Nacho González
Nacho González | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Juan Ignacio González Brazeiro | ||
Nacemento | 5 de novembro de 1993 | ||
Lugar de nacemento | Paysandú | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Central Español | ||
Número | 7 | ||
Carreira xuvenil | |||
2008–2011 | Danubio | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2012–2018 | Danubio | 159 | (15) |
2019 | Defensa y Justicia | 0 | (0) |
2019–2020 | San Martín | 6 | (0) |
2020 | Plaza Colonia | 7 | (0) |
2020–2021 | Deportivo | 11 | (0) |
2021 | Apollon Larissa | 0 | (0) |
2022– | Central Español | 10 | (1) |
Selección nacional | |||
2015 | Uruguai sub-22 | 5 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 9 de xuño de 2021 Selección: actualizado a 26 de novembro de 2020.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Juan Ignacio González Brazeiro, coñecido como Nacho González, nado en Paysandú o 5 de novembro de 1993, é un futbolista uruguaio. Xoga de centrocampista no Central Español, da Segunda División do Uruguai.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Danubio FC[editar | editar a fonte]
Formouse na canteira do Danubio FC,[1] co que debutou en Primeira División o 10 de novembro de 2012 ante Central Español.[2][3] En maio de 2013 marcou o seu primeiro gol no empate 1-1 fronte a River Plate. Permaneceu no club uruguaio durante un total de sete tempadas, marcando 15 goles en 173 partidos e gañando o título de liga na tempada 2013-14.
Defensa y Justicia[editar | editar a fonte]
En xaneiro de 2019 asinou polo Defensa y Justicia da Primeira División arxentina.[1][4][5] Alí sufriu unha rotura de ligamentos que o mantivo afastado dos terreos de xogo.[6]
San Martín de Tucumán[editar | editar a fonte]
En agosto deixou o equipo para fichar polo San Martín de Tucumán, da Primeira B Nacional, a segunda división arxentina.[7] Debutou nun empate a dous goles contra o Chacarita Juniors o 18 de setembro de 2019, e disputou un total de seis partidos co club de Tucumán.[8]
Plaza Colonia[editar | editar a fonte]
En agosto de 2020 volveu ao fútbol uruguaio recalando no Plaza Colonia. Xogou sete partidos na Primeira División durante o mes seguinte, antes de marchar para Galicia para fichar polo Deportivo da Coruña.[9]
Deportivo da Coruña[editar | editar a fonte]
Debutou co Deportivo en Segunda División B na primeira xornada da tempada 2020/21, no partido fronte ao Salamanca.[10] Comezou como titular con Fernando Vázquez no banco, pero desapareceu das aliñacións tras a chegada de Rubén de la Barrera.[11] Disputou un total de 12 encontros co Deportivo, e en xuño o club prescindiu dos seus servizos, acolléndose a unha das cláusulas contidas no seu contrato.[12]
Apollon Larissa[editar | editar a fonte]
O 13 de xullo de 2021 foi anunciado como novo xogador do Apollon Larissa, da Segunda división de Grecia, onde asinou un contrato por dúas tempadas.[13] Con todo, acabou deixando o club antes de debutar e tras uns meses sen equipo, asinou en 2022 co Central Español, regresando así ao fútbol uruguaio.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
En 2015 foi convocado pola selección sub-22 do Uruguai para os Xogos Panamericanos de Toronto.[14] Participou nos cinco partidos do torneo, no que o seu país se proclamou campión ao derrotar na final a México.[15]
Palmarés[editar | editar a fonte]
Danubio[editar | editar a fonte]
- Primeira División uruguaia (1) : 2013-14
Uruguai sub-22[editar | editar a fonte]
- Xogos Panamericanos (1): 2015
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "El adiós a un ídolo: "Nacho" González se va luego de seis años en el club" (en castelán). 23 de decembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2020.
- ↑ "Central Español vs. Danubio 1 - 0". soccerway.com (en inglés). Consultado o 25 de novembro de 2020.
- ↑ "JUAN IGNACIO GONZALEZ". bdfa.com (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2020.
- ↑ "Ignacio González, la nueva cara del Halcón" (en castelán). 8 de xaneiro de 2019. Consultado o 26 de novembro de 2020.
- ↑ "El uruguayo Ignacio González Brazeiro es el 4to refuerzo" (en castelán). 8 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2021. Consultado o 25 de novembro de 2020.
- ↑ "Nacho González: “en San Martín dejamos todo”" (en castelán). 6 de decembro de 2019. Consultado o 25 de novembro de 2020.[Ligazón morta]
- ↑ "En San Martín, González busca ser importante" (en castelán). 16 de agosto de 2019. Consultado o 25 de novembro de 2020.
- ↑ "Chacarita Juniors vs. San Martín Tucumán 2 - 2". soccerway.com (en inglés). Consultado o 25 de novembro de 2020.
- ↑ "Nacho González, novo xogador do Dépor 20·21". 18 de setembro de 2020. Consultado o 25 de novembro de 2020.
- ↑ "Bóveda dá a primeira vitoria ao Dépor no minuto 90+7 (2-1)". 18 de outubro de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2020.
- ↑ De la Cruz, Luis (16 de febreiro de 2021). "Nacho González, el fichaje ‘desaparecido’ del Deportivo". As (en castelán). Consultado o 9 de xuño de 2021.
- ↑ "Nacho González, el primero en salir". DxT Campeón (en castelán). 28 de maio de 2021. Consultado o 9 de xuño de 2021.
- ↑ "Nacho González, nuevo jugador del Apollon Larissa griego" (en castelán). 13 de xullo de 2021. Consultado o 13 de xullo de 2021.
- ↑ "Ricca, Formiliano, Nacho y Faber a los Panamericanos" (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2020.
- ↑ "Uruguay obtiene el oro al vencer a México en final de fútbol de Juegos Panamericanos 2015" (en castelán). 26 de xullo de 2015. Consultado o 26 de novembro de 2020.