Beto da Silva
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Luiz Humberto da Silva Silva ![]() 28 de decembro de 1996 ![]() Lima, Perú ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 182 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 70 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 19 de xuño de 2013 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Brasil ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 18 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Ivana Yturbe ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Luiz Humberto da Silva Silva, nado en Lima o 28 de decembro de 1996, é un futbolista peruano. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Cienciano, da Primeira División do Perú.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Naceu en Lima, de pai brasileiro e nai peruana. Pasou a súa infancia entre o seu Perú natal e unha favela de Porto Alegre, onde viviu entre os 6 e os 14 anos.[1] Na cidade brasileira comezou a xogar ao fútbol, militando nas canteiras dos dous principais clubs locais: o Internacional e o Grêmio.[2] De regreso no Perú xogou nas categorías inferiores do Universitario, o Universidad de San Martín e o Sporting Cristal.
Sporting Cristal
[editar | editar a fonte]O 19 de xuño de 2013, con só 16 anos, debutou da man de Roberto Mosquera no Campionato Descentralizado, nun partido ante Alianza Lima no que caeu lesionado.[2] Nos seguintes dous anos disputou varios partidos máis co primeiro equipo, saíndo habitualmente como suplente, pero aproveitou os seus minutos anotando oito goles. Ademais, conquistou o campionato peruano de liga na tempada 2014 e disputou a final do Torneo do Inca en 2015, perdendo ante o Universidad César Vallejo. En 2015 marcou nas semifinais e na final do Campionato Descentralizado, pero o seu equipo só puido ser subcampión por detrás do Melgar.[2]
PSV
[editar | editar a fonte]A finais de 2015 decidiu non renovar o seu contrato co club celeste e dar o salto ao fútbol europeo, asinando o 3 de xaneiro de 2016 como novo xogador do Jong PSV, filial do PSV Eindhoven.[2] Xogou dous anos co filial neerlandés na Eerste Divisie, contabilizando 26 partidos e 4 goles. Ante a falta de oportunidades co primeiro equipo, decidiu deixar o club neerlandés e regresar ao Grêmio brasileiro, decisión que máis tarde definiu como un erro motivado pola impaciencia.[2]
Grêmio
[editar | editar a fonte]O 28 de maio de 2017 debutou co primeiro equipo do Grêmio no Campionato Brasileiro, nun partido ante o Sport Recife na Ilha do Retiro, substituíndo no cuarto de hora final a Bruno Rodrigo.[3] No conxunto de Porto Alegre formou parte dun dos mellores equipos da historia do club, gañando a Copa Libertadores baixo a batuta de Renato Portaluppi. Porén, apenas contou con protagonismo ao longo da tempada, pois foi titular só nun dos 12 partidos de liga que xogou e non chegou a debutar na competición continental.[4]
Argentinos Juniors
[editar | editar a fonte]Debido ao seu escaso rendemento, en xaneiro de 2018 foi cedido ao Argentinos Juniors, da Primeira División da Arxentina. A súa situación non mellorou no club arxentino, no que se encontrou coa competencia de dianteiros como Gabriel Hauche ou Raúl Bobadilla, e xogou menos de 100 minutos repartidos en cinco encontros.[2]
Paso por México
[editar | editar a fonte]En setembro de 2018 foi contratado polos Tigres da UANL, pero só chegou a disputar dous partidos co equipo sub-20. En xaneiro de 2019 foi cedido aos Lobos da BUAP, onde tivo máis continuidade, xogando 14 partidos e marcando un gol.
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]A continuación volveu ao fútbol europeo, sendo cedido no último día do mercado invernal, o 2 de setembro de 2019, ao Deportivo da Coruña.[5] Debutou co equipo galego só dous días despois da súa contratación, nun partido amigable ante o Racing de Ferrol na Malata correspondente ao Memorial Moncho Rivera, marcando o único gol do Deportivo.[6] O seu debut oficial na Segunda División produciuse esa mesma semana, nun partido ante o Albacete en Riazor no que substituíu nos minutos finais a Vicente Gómez.[7]
Disputou un segundo encontro dúas semanas despois, pero non tivo máis oportunidades nos seguintes dous meses, nos que incluso deixou de ser convocado en varias ocasións polo adestrador Anquela, así como polo seu sucesor no banco, Luis César. Reapareceu a mediados de novembro con cinco xornadas de liga consecutivas con minutos, entrando ao campo sempre como suplente, pero non conseguiu ningún gol. Non volveu xogar en liga e só volveu vestiu a camiseta do Deportivo nas dúas primeiras roldas da Copa do Rei, ante o Illueca e o Unionistas de Salamanca, xogando na primeira delas como titular.[8]
Alianza Lima
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2020 o Deportivo rescindiu o seu contrato e puxo fin á cesión do xogador.[9] Unhas semanas despois oficializouse a súa fichaxe polo Alianza Lima, polo que regresou así ao fútbol peruano tras cinco anos en clubs estranxeiros.[10] Debutou co seu novo equipo nun partido da Copa Libertadores ante o Nacional de Montevideo no estadio Alejandro Villanueva, onde saíu como titular.[11]
No conxunto adestrado por Pablo Bengoechea tampouco conseguiu ter continuidade, disputando só dez encontros de liga, case todos saíndo na segunda metade. Non marcou ningún gol para o equipo, que acabou descendendo ao remate da tempada despois de 82 anos na máxima categoría, aínda que o club conseguiu salvarse grazas a unha posterior sanción ao Carlos Stein.[12]
César Vallejo
[editar | editar a fonte]O seu escaso rendemento cos aliancistas, fixo que fose cedido ao César Vallejo nas tempadas 2021 e 2022.[13] No conxunto de Trujillo tivo máis minutos de xogo, xogando habitualmente como extremo esquerdo, e nun partido contra o Sport Boys conseguiu o seu primeiro gol en dous anos e medio.[13] En decembro de 2022 rematou o seu contrato con Alianza e asinou en propiedade con César Vallejo.[13] Iniciou a súa terceira tempada no club como un dos titulares do adestrador Sebastián Abreu, pero unha lesión en febreiro afastouno durante meses dos terreos de xogo.[14] Pechou o seu paso polo César Vallejo cun total de 55 partidos oficiais e 7 goles.
