Mujaid Sadick Aliu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mujaid
Información persoal
Nacemento 14 de marzo do 2000 (21 anos)
Lugar de nacemento Logroño
Altura 1,80 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 3
Carreira xuvenil
Valvanera Club Deportivo
2016–2018 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017– Deportivo Fabril 17 (0)
2018– Deportivo da Coruña 30 (0)
Selección nacional
2017 España sub-17 3 (0)
2008 España sub-18 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 26 de agosto de 2020.
Selección: actualizado a 26 de agosto de 2020.editar datos en Wikidata ]

Mujaid Sadick Aliu, coñecido como Mujaid, nado en Logroño o 14 de marzo do 2000, é un futbolista español. Xoga como defensa e o seu club actual é o Deportivo da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Logroño, fillo de inmigrantes de Nixeria e Ghana.[1] Comezou a xogar nas categorías inferiores do Club Valvanera Deportivo da Rioxa e en 2016 incorporouse á canteira do Deportivo da Coruña.

En outubro de 2017 debutou co Real Club Deportivo Fabril na Segunda División B ás ordes de Cristóbal Parralo despois de destacar no Xuvenil 'A' da División de Honra dirixido por Rubén Coméndez.[2] O club blindou ao xogador cun contrato profesional, coa intención de que algún día chegase ao primeiro equipo.[3]

O 12 de maio de 2018 debutou na elite do fútbol español da man do adestrador holandés Clarence Seedorf na segunda metade do partido do Deportivo contra o Villarreal CF (2-4) no estadio de Riazor.[4] Fíxoo co 34 ás costas e só unhas horas despois volveu xogar, esta vez co número 4 e no centro da zaga, un partido da Copa do Rei Xuvenil, tamén con derrota deportivista (3-4).

En xullo de 2018 renovou o seu contrato co club por catro anos máis cunha cláusula de rescisión de 20 millóns de euros.[5][6] Despois do descenso á Segunda División do Deportivo, Mujaid, aínda con ficha do Fabril, comezou a xogar de xeito habitual co primeiro equipo e converteuse nun dos xogadores máis destacados do equipo galego a pesar da súa xuventude, disputando 28 partidos de liga e gañando en dúas ocasións o premio ao mellor xogador do mes.[7]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Trofeos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club (*) País Ano
Xogos Mediterráneos Selección española sub-18 España España 2018

(*) Incluíndo a Selección

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El último riojano de Primera" (en castelán). 15 de xuño de 2018. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  2. "Mujaid, tercer debutante juvenil en Segunda B" (en castelán). 23 de outubro de 2017. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  3. Centeno, Alexandre (7 de maio de 2018). "Mujaid, el canterano que cautiva a Seedorf". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  4. "Mujaid, del debut en Primera al equipo juvenil en 16 horas". La Vanguardia (en castelán). 13 de maio de 2018. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  5. "La cláusula de Mujaid le permite al Deportivo negociar con tranquilidad" (en castelán). 29 de marzo de 2020. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  6. "El Deportivo blinda a Mujaid para las próximas cuatro temporadas". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de xullo de 2018. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  7. Fernández, Xurxo (24 de xaneiro de 2020). "Mujaid: «Hasta mis 19 años he visto muchas cosas para aprender de los errores»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de agosto de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]