa Ferrari Ferrari B 1:26:49,451 h 5,338 km 58 213,809 km/h 11. maio
5 2009 Jenson Button Brawn Mercedes B 1:26:24.848 h 5,338 km 58 214,823 km/h 7. xuño
6 2010 Lewis Hamilton McLaren Mercedes B 1:28:47.620 h 5,338 km 58 209,066 km/h 30. maio
7 2011 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Renault P 1:30:17,558 h 5,338 km 58 205,734 km/h 8. maio
8 2020 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:42:19,313 h 5,338 km 58 181,425 km/h 15. novembro
9 2021 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes Mercedes P 1:31:04,103 h 5,338 km 58 203,844 km/h 10. outubro

Récords
Piloto: Felipe Massa (3) • País: Brasil/Reino Unido Reino Unido (ambos 3) • Construtor: Ferrari (3) • Motor: Mercedes (5) • Pneus.: Bridgestone (5)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]