Pablo Trigueros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pablo Trigueros
Información persoal
Nome Pablo Trigueros Estrada
Nacemento 4 de abril de 1993 (29 anos)
Lugar de nacemento Herreruela de Oropesa
Altura 1,88 m.
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Cultural Leonesa
Número 4
Carreira xuvenil
Atlético de Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2015 Atlético de Madrid C 39 (3)
2013–2014 Atlético de Madrid B 9 (0)
2015–2017 Arandina 49 (4)
2017–2018 Rápido de Bouzas 36 (4)
2018–2020 Ponferradina 67 (2)
2021–2022 Deportivo da Coruña 8 (0)
2022– Cultural Leonesa 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 19 de xullo de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Pablo Trigueros Estrada, nado en Herreruela de Oropesa o 4 de abril de 1993, é un futbolista español que xoga como defensa central na Cultural Leonesa, da Primeira División RFEF.

É curmán do centrocampista do Villarreal, Manu Trigueros.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de futbolistas, pois seu pai, Julio Trigueros, militou varios anos en equipos da Segunda División B, ao igual que o seu tío José Antonio; mentres que outro dos seus tíos, Manuel, xogou na Segunda División co Atlético Marileño e o Granada. Ademais o seu curmán Manu Trigueros é xogador do Villarreal.[2]

Pasou polas filas do equipo xuvenil do Atlético de Madrid, antes de chegar na tempada 2012/13 ao Atlético de Madrid C, da Terceira División. Durante as seguintes dúas tempadas alternou o C co Atlético de Madrid B, da Segunda B.

Nas tempadas 2015/16 e 2016/17 xogou nas filas da Arandina CF, onde se fixo coa titularidade. Na tempada 2017/18 fichou polo Rápido de Bouzas, que iniciaba a primeira campaña na Segunda B da súa historia. Titular indiscutible, foi o xogador de campo con máis minutos esa tempada no equipo adestrado por Borja Jiménez, que acabou sendo a revelación do Grupo I, no que quedou a tan só 2 puntos da promoción de ascenso a Segunda División.[3][4]

Na tempada 2018/19 asinou pola Ponferradina, adestrada por Bolo. Foi titular durante case toda a tempada, facendo parella de centrais con Zabaco, e conseguiu o ascenso á Segunda División, despois de derrotar na fase de promoción a Cornellà, Cartagena e Hércules. Na seguinte tempada disputou 32 encontros coa Ponferradina na Segunda División e marcou un gol contra o Cádiz no Ramón de Carranza.[5]

O 1 de outubro de 2020 fíxose oficial a súa incorporación ao CD Mirandés, tamén da categoría de prata, por unha tempada.[6] Con todo, disputou só 18 partidos no equipo de José Alberto, que preferiu aos centrais Berrocal e Vivian.

O 6 de xullo de 2021, despois de rematar o seu contrato co club burgalés, asinou polo Deportivo da Coruña, na nova Primeira División RFEF.[7] Debutou co club galego na vitoria por 0-1 da segunda xornada fronte ao Tudelano no Ciudad de Tudela.[8] Con todo, foi un dos xogadores menos utilizados polo adestrador Borja Jiménez, participando só en oito partidos de liga e dous de Copa do Rei.[9] Ao remate da tempada o seu contrato non foi renovado e puxo rumbo a Castela e León, onde asinou como novo xogador da Cultural Leonesa.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Trigueros: "Mi padre quiso hacerme del Atlético"
  2. Zimmermann, Walter (5 de abril de 2014). "Trigueros: "Mi padre quiso hacerme del Atlético"". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2021. 
  3. "Borja Jiménez deja el Rápido después de una temporada histórica". Cadena SER (en castelán). 16 de maio de 2018. Consultado o 12 de xullo de 2021. 
  4. "Pablo Trigueros, un viejo conocido de Borja Jiménez para apuntalar la zaga del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021. 
  5. "El Cádiz remonta con tres golazos". ABC (en castelán). 18 de agosto de 2019. Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  6. Conde, Gustavo (1 de outubro de 2020). "El central Trigueros firma por una temporada con el Mirandés". As (en castelán). Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  7. "Pablo Trigueros, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 6 de xullo de 2021. Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  8. "Traballada vitoria pola mínima en Tudela (0-1)". Deportivo da Coruña. 5 de setembro de 2021. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  9. "Pablo Trigueros: «Es la temporada en la que menos he jugado, pero hay que ser profesional y estar siempre preparado»" (en castelán). 8 de maio de 2022. Consultado o 19 de xullo de 2022. 
  10. "Los nuevos destinos de Pablo Trigueros, Borja Valle y Sidnei" (en castelán). 8 de xullo de 2022. Consultado o 19 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]