Saltar ao contido

Diego Rolan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDiego Rolan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1993 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Montevideo Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfrouruguaio Editar o valor en Wikidata
Altura179 cm Editar o valor en Wikidata
Peso74 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo9 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2011–2013   Defensor Sporting Club 38(10)
2013–2018 FC Girondins de Bordeaux 121(33)
2017–2018→ cesión:  Málaga Club de Fútbol 26(5)
2018–2021   Deportivo da Coruña 4(2)
2018–2019→ cesión:    Club Deportivo Leganés 6(0)
2019–2020→ cesión:  Fútbol Club Juárez 18(7)
2021–2021→ cesión:  Pyramids FC 8(3)
2021–2022 Fútbol Club Juárez 20(4)
2023–2023   CA Peñarol 8(0)
  Selección nacional Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2011–2012   Uruguai sub-20 17(4)
2014–   Uruguai 25(4)

Twitter: diego_rolan FIFA: 344524 Editar o valor en Wikidata

Diego Alejandro Rolan Silva,[1] nado en Montevideo o 24 de marzo de 1993,[2] é un futbolista uruguaio que xoga de dianteiro no Club Sportivo Cerrito, da Segunda División do Uruguai. Foi 25 veces internacional coa selección uruguaia, coa que marcou 4 goles.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Defensor Sporting

[editar | editar a fonte]

Rolan criouse na canteira do Defensor Sporting, chegando ao primeiro equipo en 2011. O 28 de agosto de 2011, fixo o seu debut oficial nun empate 1-1 contra Cerrito.[3] O 13 de novembro de 2011, marcou o seu primeiro gol oficial contra o Cerro Largo FC. O 23 de setembro, anotou un triplete na vitoria por 4-1 sobre o Progreso.[4] O 17 de novembro, marcou outro hat-trick, esta vez na vitoria por 4-0 fronte a Bella Vista.[5]

Girondins de Bordeos

[editar | editar a fonte]

Despois da súa actuación no Campionato Suramericano de Fútbol Sub-20 de 2013, onde marcou catro goles, varios equipos grandes de Europa interesáronse na súa fichaxe. O 11 de febreiro de 2013 asinou un contrato co FC Girondins de Bordeaux da Ligue 1.[6]

Xogou o que restaba desa tempada e catro máis no Girondins, sendo a súa mellor campaña a 2014/15, na que anotou 16 goles en 38 partidos. Xogou un total de 149 partidos co club francés, marcando 38 goles.

Cesión ao Málaga CF

[editar | editar a fonte]

No verán de 2017 o Girondins chegou a un acordo co Deportivo da Coruña para o traspaso do futbolista, pero dado que o club galego tiña chea a cota de extracomunitarios, o traspaso adiouse un ano, sendo cedido mentres ao Málaga CF.[7][8][9] Xogou 27 partidos co club andaluz, marcando cinco goles, que non serviron para evitar o descenso.

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]
Rolán co Leganés en 2018.

O 17 de xullo de 2018 o Girondins de Bordeos anunciou o traspaso ao Deportivo da Coruña, que acababa de descender á Segunda División. O custo da operación estimouse en 6 millóns de euros.[10]

Cesión ao Leganés

[editar | editar a fonte]

Nove días despois, foi cedido ao CD Leganés na primeira división por un ano, cunha cláusula de compra.

Apenas dispuxo de minutos no equipo de Mauricio Pellegrino,[11] participando só en oito partidos e en xaneiro de 2019 deixou o club madrileño para recalar cedido no Deportivo Alavés ata o final de tempada.[12]

Cesión ao Alavés

[editar | editar a fonte]

Tampouco Abelardo, técnico do equipo vasco, contou moito con el, o que sumado a unha lesión no bíceps, fixo que só xogase 9 partidos, 3 deles como titular.

Cesión ao FC Juárez

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2019/20 foi cedido ao Fútbol Club Juárez, da Primeira División de México, co que marcou oito goles en 21 partidos.

Tempada co Deportivo

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2020/21 o Deportivo da Coruña, descendido a Segunda B, tentou unha nova cesión do uruguaio debido ao alto salario deste, pero non conseguiu a saída do xogador, polo que foi inscrito para disputar co club galego a tempada.[13] Debutou co Deportivo o 29 de novembro de 2020, na xornada 6 fronte ao Racing de Ferrol en Riazor, marcando de penalti no minuto 6 o gol da vitoria (1-0).[14] Disputou un total de cinco partidos, anotando dous goles, e o 2 de febreiro de 2021 anunciouse a súa cesión ata final de tempada ao Pyramids FC da liga exipcia.[15] Co club exipcio xogou oito partidos marcando tres goles.

