Conversa modelo:Futbolista

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Que datos colle de wikidata? Intentei empregalo e só aparece unha imaxe e o nome do xogador, é iso tan só? Non se pode facer que colla máis datos, como os clubs.--HacheDous=0 (conversa) 17 de agosto de 2019 ás 18:06 (UTC)[responder]

HacheDous=0, si, polo momento só colle a foto, o nome non o colle de Wikidata senón do título do artigo, se non me confundo. E si, posiblemente poidan obterse outros datos, pero o dos clubs habería que miralo con coidado porque ese campo ten valores múltiples e, a maiores, sepáranse os clubs xuvenís e profesionais. Eu agora non o podo mirar, cando estea de novo ó 100% tentarei botarlle un ollo a ver se se pode adaptar algo de es.wiki. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de agosto de 2019 ás 23:02 (UTC)[responder]

Familiares[editar a fonte]

Boas. Non sei se se podería modificar este modelo para que aparecesen na caixa os familiares, como pode ser o caso de dous irmáns futbolistas ou pais-fillos. Igual se pode facer que colla eses datos de wikidata. Déixoo aí como suxerencia. Saúdos. Nonsonninguen (conversa) 20 de decembro de 2021 ás 19:32 (UTC)[responder]