Rafa de Vicente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rafa de Vicente
Información persoal
Nome Rafael de Vicente Hernández
Nacemento 18 de xullo de 1993
Lugar de nacemento Málaga
Altura 1,80 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Málaga
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2015 Atlético Malagueño 45 (2)
2015–2016Real Murcia (cedido) 27 (0)
2016–2018 Recreativo de Huelva 65 (8)
2018–2019 Racing de Santander 24 (4)
2019–2021 UCAM Murcia 45 (4)
2021–2022 Deportivo da Coruña 23 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 17 de xullo de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Rafael de Vicente Hernández, deportivamente coñecido como Rafa de Vicente, nado en Málaga o 18 de xullo de 1993, é un futbolista español que xoga de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Málaga CF e na tempada 2013/14 subiu ao filial, o Atlético Malagueño, que militaba na Terceira División.[1] No verán de 2014 fixo a pretempada co primeiro equipo do Málaga, e decidiuse que sairía cedido a un equipo de Segunda División,[2] pero unha rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito afastouno dos terreos de xogo durante meses.[3]

En agosto de 2015, o Málaga e o Real Murcia chegaron a un acordo para que o futbolista xogase cedido unha tempada no club murciano, na Segunda División B.[4] Disputou 27 partidos contribuíndo a que o equipo acabase na segunda posición do seu grupo.[5] Xogou tamén a fase de ascenso, na que acabou eliminado na primeira rolda contra o Toledo.[6][7]

En 2016 asinou polo Recreativo de Huelva, tamén da Segunda División B, onde foi un habitual nos onces titulares das seguintes dúas campañas.[8][9] Ademais anotou 8 goles co club "decano". Na tempada 2018/19 asinou co Racing de Santander da mesma categoría. Co equipo de Iván Ania disputou 24 partidos da liga regular, nos que marcou catro goles, rematando campións do grupo II. Participou tamén na fase de ascenso, na que o equipo santanderino logrou regrasar á Segunda División. Ademais debutou na Copa do Rei, na que xogou catro partidos, contra o Mirandés, UCAM Murcia e dous contra o Betis.

En agosto de 2019 regresou ao UCAM Murcia, adestrado por Rubén Albés.[5] Militou dúas tempadas no club murciano, disputando 48 partidos e marcando catro goles, e xogou a súa terceira promoción de ascenso á categoría de prata.

O 23 de xuño de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, para a tempada 2021/22 na nova Primeira División RFEF.[10][11] Debutou co club galego o 29 de agosto de 2021, na primeira xornada de liga contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0.[12] Contou con pouco protagonismo no equipo de Borja Jiménez ao longo da tempada, xogando pouco máis de 700 minutos en liga. Participou en 23 encontros de liga, 5 deles como titular, e en 2 da Copa do Rei. Ao remate da competición anunciou a súa marcha do club.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Málaga CF renueva a los canteranos Rafa de Vicente y Víctor Ruiz
  2. "Castillejo y Juanpi, los protegidos de Javi Gracia" (en castelán). 15 de agosto de 2014. Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  3. "Grave lesión del canterano Rafa de Vicente" (en castelán). 15 de agosto de 2014. Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  4. "Rafa de Vicente pone rumbo a Murcia para jugar cedido" (en castelán). 4 de agosto de 2015. Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  5. 5,0 5,1 "Talento y creatividad para el UCAM de la mano de Rafa de Vicente" (en castelán). 2 de setembro de 2019. Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  6. "Toledo - Real Murcia 2016". RFEF (en castelán). Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  7. "Real Murcia - Toledo 2016". RFEF (en castelán). Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  8. "Real Club Recreativo de Huelva: El milagro del verano" (en castelán). 26 de agosto de 2016. Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  9. "Análisis plantilla Recre 17/18" (en castelán). 3 de setembro de 2017. Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  10. "Rafa de Vicente, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 23 de xuño de 2021. Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  11. "Oficial: Rafa de Vicente, quinto fichaje del Deportivo". As (en castelán). 23 de xuño de 2021. Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  12. "O Dépor arranca a liga en quinta (5-0)". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  13. "Rafa de Vicente se despide del Deportivo: «Gracias por haber hecho de A Coruña mi casa»" (en castelán). 13 de xullo de 2022. Consultado o 17 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]