Francisco Noguerol
(2009) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 9 de xullo de 1976 San Cristovo de Cea | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1997 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Francisco Noguerol Freijedo, nado en San Cristovo de Cea o 9 de xullo de 1976, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogaba de defensa central e actualmente é o segundo adestrador do Albacete Balompié.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado na canteira do Celta pronto se ten que buscar a vida os modestos clubs galegos de Segunda B e na tempada 1997/98 vaise ao Pontevedra CF e ao ano seguinte ao Racing de Ferrol. O seu bo facer en Ferrol danlle unha segunda oportunidade en Vigo, pero o Celta de Vigo está nun momento cume e os internacionais Goran Đorović e Cáceres péchanlle o paso, co que se ten que buscar a vida na Segunda división. Márchase ao Elche CF na tempada 2001/02, logo á UD Salamanca, de novo un bienio no Elche e despois ao Albacete Balompié, sempre en segunda división e sendo titular indiscutible e capitán dos seus equipos. Na tempada 2008/09, ao finalizar o seu contrato co Albacete, decide asinar polo club no que se formou, o Celta de Vigo. O 20 de agosto de 2010 asina polo Girona FC.
Selección galega
[editar | editar a fonte]Noguerol participou en 3 partidos da era moderna da selección galega.
Clubs
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]| Tempada | Club | División | País | Partidos Totales | Goles |
|---|---|---|---|---|---|
| 1995-1996 | Celta de Vigo B | Terceira | 38 | 1 | |
| 1996-1997 | Celta de Vigo B | Segunda B | 31 | 1 | |
| 1997-1998 | Pontevedra CF(Cedido) | Segunda B | 34 | 0 | |
| 1998-1999 | Racing de Ferrol (Cedido) | Segunda B | 36 | 0 | |
| 1999-2000 | Racing de Ferrol (Cedido) | Segunda B | 42 | 0 | |
| 2000-2001 | Celta de Vigo | Primeira | 9 | 0 | |
| 2001-2002 | Elche CF(Cedido) | Segunda | 41 | 0 | |
| 2002-2003 | UD Salamanca | Segunda | 35 | 1 | |
| 2003-2004 | UD Salamanca | Segunda | 37 | 0 | |
| 2004-2005 | Elche CF | Segunda | 30 | 0 | |
| 2005-2006 | Elche CF | Segunda | 41 | 0 | |
| 2006-2007 | Albacete Balompié | Segunda | 40 | 0 | |
| 2007-2008 | Albacete Balompié | Segunda | 41 | 1 | |
| 2008-2009 | Celta de Vigo | Segunda | 26 | 0 | |
| 2009-2010 | Celta de Vigo | Segunda | 35 | 0 | |
| 2010-2011 | Girona FC | Segunda | 20 | 0 | |
| 2011-2012 | Albacete Balompié | Segunda B | 34 | 0 | |
| 2012-2013 | Albacete Balompié | Segunda B | 35 | 0 | |
| 2013-2014 | Albacete Balompié | Segunda B | 30 | 0 | |
| 2014-2015 | Albacete Balompié | Segunda | 16 | 0 |
Como adestrador
[editar | editar a fonte]| Tempada | Club | División | País |
|---|---|---|---|
| 2015-2016 | Albacete Balompié B | Terceira |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Copas internacionais
[editar | editar a fonte]| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Copa Intertoto | R. C. Celta de Vigo | Vigo (España) San Petersburgo (Rusia) |
2000 |
| Segunda B | Albacete | España | 2014 |
Subcampión da Copa do Rei 2001 Celta de Vigo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Noguerol |
- Nados en 1976
- Nados en San Cristovo de Cea
- Futbolistas da provincia de Ourense
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Celta de Vigo B
- Xogadores do Pontevedra CF
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Elche CF
- Xogadores da UD Salamanca
- Xogadores do Albacete Balompié
- Xogadores do Girona FC
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia