Uxío Marcos
Uxío | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Uxío Marcos Nores | ||
Nacemento | 11 de xaneiro de 1993 (31 anos) | ||
Lugar de nacemento | Ourense | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Central | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2011–2014 | Fabril | 72 | (0) |
2013–2014 | Deportivo da Coruña | 2 | (0) |
2014–2015 | Córdoba B | 30 | (0) |
2016 | Atlético Astorga | 13 | (0) |
2016–2017 | Burgos | 14 | (0) |
2017 | La Roda | 11 | (2) |
2017–2018 | Cerceda | 7 | (0) |
Selección nacional | |||
2010 | España sub-17 | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Uxío Marcos Nores, nado en Ourense o 11 de xaneiro de 1993, é un exfutbolista galego, que xogaba de defensa central.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista na canteira do Deportivo da Coruña e proclamouse campión da División de Honra co equipo xuvenil na tempada 2009/10. Na seguinte tempada debutou co Fabril na Segunda División B, co que disputou tres partidos ese ano, antes de converterse en titular indiscutible na zaga do filial na 2012/13.
O 8 de setembro de 2013, da man do adestrador Fernando Vázquez, debutou co primeiro equipo do Deportivo na Segunda División, nun partido contra o Murcia en Riazor.[1] Uns días despois xogou o seu primeiro partido na Copa do Rei, contra o Córdoba no Nuevo Arcángel, sufrindo un golpe e fracturando varios ósos do nariz.[1]
No verán de 2014 quedou libre e fichou polo Córdoba B, de Segunda División B.[2] Acabou descendendo a Terceira ese ano, e tamén o seguinte, no que xogou no Atlético Astorga, cedido pola Ponferradina. En xullo de 2016 asinou co Bugos CF,[3] co que xogou 14 partidos antes de fichar polo La Roda no mercado invernal.[4]
Finalmente fichou polo Cerceda, co que disputou sete encontros da Segunda B, antes de deixar o fútbol con só 25 anos.[5]
Selección española
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección española sub-17, coa que disputou o Campionato Europeo de 2010 celebrado en Liechtenstein. Xogou dous encontros durante o torneo, incluída a semifinal fronte a Turquía, na que España venceu, logrando o pase á final.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "El Deportivo aplaza la operación de Uxío Marcos". Marca (en castelán). 12 de setembro de 2013. Consultado o 8 de decembro de 2021.
- ↑ Díaz, Raúl (31 de xullo de 2014). "El Córdoba aún cotiza a la baja". ABC (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2021.
- ↑ "Uxio Marcos ficha por el Burgos CF" (en castelán). 13 de xullo de 2016. Consultado o 8 de decembro de 2021.
- ↑ "La Roda refuerza su contención con las altas de Alcántara (Eldense) y Uxio Marcos (Burgos)" (en castelán). 1 de febreiro de 2017. Consultado o 8 de decembro de 2021.
- ↑ Miranda, Carlos (22 de novembro de 202). "La “mente inquieta” de Uxío". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2021.
- ↑ Silván, Nacho (27 de maio de 2010). "La máquina española se mete en la final". Marca (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2021.