Melgar e ADT
[editar | editar a fonte]En xuño de 2023 anunciouse a súa fichaxe por Melgar, no que militou durante os seguintes meses, sen apenas protagonismo. En febreiro de 2024, despois de que o adestrador Pablo De Muner non contase con el para os primeiros partidos da tempada, foi cedido ao ADT de Tarma.[15] Neste club fíxose finalmente coa titularidade, sumando 25 partidos e 3 goles ao longo da campaña, a máis regular da súa carreira ata entón.[16]
Cienciano
[editar | editar a fonte]O último día de 2024, tras rematar o seu contrato co Melgar, anunciouse a súa fichaxe polo Cienciano, tamén da Primeira División.[16]
Selección peruana
[editar | editar a fonte]Foi internacional coas categorías inferiores da selección peruana dende os 14 anos.[17] En 2013 disputou coa selección sub-18 os Xogos Bolivarianos, onde conseguiu a medalla de bronce.[18] Dous anos despois disputou o Campionato Suramericano sub-20 no Uruguai, onde logrou dous goles.[19]
En marzo de 2016 foi convocado por primeira vez pola selección absoluta, dirixida por Ricardo Gareca, para os partidos contra Venezuela e o Uruguai correspondentes á clasificación para o Mundial de 2018, pero quedou no banco en ambos encontros. Finalmente disputou o seu primeiro partido o 23 de maio de 2016, nun amigable contra Trinidad e Tobago no que marcou o seu primeiro e único gol como internacional. Formou parte do equipo peruano na Copa América Centenario, na que xogou só uns minutos no tempo de desconto do primeiro partido contra Haití.[20] O 27 de marzo de 2019 disputou o seu oitavo e derradeiro partido coa selección, nun amigable ante O Salvador.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Beto da Silva: le preguntaron si jugaría por Brasil y esto respondió" (en castelán). 5 de xaneiro de 2016. Consultado o 23 de maio de 2025.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Lerner, Dan (16 de xullo de 2019). "Beto da Silva, en el limbo". As (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2025.
- ↑ "Sport Club do Recife 4-3 Gremio". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 23 de maio de 2025.
- ↑ "¿Por qué Beto Da Silva no triunfó en Gremio? Vicepresidente del club responde" (en castelán). 14 de agosto de 2022. Consultado o 23 de maio de 2025.
- ↑ "El peruano Beto da Silva, ficha por el Depor cedido por Tigres". La Vanguardia. 2 de setembro de 2019. (en castelán)
- ↑ "El Racing ilusiona ante el Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de setembro de 2019. Consultado o 25 de maio de 2025.
- ↑ "Beto da Silva: Así fue su debut oficial en Deportivo La Coruña y casi anota este golazo" (en castelán). 7 de setembro de 2019. Consultado o 25 de maio de 2025.
- ↑ "El Illueca le planta cara al Dépor a pesar de la derrota" (en castelán). 17 de decembro de 2019. Consultado o 25 de maio de 2025.
- ↑ "El Dépor rescinde el contrato de Beto da Silva y así hace hueco" (en castelán). 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 25 de maio de 2025.
- ↑ "¡Hoy entrena! Alianza Lima oficializó el fichaje de Beto Da Silva" (en castelán). 12 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de maio de 2025.
- ↑ "Así fue el debut de Beto Da Silva en Alianza Lima" (en castelán). 6 de marzo de 2020. Consultado o 25 de maio de 2025.
- ↑ "Histórico: Alianza Lima fue al TAS y no descendió" (en castelán). 17 de marzo de 2021. Consultado o 25 de maio de 2025.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 "Beto Da Silva termina contrato con Alianza Lima en diciembre y firmaría con César Vallejo" (en castelán). 13 de decembro de 2022. Consultado o 25 de maio de 2025.
- ↑ "Melgar oficializó fichaje de Beto da Silva, quien dejó César Vallejo después de 2 años y medio" (en castelán). 1 de xullo de 2025. Consultado o 25 de maio de 2025.
- ↑ "Beto Da Silva fichó por club de Liga 1 tras no ser considerado en Melgar" (en castelán). 28 de febreiro de 2024. Consultado o 25 de maio de 2025.
- ↑ 16,0 16,1 "Cienciano anunció el fichaje de Beto Da Silva: será el equipo número 11 en la carrera del delantero de 28 años" (en castelán). 31 de decembro de 2024. Consultado o 25 de maio de 2025.
- ↑ "Sporting Cristal: Conoce a Beto da Silva, la nueva ‘joya’ de los celestes" (en castelán). 12 de agosto de 2020. Consultado o 25 de maio de 2025.
- ↑ "Selección peruana de fútbol Sub-18 logró medalla de bronce en Bolivarianos" (en castelán). 25 de novembro de 2013. Consultado o 25 de maio de 2025.
- ↑ "Sudamericano Sub 20: Ellos son los elegidos para el torneo" (en castelán). 6 de xaneiro de 2015. Consultado o 25 de maio de 2025.
- ↑ "Perú ganó 1-0 a Haití en su debut en la Copa América Centenario" (en castelán). 4 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 2 de outubro de 2016. Consultado o 25 de maio de 2025.