Álvaro Rey
Nome orixinal | Álvaro Rey Vázquez | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 11 de xullo de 1989 ![]() Sevilla, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,83 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 78 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Major League Soccer ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 14 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Álvaro Rey Vázquez, nado en Sevilla o 11 de xullo de 1989, é un futbolista español que xoga como extremo no St Joseph's de Xibraltar.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios (1989-2010)
[editar | editar a fonte]Nacido en Sevilla, formouse na canteira da AD Nervión. Tras pasar polo Cerro del Águila, o Betis C e o Betis B, fichou en 2010 polo Gimnàstic de Tarragona.
Nàstic e Xerez (2010-2013)
[editar | editar a fonte]Co club catalán debutou na Segunda División o 31 de outubro, nun empate 1-1 na casa ante o Córdoba CF.[1] Pasou a maior parte desa tempada compaxinando o Nàstic co seu filial, o Pobla de Mafumet, da Terceira División. Na tempada 2011/12 marcou o seu primeiro gol como profesional, nunha vitoria pola mínima fronte o Elche CF, mais o equipo acabou descendendo.[2] En xullo de 2012, fichou polo Xerez, tamén de Segunda. Foi titular en máis da metade dos encontros dunha tempada desastrosa para o club, que acabou último e perdendo dúas categorías por mor das súas débedas.
Paso por América do Norte (2013-2014)
[editar | editar a fonte]Fichou entón polo seu primeiro equipo estranxeiro, o Toronto FC da Major League Soccer.[3] Marcou o seu primeiro gol co seu novo club o 28 de setembro, na vitoria por 4-1 ante o DC United de Washington no BMO Field.[4]
En xuño de 2014 foi traspasado ao Columbus Crew SC, dos Estados Unidos, a cambio de Dominic Oduro.[5] O seu contrato foi rescindido de común acordo só un mes despois, alegando motivos persoais,[6] e asinou co Alcorcón.[7]
Alcorcón e cesión a Murcia (2014-2017)
[editar | editar a fonte]Apenas dispuxo de minutos no equipo de Bordalás e en abril saíu cedido ao Murcia ata final de tempada.[8] Co equipo murciano disputou un total de cinco partidos da Segunda B, un deles na fase de ascenso a Segunda. Na tempada 2015/16 gañou protagonismo no Alcorcón, xogando un total de 26 encontros, 17 deles como titular, con Muñiz como adestrador, pero os seus números volveron caer na tempada seguinte.
Grecia e Polonia (2017-2018)
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2017, desvencellouse do Alcorcón e asinou un contrato de seis meses co Panetolikos FC da Super Liga de Grecia.[9] Debutou na máxima categoría grega o 19 de febreiro, nunha derrota por 1-2 contra o Platanias no estadio Panetolikos, marcando o único gol do seu equipo.[10]
O 16 de xullo de 2017 fichou polo Arka Gdynia da Ekstraklasa polaca.[11] Con ese equipo xogou só catro encontros: un de liga contra o Korona Kielce, dous da Copa de Polonia e outro da fase previa da Europa League fronte o FC Midtjylland de Dinamarca.
Racing de Ferrol (2018)
[editar | editar a fonte]Deixou o equipo polaco a metade de tempada e en xaneiro de 2018 fichou polo Racing de Ferrol, da Segunda B.[12] No equipo galego fíxose coa titularidade na dianteira, a carón de Joselu, e chegou a marcar un triplete contra o San Sebastián de los Reyes, o único da súa carreira.[13] Con todo, o conxunto verde acabou descendendo a Terceira.[14]
Mirandés (2018-2020)
[editar | editar a fonte]En xullo de 2018 fichou polo Mirandés, tamén de Segunda B.[15] Foi titular durante a maior parte da tempada no equipo de Borja Jiménez, que acabou a liga na terceira posición. Na fase ascenso marcou dous goles, contra Recreativo de Huelva e Atlético Baleares, que contribuíron a que o equipo lograse o segundo ascenso á categoría de prata da súa historia.[16] Na seguinte tempada, con Andoni Iraola no banco, xogou un total de 41 partidos entre liga e Copa, marcando 8 goles. Marcou un dos tres goles do seu equipo contra o Sevilla na Copa do Rei, que serviron para eliminar o club andaluz nos oitavos de final, e foi titular tamén no partido de cuartos de final fronte ao Villarreal, onde o Mirandés logrou unha histórica segunda clasificación para as semifinais.[17]
Bolívar (2020-2022)
[editar | editar a fonte]En agosto de 2020 volveu saír ao estranxeiro, fichando polo Bolívar, da Primeira División de Bolivia.[18] Debutou co club da Paz o 17 de setembro, nun partido da Copa Libertadores contra o Palmeiras. O equipo quedou terceiro no seu grupo da Libertadores, quedando eliminado da competición e pasando a xogar na Copa Suramericana, competición na que Álvaro Rey marcou o seu primeiro gol coa camiseta do Bolívar o 2 de decembro nunha derrota por goleada contra o Lanús arxentino.[19] No club boliviano coincidiu cos tamén españois Alberto Guitián e Álex Granell, así como co adestrador Natxo González.
