Ayoze Díaz
Ayoze | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Ayoze Díaz Díaz | ||
Nacemento | 25 de maio de 1982 (41 anos) | ||
Lugar de nacemento | San Cristóbal de La Laguna | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Tenerife | ||
Número | 21 | ||
Carreira xuvenil | |||
Tenerife | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1999–2002 | Tenerife B | 38 | (2) |
2001–2002 | → Lanzarote (cedido) | 18 | (2) |
2000–2003 | Tenerife | 39 | (0) |
2003–2008 | Racing de Santander | 98 | (3) |
2006–2007 | → C. de Murcia (cedido) | 34 | (1) |
2008–2011 | Mallorca | 67 | (0) |
2011–2013 | Deportivo da Coruña | 41 | (0) |
2014 | Tenerife | 13 | (0) |
Total | 310 | (6) | |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Ayoze Díaz Díaz, nado en San Cristóbal de la Laguna (Santa Cruz de Tenerife) o 25 de maio de 1982, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Iniciouse no fútbol no equipo do seu barrio, o Geneto, onde foi adestrado polo seu pai. Anos máis tarde o CD Tenerife fíxase nel e o incorpora nas súas categorías inferiores, debutando co CD Tenerife B na campaña 1999–00 e posteriormente no primeiro equipo.
Posteriormente, o xogador canario recalou no Racing de Santander en xullo de 2003 firmando por cinco tempadas. O seu debut foi contra o Ciudad de Murcia, equipo ao que foi cedido durante a tempada 2006–07. Rematou o seu contrato co Racing o 30 de xuño de 2008, e foi contratado polo RCD Mallorca o 5 de xullo dese mesmo ano.[1]
O 22 de xuño de 2011 anunciouse a súa contratación polo Deportivo da Coruña por tres tempadas.[2] O 2 de setembro de 2013 rescindiu o seu contrato co Deportivo, logo de 41 partidos co conxunto coruñés.[3]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Deportivo
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ayoze deja el Racing y ficha por el Mallorca"
- ↑ "Ayoze ficha por el Deportivo para las tres próximas temporadas"
- ↑ ""Ayoze abandona el Deportivo"". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 02 de setembro de 2013.