Nacho Novo
Nacho Novo | |||
---|---|---|---|
![]() Novo quentando para o Rangers en 2009 | |||
Información persoal | |||
Nome | Ignacio Javier Gómez Novo | ||
Nacemento | 26 de marzo de 1979 (42 anos) | ||
Lugar de nacemento | Ferrol | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Carlisle United | ||
Número | 33 | ||
Carreira xuvenil | |||
Racing Club de Ferrol | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1997–1999 | Racing Club de Ferrol | 1 | (1) |
1998–2000 | Somozas | 35 | (16) |
2000–2001 | Huesca | 38 | (22) |
2001–2002 | Raith Rovers | 33 | (18) |
2002–2004 | Dundee | 71 | (26) |
2004–2010 | Rangers | 179 | (47) |
2010–2012 | Real Sporting de Gijón | 41 | (7) |
2012 | Legia Warszawa | 11 | (0) |
2012–2013 | Huesca | 34 | (6) |
2013 | Greenock Morton | 8 | (1) |
2014– | Carlisle United | 1 | (0) |
Selección nacional | |||
2008 | Galicia | 1 | (2) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 9 de xullo de 2017. Selección: actualizado a 9 de xullo de 2017.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Ignacio Javier Gómez Novo, máis coñecido por Nacho Novo, nado en Ferrol o 26 de marzo de 1979, é un ex-futbolista galego. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse nas categorías inferiores do Racing de Ferrol, chegando a xogar no entón filial racinguista U.D. Somozas e tamén algúns partidos oficiais co Racing nas temporadas 1997/98 -nesta xogou un encontro de liga, na Segunda B- e 1998/99. Tras unha tempada no SD Huesca emigra para probar sorte no fútbol escocés, primeiro no Raith Rovers e no Dundee FC e finalmente nun dos dous equipos máis importantes da liga escocesa, o Glasgow Rangers. Co equipo de Glasgow gañou 8 títulos, entre eles tres ligas, e tivo varias participacións na Liga de Campións e na Copa da UEFA.
Como dianteiro demostrouse moi efectivo e converteu para o equipo de Glasgow 25 tantos na súa primeira tempada, e entre eles o gol contra o Hibernian de Edimburgo que lles deu o título en 2005. Deses 25, 19 foron en partidos de liga, 3 na copa e 3 máis na competición europea, na Liga de campións.
O seu número habitual é o 10 e foi titular cos Rangers durante a tempada 2005–06 ata que rompeu o quinto metatarsal, co que quedou de baixa durante varios meses. Na tempada 2006-07 tamén disputou a Copa da UEFA.
En maio de 2010 confirmouse a súa fichaxe polo Sporting de Gijón. Xogou dúas tempadas no club xixonés, e en febreiro de 2012 anunciou que non renovaría[1].
Tras deixar o Sporting fichou polo Legia Warszawa, co que gañou a Copa de Polonia, so militou no equipo polaco un ano para volver á Liga española e fichar de novo polo SD Huesca o 14 de xullo.
Selección galega[editar | editar a fonte]
Foi convocado pola selección nacional de fútbol de Galicia para a disputa do partido contra Uruguai, o 28 de decembro de 2005, pero non puido acudir por problemas de calendario coa competición escocesa. Esta circunstancia repetiuse ao ano seguinte, no partido que enfrontou a Galicia contra Ecuador.
No ano 2008 debutou en Riazor coa camisola da selección nacional fronte a Irán, marcando dous goles. Esa mesma mañá xogara o derbi escocés fronte ao Celtic.
Retirada[editar | editar a fonte]
Tras a súa retirada, tivo un infarto nun torneo amigable en Berlín[2].
Palmarés[editar | editar a fonte]
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Premier League | Glasgow Rangers | Escocia | 2005 |
Copa da Liga | Glasgow Rangers | Escocia | 2005 |
Copa de Escocia | Glasgow Rangers | Escocia | 2008 |
Copa da Liga | Glasgow Rangers | Escocia | 2008 |
Premier League | Glasgow Rangers | Escocia | 2009 |
Copa de Escocia | Glasgow Rangers | Escocia | 2009 |
Premier League | Glasgow Rangers | Escocia | 2010 |
Copa da Liga | Glasgow Rangers | Escocia | 2010 |
Copa de Polonia | Legia Warszawa | Polonia | 2012 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Tweet do 11 de febreiro, conta de Twitter de Nacho Novo.
- ↑ "Nacho Novo sufre un ataque al corazón tras disputar un partido de veteranos", artigo en Marca, 7 de xaneiro de 2018 (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- NNovo1010, conta de Twitter oficial de Nacho Novo
- Nacho Novo (90minut.pl)
- Nados en 1979
- Nados en Ferrol
- Futbolistas da provincia da Coruña
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Xogadores da UD Somozas
- Xogadores do SD Huesca
- Xogadores do Raith Rovers FC
- Xogadores do Dundee FC
- Xogadores do Rangers FC
- Xogadores do Sporting de Gijón
- Xogadores do KP Legia Warszawa
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Xogadores do Greenrock Morton FC
- Xogadores do Carlisle United FC
- Xogadores do North Carolina FC
- Xogadores do Glentoran FC