Deportivo da Coruña (2022)
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2022 rescindiu o seu contrato co Bolívar para regresar ao fútbol español, fichando polo Deportivo da Coruña, na Primeira División RFEF, club adestrado polo seu antigo técnico no MIrandés, Borja Jiménez.[20][21] No equipo galego disputou 13 partidos, deles só 3 como titular, e marcou un gol de penalti contra o Valladolid Promesas.
Xerez (2022-2023)
[editar | editar a fonte]Tras rematar o seu contrato co Deportivo baixou dúas categorías para regresar ao Xerez, da Terceira División RFEF.[22] Co equipo andaluz disputou 25 partidos, todos como titular, e marcou 8 goles.
St Joseph's
[editar | editar a fonte]En xullo de 2023 marchou a Xibraltar, onde asinou contrato co St Joseph's.[23]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Nàstic no logra salir del pozo". Mundo Deportivo (en castelán). 1 de novembro de 2010. p. 21. Consultado o 7 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Elche sucumbe ante el colista". Marca (en castelán). 21 de xaneiro de 2012. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ Rowaan, Dave (24 de xullo de 2013). "Toronto FC to sign Spanish winger Alvaro Rey" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2022. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Toronto FC 4-1 DC United". ceroacero.es (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Crew acquires midfielder Alvaro Rey from Toronto FC" (en inglés). 6 de xuño de 2014. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Crew mutually agrees to part ways with midfielder Alvaro Rey" (en inglés). 15 de xullo de 2014. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Álvaro Rey, séptimo refuerzo de la A.D. Alcorcón" (en castelán). 15 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2022. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Álvaro Rey acabará la temporada en el Murcia cedido del Alcorcón". Marca (en castelán). 8 de xaneiro de 2022. Consultado o 10 de abril de 2015.
- ↑ "Álvaro Rey: "La sensación con la que me voy es que no me han dado la oportunidad de demostrar todo mi fútbol"" (en castelán). 24 de marzo de 2017. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Panetolikos - Platania 2017". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Álvaro Rey piłkarzem Arki" (en polaco). 13 de xullo de 2017. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Racing incorpora a Álvaro Rey, un jugador con amplia experencia en Segunda". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xaneiro de 2018. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Álvaro Rey: «En mi carrera nunca había logrado un hat trick»". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de abril de 2018. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Racing de Ferrol desciende a Tercera División". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de maio de 2018. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ Pérez, Nacho (14 de xullo de 2018). "Álvaro Rey, nuevo jugador del CD Mirandés" (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ Kuklinski, Alfredo (30 de xuño de 2019). "El Mirandés asciende a Segunda con sufrimiento". Marca (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ Rodríguez, Ángel (5 de febreiro de 2020). "El Mirandés sigue enamorado de la Copa". Marca (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Bolívar ficha al español Álvaro Rey". Mundo Deportivo (en castelán). 28 de agosto de 2020. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Set y eliminatoria para Lanús". As (en castelán). 2 de decembro de 2020. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Álvaro Rey, novo xogador do Dépor 2021-2022". 5 de xaneiro de 2022. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ Falcón, Susana (7 de xaneiro de 2022). "Álvaro Rey y el deseo cumplido de Borja Jiménez" (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Álvaro Rey: "Regreso al Xerez CD para lograr el ascenso"" (en castelán). 20 de setembro de 2022. Consultado o 6 de outubro de 2022.
- ↑ "Ya se conoce el destino del exjugador del Xerez CD Álvaro Rey" (en castelán). 5 de xullo de 2023. Consultado o 4 de novembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador na Beticopedia (en castelán).
- Datos do xogador na Major League Soccer (en inglés).
- Datos do xogador en 90minut.pl (en polaco).
- Nados en 1989
- Nados en Sevilla
- Futbolistas de Andalucía
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Real Betis Balompié B
- Xogadores do CF Pobla de Mafumet
- Xogadores do Gimnàstic de Tarragona
- Xogadores do Xerez CD
- Xogadores do Toronto FC
- Xogadores do Columbus Crew
- Xogadores da Major League Soccer
- Xogadores da AD Alcorcón
- Xogadores do Real Murcia
- Xogadores do Panetolikos FC
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Xogadores do CD Mirandés
- Xogadores do Club Bolívar
- Xogadores do Deportivo da Coruña