FC Juárez

[editar | editar a fonte]

En agosto de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo FC Juárez, no que xa xogara cedido facía dúas tempadas.[16] Na súa segunda etapa no club mexicano disputou 20 partidos de liga, marcando 4 goles. Trala súa saída do Juárez demandou ao club por incumprimento de contrato e a FIFA fallou ao seu favor, obrigando á entidade a pagarlle máis dun millón de dólares.[17]

A continuación regresou ao seu país e en febreiro de 2023 foi anunciado como novo xogador do Peñarol.[18] Afectado por problemas físicos, disputou só oito partidos co club da súa cidade, case todos saíndo dende o banco de suplentes, e catro meses despois da súa chegada rescindiu o seu contrato.[19]

Despois de máis de medio ano sen equipo, comezou a adestrar co Atlético Marbella Paraíso, da Primeira Andaluza, e en febreiro de 2024 formalizou ficha co club, pero en abril deixou o equipo sen chegar a debutar.[20] Tras case dous anos de inactividade, en xaneiro de 2026 anunciouse o seu regreso aos campos de fútbol, como novo xogador do Club Sportivo Cerrito, da Segunda División do Uruguai.[21]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Rolán representou á selección de fútbol sub-20 do Uruguai na Copa do Mundo de Fútbol sub-20 de 2011 en Colombia. En 2013 marcou catro goles no Campionato Suramericano de Fútbol Sub-20 na Arxentina, acadando co equipo o terceiro posto e a clasificación para a Copa Mundial Sub-20 da FIFA 2013.

En setembro de 2014 fixo o seu debut coa selección uruguaia absoluta nun amigábel contra Xapón en Sapporo. Deulle a asistencia a Edinson Cavani no primeiro dos dous goles (2–0) fronte aos campións asiáticos. O seu primeiro gol coa selección foi nunha vitoria por 1–2 sobre Chile o 18 de novembro de 2014.

En maio de 2015, Rolán foi incluído na selección do Uruguai para a Copa América 2015 polo adestrador Óscar Tabárez. Levou o número 9, usado normalmente polo suspendido Luis Suárez.[22]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Girondins de Bordeos

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "Diego Rolan: “Yo no soy el salvador del Málaga"". As (en castelán). 13 de outubro de 2017. Consultado o 30 de setembro de 2024.
  2. ↑ "Diego Rolan Bordeaux profile". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de febreiro de 2015.
  3. ↑ "Defensor Sporting vs. Cerrito - 28 August 2011 - Soccerway". int.soccerway.com (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2020.
  4. ↑ "La tarde de Rolan" (en castelán). 23 de setembro de 2013. Consultado o 22 de novembro de 2020.
  5. ↑ "Defensor Sporting derrotó 4-0 a Bella Vista con tres de Diego Rolan." (en castelán). 19 de novembro de 2012. Consultado o 22 de novembro de 2020.
  6. ↑ "Diego Rolan se va a Francia" (en castelán). 28 de xaneiro de 2013. Consultado o 22 de novembro de 2020.
  7. ↑ Centeno, Alexandre (3 de setembro de 2017). "Rolan, primer fichaje del Dépor 18-19". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de novembro de 2020.
  8. ↑ "Diego Rolan, el fichaje clandestino del Deportivo". As (en castelán). 10 de xullo de 2018. Consultado o 21 de novembro de 2020.
  9. ↑ ""Rolan estará aquí el lunes"". Mundo Deportivo (en castelán). 4 de xullo de 2018. Consultado o 21 de novembro de 2020.
  10. ↑ "Girondins : Diego Rolan s’engage officiellement avec La Corogne" (en francés). 17 de xullo de 2018. Consultado o 22 de novembro de 2020.
  11. ↑ "Segun 'As', el Leganés abre la puerta de salida a tres jugadores del primer equipo" (en castelán). 2 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2021. Consultado o 21 de novembro de 2020.
  12. ↑ "Diego Rolan, nuevo jugador del Alavés" (en castelán). 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2020.
  13. ↑ Mallo, X.M. (6 de outubro de 2020). "O Deportivo inscribe a Rolan". La Opinión A Coruña. Consultado o 21 de novembro de 2020.
  14. ↑ "Diego Rolan debuta e decide (1-0)". 29 de novembro de 2020. Consultado o 30 de novembro de 2020.
  15. ↑ "Diego Rolan completará a Temporada 2020-2021 cedido no Pyramids FC". 1 de febreiro de 2021. Consultado o 1 de febreiro de 2021.
  16. ↑ "El Bravos de Juárez anuncia el fichaje de Diego Rolan" (en castelán). 17 de agosto de 2021. Consultado o 18 de agosto de 2021.
  17. ↑ "El uruguayo Diego Rolan cobrará una cifra millonaria por un fallo a favor ante la demanda a Juárez" (en castelán). 30 de outubro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2024. Consultado o 11 de novembro de 2023.
  18. ↑ "Peñarol se sigue reforzando y Diego Rolan fue presentado oficialmente como nueva alta" (en castelán). 2 de febreiro de 2023. Consultado o 11 de novembro de 2023.
  19. ↑ "Diego Rolan rescindió su contrato con Peñarol y lo hizo con un gesto poco común que Ignacio Ruglio destacó" (en castelán). 21 de outubro de 2024. Consultado o 21 de outubro de 2024.
  20. ↑ "Diego Rolan deja tirado al Atlético Marbella Paraíso" (en castelán). 1 de abril de 2024. Consultado o 28 de xaneiro de 2026.
  21. ↑ Zautúa, Israel (22 de xaneiro de 2026). "El ex del Dépor Diego Rolan regresa al fútbol para jugar en la Segunda división de Uruguay". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2026.
  22. ↑ "Rolan le cuida el 9 a Suárez" (en castelán). 5 de xuño de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2020.
  23. ↑ "Bordeaux remporte la Coupe de France !". fff.fr (en francés). 31 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2018. Consultado o 22 de novembro de 2020.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]